|
|
|
|
A MAXIA DAS MATEMÁTICAS E DA MÚSICA
Xaime é o calculista máis rápido do mundo e foi capaz de grava-lo nome de cada persoa que habitaba a aula de música e repetilos posteriormente sen a penas cometer erros. Tamén almacenou na súa mente uns 35 díxitos aproximadamente sen fallos salientables, cousa que me deixou coa boca aberta. Comentounos que o básico era a relaxación e a concentración, da que nos ensinou diversas técnicas. Fixemos con el xogos moi entretidos e, ó final do discurso, deunos un folleto de información. A charla estivo xenial e puidemos comprobar que a mellor computadora é a mente humana.
Neste día tamén nos viñeron visitar María e Antonio, dous artistas de primeira calidade. Recibímolos dende as 15:30 ata a hora de saída. María explicóuno-la parte máis teórica e Antonio foi, digamos, o músico. Foron moi xenerosos e ó final da charla deixáronnos toca-lo instrumento que quixésemos. Ensináronnos un piano que me chamou a atención e que tiña diversos sons: o ruído da auga, risas (da máis aguda á máis grave), tormenta... Vimos tamén un instrumento, semellante a un xilófono xigante, que na parte inferior tiña cabazas que lle servían de resonancia.
Jessica Jato 2º de ESO
DE PAXAROS E REGEIFAS CHARLA SOBRE OS PAXAROS
O mércores 29 de outubro recibimos no C.P.I. de Seoane de Caurel a visita dun señor que nos deu unha charla sobre os paxaros. Esta realizouse nas dúas últimas horas da tarde e asistimos todos os alumnos de secundaria.
Nela coñecemos o nome de moitos paxaros que vivían o noso redor e nunca lles prestaramos atención. Ensináronnos como debían de ser as casetas (fabricadas polas persoas) nas que aniñaban para que non correran perigo, posto que outros animáis como os esquíos ou os raposos os perseguían. Tamén soubemos que os paxaros son moi limpos, e no verán axudan a eliminar insectos como as moscas que comen.
Con esta charla aprendemos cousas descoñecidas ou que lles prestáramos pouca atención ata ese momento.
Por outro lado, serviunos para reunirnos toda secundaria e poder falar un pouco ademáis de perder dúas clases. Eva Mª Aira Lolo 4º E.S.O OS ALUMNOS DO CPI XA REGEIFAN
O pasado día 23 de Outubro tivemos no colexio unha visita moi agradable. Visitáronnos Pinto de Herbón e o seu amigo Caruncho. Nesta visita que recibimos aprendemos moito e por suposto divertímonos moitísimo con eles. Ensináronnos a construír regueifas dun modo moi divertido: mediante xogos. Pasámolo moi ben con eles, xa que eran moi simpáticos e agradables, pero as profes tamén o deberon de pasar ben, xa que a elas botáronlles unhos cantos piropos! Foi unha visita inolvidable. Creo que todos os alumnos do colexio estariamos encantados de que Pinto e Caruncho volveran ó noso colexio, e nos fixeran pasar unha mañá tan divertida coma esa que pasamos con eles.
MÉNDEZ LÓPEZ EVA FALEMOS DE SEXO
![]() O pasado 31 de xuño achegouse ata o CPI de Seoane do Caurel o Psicólogo do Centro de Orientación Familiar de Monforte, para falarnos do seu traballo e dos diferentes métodos anticonceptivos. A presencia deste experto enmarcase dentro do programa de Educación Afectivo-Sexual que estamos desenrolando ,con tódolos alumnos/as de Educación Secundaria, durante as últimas semanas.
|
|
|