Letras Galegas


Principal Arriba

 

 

15. LETRAS GALEGAS 2005:LORENZO VARELA

 

Jesús Manuel Lorenzo Varela Vázquez, coñecido como Lorenzo Varela naceu o 10 de agosto 1916 na rúa Ángeles da cidade da Habana. En 1916 a súa familia regresa a Galicia e instálase na casa de Outeiro en Fufín (Monterroso). Nestes primeiros anos de vida  en Fufín, Lorenzo aprende a falar galego iníciase na vida, no medio dunha natureza case inmaculada e dunha sociedade que se iba modernizando entre o agrarismo e o galeguismo. En 1923 voltan a Bos Aires onde el  realiza os seus estudos primarios e o primeiro ano do bacharelato. En 1931 a súa familia volve a Galicia e el e a súa nai instálanse en Lugo mentres que o seu pai regresa a Bos Aires. Tres anos despois remata o bacharelato e vai a Madrid onde empeza a colaborar co prestixioso xornal “El Sol”. Lorenzo Varela participa na Guerra Civil(1936-1939) polo bando republicano. En 1941 volve aBos Aires e intégrase no grupo de intelectuais galegos arxentinos que se reunían no café Tortoni. Alí coñece a Luis Seoane un bo amigo seu. En 1942 publica en castelán Torres de Amor e participa na fundación da revista literaria “De mar a mar”. Un ano despois funda con Luis Seoane e Arturo cuadrado a revista literaria ”Correo Literario”. En 1944 publica o libro El Renacimiento. Dous anos despois transládase a Montevideo onde vive un tormentoso e apaixoado romance coa escritora Estela Conto. En 1951 os seus Catro poemas galegos edítanse en galego-inglés. En 1954 publica Lonxe. En 1969 pubica Castelao na voz dos poetas. En 1976 volve a España onde morre o 25 novembro de 1978 en Madrid. Tres anos despois o seu corpo é transladado a Fufín onde descansa felizmente na actualidade.

 

 

ROMARÍA

 


 

 


 

¡Baila, meu amor,

e volta de novo a bailar!

Na punta do pé

na palma da man.

 

Nunca escada de herba

baixan os anxos por te ver bilar.

Baila meu sol baila,

na punta do pé

na pañma da man.

 

Cara de cereixa,

non deixes no ar

como un peixe o corpo

brincando na mar,

¡baila , meu amor,

e volta de novo a bailar!

 

Xa meu corazón

non é meu nin é

corazón humán:

Ten maos e ten pés

e ponse a bailar.

Na punta do pé

na palma da man.

 

¡Baila, meu amor,

e volta de novo a bailar!

 

 

 

 

COMENTARIO DO POEMA.

 

 

Este é un poema de rima asoante con cinco estrofas  no que cada unha está composta por diferente número de versos. Son versos sexasílabos  excepto o de “e volta de novo a bailar” que ten nove sílabas. O poema empeza cunha especie de estribillo que ten dúas partes que se repiten alternativamente ao final de cada estrofa. O tema desta composición trata dun rapaz namorado que invita á súa amada a  que baile con el.

¡Cantos mozos e mozas desexaríamos que a persoa amada nos sacara a bailar…!

 

 

Sara Rodríguez Novo

 

 

 

JESÚS MANUEL LORENZO VARELA

 

 

 

GALERÍA FOTOGRÁFICA

 

          

       CASA NATAL                                                                                     EN MONTEVIDEO

                                          

                                      

DANDO UNHA CONFERENCIA                                                        COA SÚA MULLER EN GALIZA

 

 

 

 

 

 


Principal Arriba