|
|
|
|
LETRAS GALEGAS 2007 MARÍA MARIÑO CAROU (homenaxeada no día das letras galegas 17 de maio) María Mariño naceu o 8 de xuño de 1907 en Noia . A súa casa era humilde, xa que seu pai era zapateiro e a súa nai costureira . Ten catro irmáns , tres máis vellos e un máis novo .
Logo, a poeta trasladouse á casa da súa irmá Concha que vivía na vila biscaína de Berango . Durante a súa estadía neste arrabalde de Bilbao desempeñou outra vez o oficio de costureira . Os seus traballos eran moi solicitados entre a burguesía daquel lugar . A casa da súa irmá Concha estaba situada a carón das trincheiras, o que convertería á escritora nunha testemuña excepcional dos estragos que estaba a causar a guerra existente naquel momento. Cando aínda non rematara a contenda bélica fratricida, regresou á costa arousá, onde montou un pequeno parvulario e coñeceu ao mestre santiagués Roberto Pose Carballido co que casou o 31 de maio de 1939 na pequena igrexa da Magdalena. Foi a partir deste acontecemento cando a escritora comezou a mentir sobre a súa idade, xa que o seu home era máis novo ca ela. María Mariño viviu durante a posguerra nunha aldea da parroquia de Igrexa-Dodro , pertencente ao concello de Arzúa , onde pasou os cursos 1943-1944 e 1944-1945 , e na localidade mariñeira de Elantxobe (Biscaia) que os albergou durante o curso 1945-1946 . No verán de 1946 regresou embarazada a Galicia. Foi á casa da súa nai que vivía co seu irmán Emilio en Lousame para dar a luz, pero o neno soamente viviu uns días . Morreu por culpa dun ``mal biberón´´ . Esta traxedia acompañaríaa coma unha sombra inevitable ata os seguintes destinos na comarca do Courel , onde tamén a sorprenderá outro drama familiar , a morte da súa nai en Romeor . No ano 1947 mentres sufría una crise nerviosa tras a morte da nai e o fillo, chegou á aldea de Parada , onde coñeceu ao poeta Uxío Novoneyra. Esta circunstancia provocará, ademais dunha intensa relación amorosa con Uxío, o xurdimento dunha das voces máis sorprendentes da lírica galega. Sería no 1963 cando publique o libro: Palabra no tempo . Cando o éxito literario chamaba á súa porta e asinaba afectuosos autógrafos , cando as súas obsesións , os seus soños máis ansiados , quedaran satisfeitos naquelas páxinas tecidas con tanta sinceridade e paixón, talvez porque resumía as complexidades da súa vida , unha terrible doenza situaríaa outra vez diante dunha situación crítica ; neste caso mergullándose nun terreo descoñecido , un labirinto de difícil saída : a proximidade da morte , a súa propia morte . Durante esta época traballaría no libro Más alla del tiempo que remataría no 1965 , pero que se publicou neste ano 2007. Coa morte espreitando as súas pegadas , escribiría os poemas que compoñerían Verba que comeza (1990), onde agroma o presentimento agudo da morte.
-Conservou intacta a súa teima pola poesía . -Estaba preocupada porque a súa relación afectiva con Uxío Novoneyra espertara os comentarios dos veciños . -Esluíranse definitivamente os seus intentos para marchar do Courel .
María Mariño faleceu de leucemia o 19 de maio de 1967 en Parada do Courel . Foi enterrada no cemiterio de Seoane de Courel ó día seguinte da súa morte .
HOMENAXE A MARÍA MARIÑO POLO RAPACES/AS E PROFESORES/AS DO C.P.I DE SEOANE.
Logo regresamos ó colexio, eso si, un pouco esgotados da camiñata.
Ó muíño, hoxe da laxe fáltalle auga e cantar ben. Laxe trocada en area. A ponte arcos non ten. Cegoume hoxe a mirada onde onte medrou o ter. Pombiñas alí non voan nin o sapo canta ben. O cuco é o que sabe... Que o seu cantar vello é. María Mariño
BREVE COMENTARIO
Este pequeno poema pertence ó libro Palabra no tempo. Os seus versos curtos son oitosílabos e manteñen rima asoante nos versos pares, de modo que pode identificarse cun romance de raigame popular. Con respecto á lingua, cambia a categoría gramatical das palabras (metábase), concretamente, verbo en substantivo 'medrou o ter'. Este procedemento lingüístico é característico da lingua de María Mariño e dótaa dunha grande orixinalidade. A natureza está moi presente neste poema e mesmo dá a imprensión de que a autora se identifica con ela.
EVA AIRA LOLO MARTA POL PARDO 4º ESO
COMENTARIO SOBRE UN POEMA DE MARÍA MARIÑO :
POEMA :
Viste a Naturaleza vestido feito por min. Visto eu dela o mellor forro, visto eu dela o seu corpín.
Fuxe o meu peito de min si ela non cómpre ó redor. Lonxe dela non me fai o corpín, non pode ca lousa o meu cor.
A aurora é miña i é dela. O mediodía a liña rompeu. Ten o serán da noite estrela.
Foise a tarde e non volveu, foise. Ten a noite muito dela, máis do que a Lúa verteu.
COMENTARIO :
Este poema de María Mariño pertence a Palabra no tempo . Nel fai referencia á natureza , tema que comezou a empregar despois de coñecer a Uxío Novoneyra , xa que era moi típico del . Nesta composición vese unha relación coa profesión de María , xa que ela era costureira, por iso fai referencia ao vestido , corpín , Viste a Naturaleza … , etc . Aquí tamén se aprecia algunha palabra típica do Caurel como ``corpín´´ xa que viviu no Caurel . Neste poema danos a sensación de que a poeta xa pensa na morte , pero non se sabe debido a que case todos os seus poemas son moi pesimistas . |
|
|