Galego


Principal Arriba

 

PÁXINA WEB DO DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA

O CAUREL DENDE A LITERATURA

    Aquí poderedes atopar unha pequena aproximación á paisaxe e ó decorrer cotián destes lugares e destas xentes caurelás. A través de imaxes irán pasando ante os nosos ollos baixo a mirada e os sentimentos de tres literatos que polas súas raíces (Novoneyra) ou  por circunstancias da vida viñeron achegarse a estas terras (Ánxel Fole, María Mariño).

Preme nas minitaturas para ve-las fotos

Para volver ás miniaturas pulsa atrás no botón do navegador

AUTORES

UXÍO NOVONEIRA, ANXEL FOLE, MARÍA MARIÑO

UXÍO NOVONEYRA

ir a autores

"COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!" (Uxío Novoneyra, Os eidos)

Instantánea da Devesa da Rogueira, preto da aldea natal do poeta.

"Andaba eu su os mazairos de vagar" (Uxío Novoneyra, Os eidos)

Casa natal e mazairos do poeta en Parada do Caurel.

"Pechado no cuarto co vello silencio velo refreixo do souto de Santos" (Uxío Novoneyra, Os eidos)

Souto que cae por diante da casa do poeta en Parada.

"Cada sitio ten un camiño que non vai máis alá" (Uxío Novoneyra, Os eidos )

Camiño lindante coa horta da casa de Parada.

"Pobos probes que se foron quedando nos ósos" (Uxío Novoneyra, Os eidos)

Aldea abandonada de Hórreos.

"Pincheiras a cachón i a fio" (Uxío Novoneyra, Os eidos )

Fervenza baixando de Noceda.

"Panos brancos esfiañados da nebra" (Uxío Novoneyra, Os eidos )

A néboa baixando dende o alto da devesa da Rogueira.

"OIR pacer as vacas no serán no silencio da serra" (Uxío Novoneyra, Os eidos)

Vacas pacendo

ANXEL FOLE

ir a autores

 

"Non creio que haxa en ningures troitas máis finas e sabrosas que as distes ríos" ( Ánxel Fole, Á lus do candil )

O río Lor ó seu paso por Esperante.

"Eiquí non se varexa a castaña. Déixase cair e recóllese nos sequeiros. É moi doce." (Ánxel Fole, Á lus do candil)

Sequeiro de castañas na Rogueira.

"A matanza dos porcos chámase a mata. Fanse moi ben o botelo e as androllas. Pratos fortes pra persoas fortes". (Ánxel Fole, Á lus do candil)

Cochos apañando castañas en Noceda.

MARÍA MARIÑO

ir a autores

 

"Casas, casiñas vellas, en fume e fume brilades, recendendo a vidas probes e á paz dos vosos lares." (María Mariño, Palabra no tempo)

Na lareira en Carbedo.

"Pastoriñas que fiades na roca das esperanzas, entre penedos e uces, sabedes de torres altas...". (María Mariño, Palabra no tempo)

Fuso con la negra.

 

 


Principal Arriba