|
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
CURSO 2009/10
Visita o Castro de Viladonga e San Paio de
Narla.
Comenzamos en Pedrafita do Cebreiro, visitando unha queixeria.

Continuamos ata O Castro de Viladonga

e logo de comer a S. Paio de Narla
Visita dentro do Caurel Mina da Toca e Castro de Sobredo, para
saber mais da nosa Historia, asi coma do noso Patrimonio. Participaron o 2º e o
3º Ciclo de Primaria, tamen estivemos no Castelo do Carbedo, lugar de nacemento
de Ilda de "Ilda o corzo, o lobo e o xabaril" de Uxio Novoneyra
Os alumnos/as do 2º e 3º Ciclo de Primaria estiveron en
Madrid mais información en Primaria

O día
6 de abril levouse a cabo a primeira parte do intercambio
cultural co instituto Basanta Silva de Vilalba.
Ese día foron os alumnos do Caurel os que visitaron a Terra Chá, tendo como
guías turísticos ós rapaces vilalbeses.

´
Á mañá recibíronnos no seu centro cun fermoso recital musicalizado de poemas de
Uxío Novoneyra, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, e paisano noso

Deseguido leváronnos ó Museo Arqueolóxico da vila, un dos máis importantes de
Galicia, para logo disfrutar dun agradable paseo polas rúas emblemáticas do
concello. Durante ese percorrido vimos a torre medieval dos Andrade, e o
recentemente construído auditorio.
Xa ó mediodía, e convidados polos nosos anfitrións, xantamos no parque fluvial
da Magdalena, unha espectacular área de lecer acariñada pola presenza do río que
leva este nome.
Rematando a nosa visita, fomos á Lagoa de Cospeito, emblema natural da Terra Chá
pola riqueza ornitolóxica e paisaxística da zona. Camiñamos circundándoa ,
sempre abraiados pola omnipresente beleza desta, coñecendo nos seus miradores a
flora e fauna máis peculiares deste enclave protexido.
Mais chegou o solpor, a viaxe rematou, e despois de beixos e apertas volvemos
para o Caurel, fascinados polo agradable trato dos vilalbeses. Agora xa estamos
a preparar
VIDECONFERENCIA SOBRE NOVONEYRA
O 26 de marzo os alumnos da ESO e 3º ciclo de primaria
participaron nunha videoconferencia co alumnado de dous intitutos da Estrada: o
IES nº 1, e o Antón Losada Diéguez. Todo se levou a cabo en
Quiroga, no telecentro, posto que conexión a Internet do noso colexio non
permitía esta actividade.
A videoconferencia consistiu en recitar e teatralizar
distintos poemas do homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas, Uxío
Novoneyra. Ó evento, estivemos acompañados polo
escritor Isaac Alonso Estraviz, quen falou da poesía telúrica do autor caurelán,
e contou varias anécdotas vividas por él con Uxío e a
súa familia. Ó resto do alumnado estiveron
acompañados por Uxio Novo, fillo de
Uxío Novoneyra e a escritora Carmen Blanco.
Fomos a
Monforte a
Visitar o Planetario de A Pinguela, Tamen estivemos no Pazo de
Tor, logo fomos a visitar a
Radio e a TV de Monforte e ainda tivemos tempo de xogar no Campo da Compañia,
antes de ir a Piscina.
Este ano tamén fomos "A NEVE" a ANDORRA

Visita dos nenos de Infantil e Primaria A Aula da Natureza de
Moreda e o Lugar de Parada, para renderlle unha homenaxe a
Uxio Novoneyra no décimo cabodano
Ruta ao Monte dos Tres
Bispos
CURSO 2008/09
Os/as alumnos7as do 3º ciclo de
primaria visitaron un souto, para preparar un traballo sobre este tema

O 18 DE Novembro do 2008 os alumnos de 2º da ESO foron como
convidados á primeira xuntanza do “Xograr Lector”de Sarria. O obxetivo era
achegar ós alumnos á experiencia dun Club de lectura, para o que todos leran
previamente o libro proposto polo Xograr Lector “Sonrisas de Bombay”.
Ainda que a intervención dos alumnos foi escasa_só falaron
cando se lles preguntou polo posto de O.V.N.U.S na festa da castaña_ todos eles
pediron a dirección do blog do Xograr Lector para intercambiaren opinions a
través da rede.
O día da festa da castaña en Folgoso, acudiron os alumnos/as
asi como mestres/as, con un posto de productos elaborados polos alumnos coa
finalidade de decabar fondos para as viaxes de estudios do alumnado da ESO.
SOLIDARIDADE
Os alumnos da E.S.O. montaron un posto a maiores do que fan
habitualmente.
O 50% dos beneficios deste segundo posto, onde vendían
O.V.N.U.S (Obxectos Variados Non UtilizadoS) , foron cedidos a Escola Maria
Soliña (Pubai –Orissa-INDIA)
Os/as alumnos/as de secundaria
foron a Lugo para ver a pelicula PRADO LONGO

CURSO 2007/08
Todos xuntos o día 19 de xuño
decidimos facer O Camiño de Santiago

O 30 de Maio os alumnos
de infantil e Primaria fomos de viaxe a COSTA DE LUGO
O 22 de maio participamos nas
Olimpiadas tecnolóxícas xunto con:
Cpi Uxio novoneira de Pedrafita,
IES Leiras Pulpeiro de Lugo, Cpi de Castroverde, Cpi de Castro Caldelas.
Organizamos grupos nos que participaban
alumnos do mesmo nivel, pero dos distintos Centros, cada nivel levaba unha
camiseta identificativa.
Cada grupo tiña que resolver
diferentes probas relacionadas coa tecnoloxía. para rematar con unha comida,
entrega de premios e capoeira. Tivemos que renunciar o sendeirismo polas
condicións climáticas
Finales de Abril 1º de Maio viaxe
cultural para os de Secundaria por ANDALUCÍA E PORTUGAL


O día 2 de abril foron a Santiago
a ver a obra músical AULAS REBELDES, acompañados polos profesores de
Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Matemáticas aproveitando para visitar o
Santiago cultural e monumental.
O 27 de marzo os alumnos de secundaria e
organizado polos departamentos de Ciencias Naturais e Tecnoloxía, foron a
visitar ás PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ a mina e o parque eolico, a central está
en obras e non puideron vela .
Este curso volvemos a neve, e volvemos a
ANDORRA
CURSO 2006/07
Fomos a Madrid.
E tamén este curso fomos a neve, pero
fomos a ANDORRA a esquiar.


CURSO 2005/06
30 de xuño 1 de xullo
Un grupo de alumnos/as deste centro e a
Directora participaron na EXPEDICIÓN ULTREIA , invitados pola CONSELLERIA DE
MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE. Foi unha moi boa experiencia,
xa que se pasearon pola ria de Arousa, e no veleiro NAUJA do ano 1930.
1º e 2º da ESO
O día 15 de Maio,
saimos destino Gijón.
Na viaxe
participaron 10 alumnos/as de 1º e 2º da E.S.O.
As visitas foron ás
duas cidades mais representativas de Asturias, Oviedo e Gijón.
En Oviedo
visitamos A Catedral, e a iglesia de San Julián de los Prados, así como ocasco
antigo.. En Gijón visitamos o museo Evaristo Valle (pintor Gijonés) O Museo del
Pueblo Asturiano donde se encontra emplazado o Museo da Gaita.

E a volta, na
conca mineira pasamos polo Museo da Minería situado no pobo de El Entrego. Xa
mais cerca e facendo una parada paseamonos por Astorga donde podemos admirar a
súa Catedral e tamén o Palacio de Gaudi e como non a súa muralla.

INFANTIL
O día 12 de maio os/as alumnos/as de
Educación Infantil fixerón unha viaxe ata A GRANXA DE BARREIROS done
participaron en diversas actividades : Elaboración do pan, Reciclaxe de papel,
Contacto coa natureza.....

CORUÑA
O día 8 de maio os/as alumnos/as de
secundaria viaxaron a Coruña nunha viaxe organizada polo Departamento de
Ciencias Naturais para visita-la Casa das Ciencias, a Domus e o Acuario.
A finalidade desta actividade era a de
achegar a Ciencia os/as rapaces/as mediante experimentos interactivos.
DESTINO PARLAMENTO EUROPEO
Na semana do 20 ó 23 de
marzo, xunto co CPI Doutor Daniel Monje Julí de Navia de Suarna e dentro
da campaña " Achegar as institucións europeas a cidadania"
invitados polo parlamentario D. Antolín Sánchez Presedo, coñecemos
o Parlamento Europeo e aproveitamos para visita-la sé da Fundación Galicia en
Europa, pasear por Bruxelas, e visitar Bruxas.
TEATRO
ASISTENCIA A UNHA OBRA DE TEATRO E VISITA AO MUSEO DO
POBO GALEGO (SANTIAGO DE COMPOSTELA).
O día 15 de febreiro de 2006, os
alumnos/as da ESO acompañados polos profesores: Roxer (Inglés e Francés) e Mª
Carmen (Orientadora), fomos a Santiago de Compostela.
Dende as 11.30 ate as 12.30 fomos ver
unha obra de teatro en inglés: Pigmalion, da compañía catalana Eina d escola.
A unha da tarde comezou a nosa visita ó Museo
de Pobo Galego, onde vimos a película do Carro e o home de Xocas. Máis tarde
visitamos a exposición existente sobre a sociedade galega.

Para comer decidimos ir a Área
Central, onde desfrutamos duns saborosos bocadillos, e poidemos pasear durante
unhas horiñas.
Pasámo-lo moi ben e agardamos pronto
outra saída así de interesante.
LUGO
23 de xaneiro os nenos de primaria
van a Lugo Visitan o BELEN ELECTRONICO DE BEGONTE e ademais
estan en BONXE coñecendo como traballan o barro ( hai mais fotos en primaria)

LEÓN
Para o 18 de novembro, como froito da
colaboración de dous departamentos, de dos centros educativos;
CPI de Seoane de Caurel e o IES de Quiroga naceu
a visita a "Las covas de Valporquero e o Panteón de Reis de S. Isidoro de
León".
O profesor de Ciencias Medio
ambientais do IES de Quiroga,D. José Espinosa, axudounos a comtemplar un
verdadeiro santuario estalactítico, nas covas de Valporquero. D. Jorge Marcos,
Profesor de Relixión nos dous Centros, outra obra mestra do arte, o Panteón de
S. Isidoro de León.
Entre todos tamén acadamos un bo día de convivencia
entre os dous Centros
VISITA A SOTAVENTO
O 28 de outubro, o
Departamento de Tecnoloxía organizou unha visita para todolos alumnos da ESO
ó Parque Eólico
Experimental de Sotavento.
O obxectivo de dita actividade é
familiarizar ós alumnos coas enerxías renovables

CURSO 2004/05
Á NEVE
Na última semana de xaneiro 3ºe 4º da
ESO estiveron por Andorra aprendendo a esquiar e coñecendo outros lugares e
outras culturas
O QUIXOTE
O 21 de febreiro, os alumnos da ESO, para conmemorar os
400 anos da primeira edicción da primeira parte de EL QUIJOTE disfrutaron
en LUGO dunha adaptación teatral a cargo de Eina d'Escola e da Asociación
de Maestros Rosa Sensat.
Ademáis estiveron no Museo Provincial donde lles falaron
sobre "Prehistoria e Arqueoloxia" tema moi relacionado co seu Entorno xa que
esta zona é de gran interés arqueoloxico

OURENSE
Os nenos de Primaria foron a Ourense para ver a "Muller
Xigante" e para coñecer cousas desa cidade
tamen adiveron por Monforte hai mais fotos na paxina de
Primaria
LUGO
Tamé os nenos de infantil e primaria foron o TEATRO a
Lugo e logo visitarón a Catedral, a Muralla ..e tamen foron a Marcelle a ver o
Zoo, mais fotos en infantil/primaria
E Voltamos a Lugo o auditorio Gustavo Freire para recoller os
premios de ENTRE NÓS EN GALEGO
Un primeiro
e un segundo
|
|
|
|
|
|
|
Partido de voleibol feminino en Monforte |
|
Fomos a animar a nosa paisana na copa do Rei |
|
|
|
|
|
Fotos
da excursión
|