|
Os nosos xogos

A
BILLARDA
CAMPO: O aire libre, nunha
plaza, na calle ou mesmo no monte.
XOGADORES: Varios.
MATERIAL: A billarda e o palen.
A billarda é un garabullo de cuarta e
media aproximadamente, que se labra nas puntas para facilitar que salte.
O palen é un pau de 1m e medio mais ou
menos.
XOGO. Cólocase a billarda enrriba dunha pedra,madeira..... co
palen pétaselle a billarda nunha punta para que salte, e logo xa no aire
daselle co palen para lanzala o mais lonxe posible, unah variante é que se
coloca o palen no sitio da billarda e outro xogador é o que vai a buscar a
billarda e dende alí lanzaa para darlle o palen se o consigue pode seguir
xugando se non entra outro se son dous somentes gaña ou perde,outra variante é
que midese co palen a distancia ata donde foi a billarda esto tamen conta coma
puntos despois, colocase o palen e lanzase a billarda......
Hai mais variantes pero en esencia é esto.
OS BOLOS
CAMPO:Terreno chan. Nel ha de
colocarse a pedra, e marcarse unhas liñas a 1ª 10m mais adiante da pedra e a
segunda 30m .
XOGADORES: Varios
MATERIAL: Unha pedra, os bolos e a bola
A pedra: A de servir para colocar os
bolos en posicion vertical.
A bola: Ten 10cm de longo por 4 de ancho
e forma de bocoi de viño.
Os bolos teñen 3 cm de longo e dous de ancho.
XOGO: Xógase con nove bolos. Para que os bolos conten ten que
pasar a bola da 1ª liña ,cada bolo que pase conta 10 puntos. Se pasase da
segunda liña contan 30 puntos cada un.
Hai tres roldas, o xogador que mais puntos faganas tres
roldas gaña,esto é se pasa a bola da 1ª liña,pois si esto non sucedese
chamaselle COCHAR e ainda que os bolos pasen non conta xa que a bola non pasou a
primeira liña.
TIRACHINAS , TIRACROIOS,
TIRAPEDRAS
Esta feita dun pan con forma de y
nos extremos ataselle unha goma e no medio da goma ponselle un trozo de coiro,
Serve para lanzar pedras , xogabase para matar paxaros agora para facer
punteria a un blanco señalado

CANICAS
Campo:
Calquera sitio de area ou terra
Material:
boliñas de cristal (canicas)
Xogadores: dous ou mais
Xogo: Faise un redondel na area
duns 15cm de diametro logo todolos xogadores depositan alí todolas canicas,
menos unha que lles servirá para tirar, con esa tiran empuxando a canica cos
dedos, e todalas que saian do circulo son para el.

PEONZA OU BAILARINA
Campo:
Calquera sitio con suelo llano, mesmo a mesa da cociña ou
no chan despois de alisalo ben
Xogadores:
Un ou mais
Material:
Unha peonza ou bailarina
Xogo:
Facer bailar a peonza cando hai varios xogadores competir
con que a fai bailar mais tempo

CONSTRUCCIÓN: Con
un carrete de fio (de madeira) cortase un dos salientes, méteselle un garabullo
afiado, polo buraco e velahí unha peonza
|