|
|
|
|
Este é un percorrido polas
igrexas e tradicións dos nosos lugares Igrexa parroquial de San Xoán Bautista (Seoane) A
igrexa de San Xoán Bautista de Seoane está situada nunha das partes máis
altas do lugar (característica compartida pola maioria das igrexas desta zona)
concretamente na rúa Uxío Novoneyra.
Esta igrexa, de estilo barroco, non sufriu ningunha reforma que afectase
a súa estructura, pero foise modernizando co tempo (separación do altar,
escanos, chan
e portas novas). Detrás do altar hai unha serie de santos, ocupando a parte central San Xoán Bautista, enriba del Xesús na cruz.
Nos laterales ademais do retablo do altar pequeno, hai outras imaxes que o mesmo cas outras o seu valor reside na devoción que lles teñen as xentes do lugar.
No
medio da igrexa, no lateral esquerdo,atópase a pía bautismal, iluminada por un
pequeno tragaluz. Situada
na entrada a pía da auga bendita, e o seu carón as escaleiras que conducen a
tribuna. Fora
por enriba da entrada atópase o campanario, para acceder a él non se dispoñe
de escaleiras, polo que é necesario utilizar unha escada.
A
festa da parroquia celébrase o 24 de xuño,Este día ademais de celebra-la
Eucaristía, sácase en procesión a San Xoán Pequeno, mentras que San Xoán
Grande queda dentro. A Sta. Misa celébrase todolos domingos. Anteriormente
neste pobo había outra igrexa, debido o seu derrubamento construiuse esta entre
os séculos XV e XVI que pertence o estilo barroco apontonado. O longo do tempo
fixéronselle distintas reformas que non afectaron a súa estructura.,a primeira
no ano 1862 que consistiu en pinta-los altares e tamén se escribiron varias
letras nun deles; a segunda no ano1955 (data que sinala a porta da entrada) pintáronse
as paredes interiores e a entrada; máis recientemente abriuse unha
porta de acceso o campo santo, quitouse a hedra que subía pola parede do
campanario e tamén se teitou este. Unha
característica desta igrexa é que ten a torre do campanario enriba do altar. Orixinariamente
o campanario tiña catro campás, cada unha delas orientada a cada un dos pobos
que formaban a parroquia (Seixo, Teixeira, Vilela e Noceda).Actualmente a ventá
orientada hacia o Seixo está selada, debido a que o Seixo deixou de formar
parte desta parroquia. Algunhas
das imaxes de santos que hai actualmente nesta igrexa proveñen da antiga, como
é o caso de Santiago e San Pedro que presiden o altar. Esta
igrexa ten duas tallas do patrón: un San Pedro sentado no seu trono, que
preside o altar, e está vestido de bispo; e un San Pedro xoven que está
erguido (esta talla é de menor tamaño). Imaxes
de Santos/as: Virxe do Carme, San Pedro, San pablo, Sagrado Corazón de Xesús,
Virxe de Fátima, Santa Isabel, San Antonio, San Roque, San Xosé, Santiago. Na
sacristía hai un Xesús crucificado e un neno Xesús, que só se mostra no
Nadal.
Antigamente
celebrábanse tres festas patroais: a de Santa Isabel , a de San Pedro e a de
San Antonio. Actualmente só se celebra o San Pedro durante dous días, un día
San Pedro Grande e o outro San Pedro Pequeño. Nestes días ,ademais de
celebra-la Eucarística , tamen se fai unha procesión. Ata
hai pouco tempo conservouse a tradición
de saca-la imaxe de San Antonio de procesión cando tronaba, para pedirlle a
Deus que cesara o tormenta.
Capela de San Martiño
(Paderne) Esta capela construida hai
moitísimo tempo, reconstruiuse hai uns tres ou catro anos utilizando os
materiais da zona (pizarra e madeira de castiñeiro), deixando unha estructura
similar a que tiña. É pequena e rectangular,
cunha campá na entrada. No centro do altar hai unha
imaxe de San Martiño, a dereita unha da Virxe, e a esquerda unha de San Cosme. O patrón da parroquia é
San Martiño. Antigamente celebrábase a festa o 11 de novembro, pero na
actualidade celébrase o primeiro domingo de xullo. Nela celébrase a misa o día festa,tamén cando hai un morto de corpo presente no pobo, e cando se quere ter unha misa polos difuntos. Os funerales de enterro e cabodanos fanse na igrexa parroquial de Meiraos
Capela de S. Miguel (Mercurín) Esta capela foi construida fai moito tempo, foi teitada de novo polos anos 80 quedando o proxecto de remodelación no exterior, asi como porlle un chan novo, sen levarse a cabo. Nas paredes hai unhas pinturas, que poden servir para seguir o viacrucis, non están datadas, e o aspecto é moi primitivo O patron é o San Miguel de maio, como lle chaman os veciños, o de setembro festéxano na Ferreria Vella (lugar do mesmo concello) Consérvanse as dúas imaxes que presiden o altar. E curioso que os veciños do lugar conten a S. Miguel coma un veciño mais. A xente que emigrou cando veñen de visita ou de vacacións sempre lle van facer unha visita a S.Miguel, lévanlle limosnas, flores.... A santa misa celébrase cando hai un difunto no lugar, cando algún veciño o require, e sempre o 8 de maio e o 29 de setembro. Tamén se celebraron bodas e bautizos.
|
|
|