Viaxes


Principal Arriba

 

10. EXCURSIÓNS DE SECUNDARIA

 

EXCURSIÓN A LEÓN

 

   O día 18 de novembro saímos as dez menos cuarto de Seoane cara a cidade de León. Fomos os alumnos de 3º e 4º con algúns dos rapaces do instituto de Quiroga, un dos seus profesores e o noso profesor de relixión, Jorge.

  

   O primeiro lugar que visitamos foron as covas de Valporquero, antes de chegar a todos nos impresionou a preciosa paixase de aquel lugar. Unha vez alí un dos monitores ( que estaba un pouco enfadado porque chegaramos tarde) ensinounos cinco das sete salas que se podían visitar. A todos nos gustou moito, eran unhas covas moi grandes con distintas formas e con ríos que discorrían entre elas.

 

   Despois, como xa era tarde fomos comer a un restaurante que estaba preto.

 

     Por último, fomos visitar o museo do Panteón de Reis onde vimos varias salas acompañados dunha monitora que nos foi explicando todas as pinturas, o seu significado e nos ensinou varios obxetos antigos que estaban expostos nunha sala. Tamén nos ensinou a biblioteca onde había moitos libros antigos.

 

   Despois deixáronnos dúas horas para que foramos visitar o que nos apetecese, tomar algo... As sete saímos rumbo a Caurel, e durante a viaxe fixemos unha parada para descansar un pouco da viaxe. Chegamos a Seoane sobre as dez e media e xa estabamos todos cansos, pero eso si, pasámolo moi ben.

 

                                                                                                                                                                                    VISITA A SOTAVENTO

     O 28 de outubro, o Departamento de Tecnoloxía organizou unha visita para todolos alumnos da ESO

ó Parque Eólico Experimental de Sotavento.

    O obxectivo de dita actividade é familiarizar ós alumnos coas enerxías renovables

 

                       

 

Sotavento                                                                   León

                                  

EXCURSIÓN   A SANTIAGO

O día 15 de Febreiro fumos  de excursión a Santiago .Saímos de Seoane ás 8:30, fixemos dúas  paradas para recoller a alguns compañeiros e íamos acompañados por Roxer e Mari ,a Orientadora .

 

O traxecto fíxose longo , sobre as 11:00 chegamos ó colexio ¨La Salle´´ xa que era onde se ía representar a función que se titulaba :´´People in the play´¨ era divertida ,pero creo que non nos enteramos moito xa que era en       Inglés  ;durou unha hora.

O saírmos do colexio dirixímonos ó Museo do Pobo Galego que antes foi un mosteiro.Oprimeiro que  vimos foi un vídio sobre as labores  antigos campo en Galiza e despois fomos ver unha esposición sobre os costumes , vestimentas , a casa, crenzas ...das xentes de antes.Foitodo moi bonito pero tivémolo que ver todo cunha pouca présa porque nos tiñamos que ir.

 

Síamos do museo e montamonos no autobús que nos levou a  Área Central ,alí baixamos a comida  e puxémonos  a xentar de baixo dos soportais de Área Centra, e de pé .A xente  que pasaba por alí ou se rían  o  ou se apartaban como se nos tivesen medo .Ó remate do xentar metémonos todos no centro  comercial e alí estivemos  dende as 3:00 ata as5:15. É moi grande e ten tres plantas. .

Cando xa estabamos todos os alumnos para marchar tivemos que esperar por Roxer e Mari.

De volta á casa paramonosen Pedrafita para ir ó baño , comer os bocadillos e os plátanos que sobraron e comprar lambetadas quen quixera.Chegamos a Seoane ás 9:00 de noite.

Foi unha excursión divertida, cun inconvinte , que ó outro día tiñamos colexio e non puidemos durmir todo canto desexamos

     

Eva Pombo Teijeira  1 E.S.O

EXUCURSIÓN A BRUXELAS

 

   Este ano, os alumnos de terceiro e cuarto da E.S.O tivemos a oportunidade de facer unha viaxe a Bruxelas, gracias ó europarlamentario Antolín Sánchez Presedo que nos invitou a visitar o parlamento. Con nós foron os profesores Irene e Roxer.

 

   O día 20 de maio saímos de Seoane nun autobús e no camiño fixemos unha parada cerca de Navia de Suarna para coller as rapazas dun instituto de alí que nos ían acompañar. Cando chegamos a Santiago facturamos as maletas, comemos algo e collemos o avión. Cando chegamos a Bruxelas fomos deixar todo ó hotel e aínda que estabamos moi cansos decidimos aproveitar para dar unha volta e vimos o famoso manekken pis.

 

   O día seguinte levantámonos cedo para ir ó parlamento. Alí coincidimos con outro grupo de A Coruña. Primeiro explicáronnos un pouco como funcionaba o parlamento e o que significaba Europa, logo permitíronnos facer preguntas sobre o que nos quixeramos, e despois de darnos uns agasallos visitamos algunhas partes do parlamento. Ó saír fomos visitar o centro galego e despois, comer. Pola tarde fomos ó atomium onde había unhas impresionantes vistas da cidade.

 

   O día 22 tivemos que madrugar un pouco, porque tiñamos que coller o tren para ir a Bruxas. Pola mañá visitamos os lugares máis significativos e a tarde deixáronnola libre. Xa en Bruxelas, pola noite os profesores deixáronnos saír.

 

   O día 23 xa tivemos que coller o tren par ir ó aeroporto. Alí collemos o avión, fixemos unha parada en Barcelona e chegamos a Santiago, onde nos estaba agardando o autobús para levarnos a Piedrafita, alí estábannos esperando os nosos familiares. A verdade e que o pasamos moi ben aínda que en Bruxelas facía moito frío, pero compensaba o chocolate.

 

 

 

                                                 Patricia Gundriz Carrete e Iria Méndez López    4º E.S.O

 

 

 

EXCURSIÓN A CORUÑA

 

            O día 8 de maio os/as alumnas de secundaria viaxaron a Coruña nunha viaxe organizada polo Departamento de Ciencias Naturais para visita-la  Casa das Ciencias, a Domus e o Acuario.  A finalidade desta actividade era achegar a Ciencia os/as rapaces/as mediante experimentos interactivos.

 

 

 

EXCURSIÓN A ASTURIAS

 

            Os días 15-16-17 e 18 os alumnos de 1º e 2º de ESO estivemos en Asturias, máis concretamente en Xixón; acompañados pola profe Cris.

 

            O día 15 saímos de Seoane ás 9:30 da mañá, fixemos unha parada para recoller as rapazas de Teixeira. O traxecto durou unhas catro horas e media, e só fixemos unha parada de media hora. Chegamos cerca das 3:00, deixamos a equipaxe e fomos buscar un sitio para comer, comemos e fomos dar unha volta pola praia, cando de súpeto púxose a chover e tivemos que subir ó hotel a cambiarnos porque nos mollaramos. Cando baixamos xa nos esperaba o autobús para levarnos a Oviedo, alí dirixímonos ó centro comercial e fomos ver unha película; uns quixeron ver “Misión Imposible III” e outros “La huella del silencio”. Cando acabou a película marchamos para Xixón e alí fomos a un restaurante italiano e encargamos 3 pizzas para comer.

 

            O martes 16 pola mañá fomos dar unha volta pola praia, marchamos almorzar e logo dirixímonos a Oviedo; alí vimos a catedral. Despois a profe Cris fixo uns grupos, deunos un mapa e mandounos realizar unha serie de probas a cada grupo. Cando rematamos fomos xantar a unha sidrería e marchamos para Xixón. Cando chegamos fomos de tendas e, pola noite, ceamos nunha sidrería, cando acabamos marchamos de festa  a un pub chamado “Moderno”.

 

O Día 17  fomos ver o museo do pobo Asturiano, e o museo da gaita. Logo fomos xantar, xa que tiñamos moita fame, e tamén dar un paseo á praia. Despois do descanso fomos ó museo dun pintor chamado Evaristo Valle, alí fixemos unha serie de xogos, vimos as súas pinturas e paseamos polo xardín do museo.

Volvemos ó hotel, alí descansamos e marchamos a cear; ó acabar de cear saímos ó mesmo pub do día anterior a bailar e pasalo ben.

 

O día 18 erguémonos pronto, fomos á praia, almorzamos e marchamos ó museo da minería. Alí ensináronnos como se facía a pólvora e tamén visitamos unha mina, acompañados dunha guía moi simpática que nos foi explicando todo.

Ó saír do museo nesa mesma vila comemos e marchamos para Astorga.

Alí como non, todos mercamos as famosas mantecadas de Astorga e descansamos un pouco. Vimos tamén o palacio de Gaudí e a catedral de Astorga.

 

Saímos de Astorga e marchamos con rumbo ó Caurel. Chegamos a Seoane sobre as 8:30, 9:00.

 

A verdade é que todos o pasamos xenial, e sen dúbida ningunha volveriamos a repetir esta viaxe a Asturias.

 

  EVA MENDEZ LÓPEZ

                                                                            EVA POMBO TEIJEIRA

                                                                                                   1º ESO           

 

13. EXCURSIÓN DE INFANTIL:

 

             O día 12 de maio os alumnos de Infantil fixeron unha viaxe ata a Granxa de Barreiros onde participaron en diversas actividades como elaboración de pan, reciclaxe de papel, contacto coa natureza...

 

 

 

 

 


Principal Arriba