|
|
|
|
2. ENTREVISTA ENTREVISTA REALIZADA A VISITACIÓN VILA GARCÍA SOBRE A FIGURA DE MARÍA MARIÑO.
- Ela era a madriña da miña voda. Eu sempre lle chamaba Doña Maruja pero ela quería que eu lle chamase madriña-
- Eu ía á escola na que o seu home era o profesor. Coñecina cando o seu home non podía darnos clase, era ela a que nos daba clase no lugar do seu home.
- Non me recordo moi ben, pero máis ou menos no 1942, 43.
- Era moi boa persoa, moi alegre e simpática.
- Era moi guapa e tamén moi elegante.
- Estaba moi a gusto aquí, non botaba nada de menos. Creo que se non fose pola súa enfermidade quedaríase aquí para sempre.
- Era moi boa. Todos a queríamos moito. Cando ela morreu todos levamos moita pena porque a queríamos moito.
- Ela o primeiro que facía antes de baixar á escola era o xantar para ela e para o seu home. Logo como sempre baixaba á escola e falaba con nós, tamén nos explicaba moitas cousas. Logo no tempo que tiña libre reuníase con Eugenio e falaban un pouco e escribían as súas poesías.
- Nunca a vin escribindo, sempre o facía cando estaba con Eugenio.
- Non, eles non tiñan fillos, que eu saiba só tiñan dous sobriños.
- Vivían moi cerca, e Eugenio ía moitas veces á escola para falar con ela, outras Veces era ela a que ía para a casa de Eugenio e alí escribían poesía os dous xuntos.
- Ela tiña unha enfermidade moi mala. Recordo e sempre recordarei que morreu nos brazos do meu home. (Manuel Rodríguez Álvarez ) Enfrontou a súa enfermidade moi ben. Sempre me pedía un caco de toucín, porque dicía que iso lle axudaba a curarse. Aínda que ela coa súa enfermidade xa non comía moito.
- Queríanos levar, pero de momento os seus restos están no cemiterio de Seoane.
EVA MÉNDEZ LÓPEZ 1º ESO
14. MARÍA MARIÑO
María Mariño Carou nace en Noia o 8 de xuño do 1907. Os seus pais eran Xosé Mª Mariño Pais e Filomena Carou Lado. Era unha familia humilde, o pai era zapateiro e a nai traballaba como xastra. María asistía moi poucas veces a escola, xa que tiña que coser; algúns lémbrana como María “a costureira”. Era unha muller sensible, reservada e solitaria, como así o di nun dos seus poemas.
¡Son aquela! Son aquela sempre soia que paseaba a ribeira a ver si nela atopaba a ver si nela afogaba. (PnT) En Boiro coñece a Roberto Posse Carballido, o que foi o seu home. Casan o 31 de marzo de 1939 na parroquia de Lampón en Boiro. Recén casados marchan a Enlaxobe por mor do traballo do seu home que era profesor. Roberto pide o traslado e instálanse en Romeor. Nesta época María cae nunha depresión pola perda da súa nai e do seu fillo que morrera ó mes e medio de nacer. Un médico recoméndalle trasladarse a Parada onde fai unha gran amizade con Uxío Novoneira. María publica un libro chamado “Palabra no Tempo”. Cando a súa enfermidade xa está moi avanzada fai un último esforzo e comeza a escribir a totalidade dos poemas que forman parte do seu libro póstumo “Verba que comeza” A escritora morre a causa da leucemia o 19 de maio de 1967. Os seus restos descansan no camposanto de Seoane do Caurel, acubillada polos cumes da serra.
NOITE CAURELÁ
Ládranlle á noite os cas i ela ben cega o ucedo. Tiñe os aires a noite. Nela síntese medo. A noite téndese ó sono que a aurora espera cedo.
A noite foi un cantar dun fiel ben en voz-deserto ¡Canto choio dil me veo polo eixe do seu verso!
Pastoriñas que fiades na roca das esperanzas entre penedos e uces, sabedes de torres altas...
Cantades versos de vello ferindo a miña lembranza. Aprendede o que ensaiei dinde que enteira son de toda miña arelanza.
EVA MÉNDEZ LÓPEZ (1º ESO)
3. OS NOSOS ETNÓGRAFOS
A SEGA DO TRIGO
Antigamente, un grupo de persoas dun determinado lugar xuntábase para realizar a sega do trigo nas leiras privadas dunha familia. Estas persoas axudábanse mutuamente unhas as outras. O trigo segábase, e aínda algunhas persoas se animan a segalo, no mes de agosto. A razón disto era que en agosto ía moita calor e o trigo madurecía e secaba rapidamente. A súa segadura facíase con fouciños, aínda que levaba máis tempo e tamén máis traballo. Agora xa se foi perdendo pouco a pouco esa tradicción porque o medio da sega do trigo son as máquinas, máis prácticas e menos traballosas. A xente segába o trigo, mallábao e deixábao secar co fin de producir pan para a casa.
JESSICA JATO LÓPEZ 1º E.S.O MALLA DO PAN A malla realizase despois da sega .Mallábase polo mes de setembro.Para mallar o pan utilizábanse os “mallos”.Os mallos eran dous paus ,o máis grande ía unido ó máis pequeño por unha argola.Mallábase na airas.Nas mallas participar todo o pobo.Primeiro empezaban pola primeira casa do lugar e ían todos os veciños axudánse.Cuatro ou oito persoas mallaban ,outro grupo de persoas mallaban ,outro grupo de persoas dábanlles a volta ó pan que estaba mallado e collíase outro pouco de pan e volvíase empezar a mallar .Cando acababan de mallar reuníanse todos os homes e mulleres a contar historias, preocuacións...e bebían e ceaban
EVA POMBO TEIJEIRA 1º E.S.O OS CALEIROS Antigamente como non se podía comprar o cal para revestir as casas, facíase no mesmo lugar nuns pozos chamados “caleiros”. O único que se precisaba eran cozas, que eran as raíces das uces e mais unha pedra branca chamada caliza. O proceso era o seguinte: Íase por un carro de cozas e partíase cada coza en anacos pequemos, tirábase ó caleiro e prendíaselle lume. Mentres, íase pola caliza, e esta tamén se picaba miudiño e tirábase ó lume xa formado polas cozas, e volvíase botar outra de cozas e outra de pedra. Repetíase este proceso ata que o caleiro estivese cheo, logo tapábase de deixábase unha semana. Ó pasar este tempo sacábase do caleiro, e para botárllelo ás casas había que mesturala con auga. Así era como antigamente se pintaban as paredes xa que non podían comprar cal. Aínda que agora xa non usemos este proceso, debemos recordar este antigo e laborioso traballo como unha parte dos moitos traballos galegos que había antigamente no Caurel.
Eva Méndez López 1º E.S.O AS TOLAS
As tolas facíanse en todos os sitios que se quería cavar. O facelas producíase abono para botar pan. O proceso era o seguinte:
Así era o proceso que se seguía antigamente no Caurel para que as colleitas foran mellores. Eva Méndez López 1º E.S.O
4. COMIC
15. CULTURA CLÁSICA
HISTORIAS MITOLÓXICAS DE TRANSFORMACIÓNS
LEDA
Algúns din que cando Zeus se namorou de Némesis,ela fuxiu sómerxendose na auga e converténdose en peixe,e que el a perseguiu.Esta saltou a terra e transformouse en diversas formas de animais salvaxes, pero non puido zafarse de Zeus porque el ía tomando formas doutras bestias aínda máis salvaxes e rápidas.Finalmente Némesis levantou o voo como un ganso silvestre e el converteuse en cisne, cubríndoa toda. Némesis sacudiu as plumas con resignación e marchou a Esparta, onde Leda, esposa do rei Tindáreo,encontrou pouco despois nun pantano un ovo da cor do xacito que levou á súa casa e escondeu nun cofre, e dese ovo saíu Helena de Troia.Outros din que Zeus,finxindo ser un cisne perseguido por unha aguia, refuxiouse no seo de Némesis onde e a violou, transcorrido un tempo,ela puxo un ovo que Hermes colocou entre as coxas de Leda cando esta se sentou nun banquete coas pernas abertas. A versión máis común é que Leda se uniu en forma de cisne á beira do río Eurotas, e que puxo un ovo do que saíron Helena,Cástor e Pólux, polo que ela foi deificada como a deusa Némesis.
ACIS E GALATEA
Galatea a máis doce das nereidas sentía vivo afecto por Acis, pastor de Sicilia e víase igualmente correspondida.Tamen outro ser concivira por esta ninfa unha ardente pasión:Polifemo,o mais horroroso dos cíclopes.Tiña a altura dunha montaña: arredor da súa boca crecí espesa barba,estendíase ata as orellas; no medio da testa, chea de enrugas, abríase un ollo único que dominaba o seu nariz colgante.Tan pronto apacentaba o seus rebaños a beira do mar, como se internaba nos bosques perseguindo os gamos e os osos; moi frecuentemente situabanse nos camiños máis apartados esperando que por alí pasase algún viaxeiro atraído ta xunto del e mentras dormía afogabao devorando os seus membros aínda palpitantes.Con este aspecto e ese carácter,Polifemo sentiu nacer un vivo amor por Galatea e encheuse de orgullo de ser correspondido; para agradala puxo en xogo todo o que nas súas mans estaba.Un día que vagaba pola orela do mar, triste e soñador,viu a Acis a quen a ninfa parecía prometer unha amizade eterna. Exasperdo ó vela, lanzou un grito; Galatea escondeuse baixo as augas e Acis fuxiu e ocultouse entre as canas, pero Polifemo descobre o seu rival, colle un enorme peñasco, lánzao contra a fronte do pastor e mátao.Presa Galatea de cruel desesperación e non podendo restituír o seu amado á vida, convérteo no río que atravesa as comarcas Sicilianas co seu nome.
ECO E NARCISO
A ninfa Liriope, seducida por Cefiso, unha divindade fluvial, deu a luz un fermoso bebé a quen lle puxo o nome de Narciso.Preocupada polo futuro do seu fillo e deseando saber se viviría moitos anos, a ninfa consultou o famoso Tiresias, quen lle dixo estas palabras: -O teu fillo a vivir moito tempo, sempre que non se contemple a sí mesmo. Medrou Narciso e converteuse nun mozo que, pola súa fermosura, era a admiración de todos. Mais a beleza e o orgullo desmesurados medraba na mesma proporción, de tal xeito que Narciso desprezaba a todas as persoas que se achegaban a él engaioladas por un desmadrado amor.Ata que un día cruzouse con Eco. Eco, famosa por ser moi faladora, encargabase de entreter a Xuno, mentres Xúpiter mantiña as súas aventuras e encontros amorosos con deusas e mortais.Cando Xuno, esposa do deus, se decatou do engano, castigou a Eco:nunca mais sería capaz de falar por sí mesma, senón que soamente podería repetir as últimas palabras que outra persoa pronunciase. Pois ben Eco namorouse perdidamente de Narciso, pero como non podía expresar os seus sentimentos e soamente era quen de repetir as palabras del, produciuse un estraño suceso no bosque. -¿Quen esta aquí?-preguntaba Narciso pois sentira uns ruídos. -...Esta aquí,esta aquí,...-repetía suavemente Eco -¿Onde estás?¡vén!-insistía Narciso, admirado pola suavidade e douzura daquela voz. -...Vén...vén...!-seguía Eco con ansía -¡Reunámonos aquí!-pedía Narciso -...Aquí...aquí...! Eco saíu ó seu encontro chea de amor. Ó vela, Narciso, como decote facía, desprezouna e a ninfa, desesperada, fuxiu cara o bosque e acochouse nel.Alí continuou a súa vida, tristemente mirrada pola paixón. -Queiran os deuses que cando el ame tanto coma min,desespere e sufra do mesmo xeito...-pensaba e rogaba, a ninfa. Veu o día no que Narciso se namorou mais non o fixo doutra persoa, senón que o contemplarse nas límpidas augas dun regato, quedou cautivado de si mesmo. Incapaz de moverse de alí, triste e aflixido por non poder aceder o seu desexo amoroso, foise transformando ata que quedou convertido nunha fermosísima flor de extraordinaria brancura. Eco,que o estaba ollando, xa que sempre o perseguira por onde el ía, sentiuse morrer.Achegouse a Narciso cando este pronunciou as últimas palabras: -¡Meu amor!-suspiraba-¡Adeus! -...Adeus...adeus!...repetiu Eco A ninfa consumiuse de amor e algunhas pingueiras do seu sangue caeron sobre Narciso xa trasformado en flor.
Arancha Rodríguez Méndez Marta Aira Páez
18. INSPECCIONANDO O RÍO LOR
As alumnas de terceiro de E.S.O., nesta última avaliación fixemos un traballo no que analizamos o río Lor e as conclusións obtidas mandámolas ó Proxecto Ríos, asociación que analiza o estado dos nosos ríos coa axuda de distintos centros escolares. Determinamos 500 m do treito do río que iamos inspeccionar situándoo xeograficamente nun mapa topográfico (que obtivemos grazas á axuda de Mª Carmen Freire), logo baixamos examinar o río, fixemos un esquema do seu treito, e estudamos o seu ecosistema acuático. Da análise física, química e biolóxica do río obtivemos a conclusión de que o noso río está nun estado de saude óptimo. Nesta actividade disfrutamos moito meténdonos no río xa que tivemos varios problemas por mor dunha corda que nos caera a este no intento de medir a súa lonxitude. Como a corda se ía río abaixo tivemos que meternos na auga , algunhas con botas e outras se elas (a auga está xeada).
Marta Pol Pardo Belén Sanz Moreno Eva Aira Lolo
|
|
|