|
|
|
|
Receitas
FILLOAS Ingredentes:
Preparación:
Para 6 persoas.
David Álvarez Marcos
Granizado de froitas Ingredientes para catro persoas:
Preparación Primeiro escolles coidadosamente as froitas e lávalas con auga corrente. Pelas, cortas en anacos pequechos. A continuación colocas ornamentalmente nun prato. Ordenas por cores, formas etc. Logo gardas no conxelador durante unha hora aproximadamente. Por último remóveas con frecuencia pera que as froitas non se conxelen. Déixanse desconxelar espolvorexándoas con azucre e rociándoas con viño branco seco. Sírveas aínda frías en cuncas individuais e sen zume.
TOMATES RECHEOS
· 420 gramos de carne de tenreira en anacos. · 8 tomates maduros · 1 tarro de maionesa · Alcaparras · 10 olivas verdes recheas · perexil · Zume de medio limón
Preparación
Primeiro córtanse os tomates pola metade, baléirase o interior coidadosamente e, despois, sécanse sen que quede auga por ningún lugar. A continuación nunca cazola de barro cocido desfaise a carne e mestúrase coas alcaparras. As olivas verdes córtanse en anacos non moi pequechos. Por último noutro recipiente engádese o zume do medio limón o perexil e mais a maionesa. Destribúese a mestura nos tomates baleiros e engádense follas de perexil para adornalo.
María López López
TARTA DE CASTAÑAS DO CAUREL
INGREDENTES: - ½ kgr de castañas - 125 gr de azucre - ½ vaso de auga - 6 ovos - 65 gr de manteiga - 2 culleradas de vainilla - 1 copa de coñac - ½ sobre de levadura royal - 100 gr de azucre
PREPARACIÓN: -Pelar as castañas e cocelas en auga xunto cos 125 gramos de azucre. Unha vez cocidas pasalas pola batedora, que se fagan puré. Cando xa estea feito o puré, engádeselle o resto dos ingredientes e bátese todo. Ponse nun molde untado con manteiga. Bótase ó forno previamente quentado, durante 40 minutos. Logo, por fin, xa está listo para comer.
EVA MÉNDEZ LÓPEZ 1º E.S.O
12. REFRANS
O que vai a seguir é un achegamento á cultura popular, neste caso de Caurel, a través de ditos ou refráns que marcaban a sucesión dos días, dos meses, das estacións... Polo tanto, todos eles están relacionados co tempo como fenómenos meteorolóxicos e outros aspectos da vida tradicional suxeitos á mudanza do mesmo. A recollida destes refráns foi feita por todos os alumnos de secundaria. Os alumnos de 1º de ESO fixemos a clasificación dos mesmos segundo os seguintes criterios:
FENÓMENOS METEOROLÓXICOS
CHUVIA E AUGA -Pascuas enxoitas nin poucas nin moitas. -Auga en outono non lle convén ó xornaleiro nin ó seu dono. -A auga en San Xoán tolle viño e non dá pan. -Veñan cen mil e non veñan ata abril. -Falten augas mil e non veñan ata abril. -Abril frío e mollado enchen o celeiro e farta o gando. -Auga de por maio pan para todo o ano. -Auga en xaneiro nin boa meda nin bon palleiro. -Pola mala non te mates e pola boa non te agaches. -Choiva en febreiro, fai bon palleiro. -Chova por abril e maio e non chova en todo o ano. -En setembro ou marchan as pontes ou secan as fontes. -Se Nadal nada, sinal de boa anada, se a colle sementada.
FRÍO -Marzo marzán, pola mañá cariña de rosa e pola noite cara de can. -Veu agosto veu o inverno. -En agosto frío no rostro. -Antes de S.Martiño, pan e viño, despois de S.Martiño, fame e frío. -Ata o 40 de maio non quite-lo saio. -Marzo marzán, cara de can. -Marcha marzo garfo, que me ouveche acabar co gando todo, pois estate calado que con dous días que me faltan e tres que lle pido ó meu irmán abril heite botar a pedir. -En maio a vella queima o escano. -No mes de xaneiro entra o sol en calquera regueiro, mais non entra por quentar senón por visitar. -Marzo marceiro, ou tan frío coma xaneiro ou tan falso coma febreiro. -Cando febreiro non febreirea, marzo marcea. -Flor de febreiro non vai ó froiteiro. -Febreiriño curto, cos seus ´días 28, que se dura un día máis non queda nin can, nin gato, nin rato no seu burato. -En maio a bella queima o escano pero unha miguiña quedou para San Xoán a deixou. -Marzo marcial orellas de lobo e boca de can se duraras tres días ou catro máis non deixabas can nin gato nin cornos ó carneiro nin orellas ó pigureiro. -Con dous día que me quedan de marzo, e dous días que me prestará o meu irmán abril, vas a andar con cinceiros na man e peles no cuadril. -Marzo amola e abril esfola.
En resumo, o tempo comparado atópase no seguinte dito:
-Xaneiro nevado, febreiro aloucado, marzo ventoso, abril chuvioso, maio con flores, xuño con trigo, xullo quente, agosto ardente, setembro aplicado, outubro dourado, novembro castañosos e decembro pelado.
- XEADA-O xaneiro e xeabreiro. -Tantos días de xeada en Nadal como días de sol en San Xoán. -Se xea o día de Candelas sesenta noites detrás dela. -Febreiro, xeada na leira e cachopo na laleira.
NEVE-Dura a mala veciña o que a neve febreiriña. -Neve febreiriña comea a galiña. -Día de San Nicolao está a neve de pao en pao e, se non, no chao. -Tódolos tempos, tempiños son, pero a neve é gran prisión. -Por San Severo, neve no Bocelo; por San Román neve no chan. -Sea neve cae na lama, por auga chama.
CONSELLOS-Labrador barallán, non colle nin viño nin pan. -Se en outono sentes tronar, aumenta o palleiro e agranda o pallal. -Garda leña para abril e pan para maio. -Cando chove e vai vento pecha a porta e quédate dentro. -Se en outubro te demoras a traballar pouco as de enceleirar. -Vai en xaneiro ós grilos e en verán ás espinacas e verás o que sacas.
CAMBIO DE ESTACIÓN
PRIMAVERA-VERÁN-Entre San Xoán e San Marcial vaise a primavera e entra o verán.
VERÁN-OUTONO-Polo San Cibrán acaba o verán.
MEDRA DOS DÍAS-Polo San Xoán as nove con día dan. -Xaneiro fora, medrou o día mais dunha hora. -O verán de San Martiño son tres días e máis un pouquiño. -Polo San Brais hora e media máis. -Polo San Vicente hora e media de creciente e polo San Brais hora e media máis.
TEMPO-Xaneiro calambreiro, febreiro molancreiro, maio pardo e San Xoán claro train o ano comparado. -Maio pardo e San Xoán claro vale máis cós bois io carro. -Nin en agosto camiñar nin en decembro navegar.
OUTROS-A lama de agosto e o polvo de abril votan o labrador a pedir. -Marzo marzolo trebón e raiolo -Marzo marceiro, ou tan frío coma xaneiro ou tan falso coma febreiro -Coa lúa de xaneiro vese a formiga no carreiro. -Amor primeiro e a lúa de xaneiro. -Tronos en xaneiro, mortaldade no reino. PREVISIÓN DO TEMPO
Antes, cando non tiñamos tv. Nas casas e a prensa estaba só ó alcance duns poucos, a xente orientábase por indicios para predici-lo tempo:
-Outono quente, inverno detente. -Mazo ventoso e abril chuvioso sacan a maio florido e fermoso. -Se a Candeloria chora, ponte a rir e se a Candeloria ri, ponte a chorar. -O día de Candeloria, que chore que deixes de chorar, metade don inverno está sen pasar. -No cimo de xaneiro súbete ó outeiro, se ves verdegar ponte a chorar e se veis negrear ponte a cantar. -A auga mañanceira noné duradeira. -Se chove antes de mediodía, poida que chova todo o día. -Chuvia no mar e vento na ría, auga para todo o día. -Chovendo o día de Santa Bibiana, chobe un mes ou sete semanas.
Outros refráns gardan unha relación máis estreita co entorno: -Cando chove e vén por “Piedrafita” non deixes escapar nin pita, e cando vén por “Rugueira” deixa termina-la leira. -Cando van as nubes para Folebar, colle o mallo e vai mallar. -Se van as nubes para Vilafrnaca van busca-la capa branca.
E mesmo os animais poden preve-lo tempo: -Cando a curuxa dorme no quindaledo prevé sol, cando a curuxa se acubilla no souto dise que o tempo será malo. -Cando o gato se está lavando e pasa a pata por encima da orella quere prever choiva.
2 LEGUMES E FROITOS
-En outono as mellores froitas podreceu
NABOS -Os nabos en outono fan ricosó seu dono. -Polo Pilar , os nabos na terra e o viño a envasar .
CASTAÑA-En agosto a castaña quere arder e en setembro beber. -Temperá é a castaña que por setembro regaña.
VIÑO-Ata pasar a Santa Rita e o San Urbán non digas que tes viño nin pan. -Viño de abril , un gran xentil; viño de maio pouco e malo.
PAN-Catro meses son de pan: marzo, abril, maio e San Xoán. -Corre maio polo pan que te pilla San Xoán coa súa muller barbuda, cos seus fillos todos seis vestidiños como reis.
ALLO -En nadal sementa o teu allal. -Pola Santa Lucía, o allo quere ve-lo día. -O que queira ter bon alleiro, que o sembre en xaneiro. -Se queres ter allo fino plántao polo San Martiño. -Se queres ter bo alleiro, bótao no menguante de xaneiro.
LIÑO -Polo San Martiño non se recollen fabas nin liño -Liño bo e liño malo florecen en maio.
VERZAS -Verzas de marzo, cesta no brazo. -En xaneiro as verzas saben como carneiro.
PATACAS -Se sementas as patacas en febreiro enchera-lo pataqueiro. -Se queres patacas comer, apícate en novembro a recoller.
CEREIXAS -O canto do merlo di: en maio e en xuño comerás cereixas como o teu puño. -Se por San Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove. -Maio co morodo, San Xoán coa cereixa e San Martiño mata a queixa.
O MILLO -Xuño quente, millo valente.
O TRIGO -Polo San Marcos o trigo nin nacido nin nos sacos.
HERVAS NOCIVAS -Corta cardos en abril e de cada un nacerán mil.
TRABALLOS TRADICIONAIS
A SEMENTEIRA. -Cando oias a rula rular é o cuco cucar colle o teu sachín e vai sementar. -Por San Marcos nin sembrado nin nos sacos.
A VENDIMA -O que queira boa vendima facer que se poña en setembro a recoller.
A PODA -En marzo, podar e cavar, que o que poda en abril ese é ruín.
A MALLA -O que queira bo inverno pasar que non deixe en agosto de mallar.
A COLLEITA -A horta en outono mantén o seu dono.
CAVAR -No mes dos mortos non mónde-los teus hortos. -En novembro cavar non che me lembro.
LABRAR -Ara en xaneiro e terás bo palleiro. -Labra en maio anque a auga vaia detrás do arado.
OUTROS -No minguante de xaneiro corta o teu madeiro.
A FACENDA—A HABENZA
A GALIÑA / O PITO
-Por San Antón xa a galiña pon. -O pito en xaneiro, en San Xoán é comedeiro.
OS BURROS -O primeiro de abril van os burros onde non queren ir.
A HERBA OU A PALLA PARA A FACENDA -Labrador xentil garda herba para abril e palla para maio -Ara en xaneiro e terás bo palleiro.
AS OVELLAS -Anque ovellas teñas mil, non as rapes en abril. -Por San Xoán colle o lobo ó carneiro pola lan.
AS VACAS -Sácame a marzo se non pacio rasco e entre verde e seco encho o foleco.
O PORCO / A MATANZA -Outono a chegar, porco a cebar. -O que queira os chourizos curar, en decembro debe matar. -Ó chega-lo San Martiño, mátase o porco e próbase o viño. -Febreiriño frebas dá, se non as deu xa as dará. -O que queira bon entrecosto que cebe no mes de agosto.
ANIMAL MÍTICO -Pola Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado e o raposo medio criado. -Por xaneiro e febreiro os lobos baixan ó palleiro.
1º DE ESO |
|
|