|
No noso entorno e, estamos a falar do noso Concello, podedes atopar moreas de
cousas, pero como non podemos falar de todo, faremos cal bolboreta un
pouco de cada flor.
Para empezar vamos o mais antiguo OS CASTROS
Entre eles temos o de BRIO ou BRIGO ou a Tara , é o mais elevado do
Courel, está casi tapado e os muros foron practicamente derruidos, pois os
veciños botaban o pan alí atá fai poucos anos.
CASTRO DA TORRE este é o unico que está a medio escavar é ademais
está señalizado.
É un exemplo dos castros das partes altas estratexicamente situados, para
controla-lo paso o longo da conca do rio Lor.
CASTRO DE VILAR Sitúase sobor dun espolón alongado que se orienta en
dirección norte sur,contiguo a aldea de Vilar, e un meandro do Rio Lor.
Este Castro é o mais espectacular de todos , tamén é algo perigroso sobor
de todo se vades con nenos.
Hai moitos mais castros nalguns xa hai asentamentos contemporaneos Castro de
Romeor, Castro Portela ....
CASTRO PORTELA
Según a lenda
víanse pegadas da ferradura do cabalo do apóstolo Santiago,que saltou o
val dende os montes situados o lado oposto do río.
Atopáronse
sepulturas en caixas de pizarra, nas proximidades da ermida.
CASTRO ROMEOR
Emplazado entre Romeor e
o Castro.
Nas súas
inmediacións apareceu unha
sepultura que no seu interior contiña 2 pezas
de cerámica moi ben conservadas.
O máis
característico deste castro é un ancho murallón que o atravesa en toda a súa
lonxitude de N. a S. e que no lado N. xira hacio o O. formando un parapeto
defensivo paralelo o foso.
CASTELO DO CARBEDO
Situado preto
de Esperante.
O promontorio
sobre o que se levanta foi anteriormente un castro sobre o que se construiu a
torre medieval, de planta lixeiramente triangular, que aproveita unha roca de 20
m. de altura como defensa natural.
Na actualidade
esta prácticamente en ruinas. Consérvanse algúns muros, restos dun torreón circular de pizarra, parte da planta e de
un alxibe coas súas escaleiras.
Pertenceu o
cabaleiro Don Nuño
Pelaéz, que o donou a Orden de Santiago.
O sur deste
castelo na torre de Cabreira, situada
no monte Cido apareceu a Tésera de hospitalidade.
.
MONTE CIDO.
Aqui atopanse tumbas, na zona hai xente que cree que
este foi o monte Medulio. Outros pensan que foi Pico de Brío
MINAS
MINA DA TOCA
Localizada no
monte Da Toca, a 2 Km. Do lugar de Piñeira.
A simple vista
é un gran socavón de case 700m. de lonxitude.
Atopouse nela
un muiño circular de man, que
puido ser utilizado para tritura-lo mineral.
Os canles de
conducción da auga, podense ver dende a carretera que vai de Seoane a Romeor e
Zanfoga. Actualmente son utilizados como camiños para o gando.
MINA DO TURUBIO OESTE.
Situada na
parroquia de Esperante.
Conserva parte
dun muro do depósito da auga e unha galería.
COVAS

COVA DE TRALA LASTRA
Accedese a ela
dende Mostad por un camiño que baixa o río Lor pasando pola explotación mineira de Torubio.
COVA DO EIXE
A boca da entrada esta partida en 2 por unha columna
estalagmítica está situad entre Mercurin e o castro de Brio, de frente
está a cova das Choias, que ten forma de pozo.
O cadelo está de visita
COVA DO OSO
Situada na parte alta do valle de Rogueira, a 1.5Kms. o E.
de Parada.
Ten 3 entradas
próximas entre sí, a principal é a que da nome á cova.
COVA DO LONGO DO MEO
Situada o
fondo do val de Rogueira.
COVA DA CEZA.
Situada en Noceda, nela hai estalactitas e estalagmitas.
A entrada é pequena,
pero a medida que nos adentramos nela é máis ampla.
No seu interior hai dous camiños que conducen a un lago
moi profundo que hai dentro da cova.
A súa auga é moi cristalina e vai facendo como escaleiras.
FLORA

OS SOUTOS.
Os soutos son grandes espacios de castiñeiros.
Atópanse en tódolos
lugares e constituiron unha gran fonte de riqueza.
A castaña era un dos
alimentos principaiss, sustituindo en moitas ocasións o pan e as patacas.
Ademais tamén producen madeira que se utiliza na fabricación
de mobles, na construcción…
A esto debemoslle añadi-la súa riqueza paixasística.
O redor dos soutos hai toda unha cultura.
DEVESA DE
ROGUEIRA
Gran riqueza
de vexetación: carnabudos,teixos, faias, abedules, piornos…
No centro hai unha fonte que .....¿que ten a fonte?
que nun espacio de 2 ou 3 metros ten dous caños na pedra e que polo da dereita
sae auga ferruginosa e polo da esquerda auga calcarea. Ademais é moi medicinal.

A LUCENZA
Nas cercanias da devesa da rugueira está a lucenza
coñecida pola lagúa de orixen glaciar, chamada a lagúa de lucenza
DEVESA DE PADERNE
A riqueza é a mesma que na de Rogueira, pois as caraterísticas
son semellantes.
As duas foron expoliadas nos anos 50, a pesar do cual, aínda
conservan grandes exemplares, debido en parte, ó difícil acceso das máquinas.
DEVESA DE ROMEOR
Ten unha riqueza semellante as outras duas, ademais nesta
devesa encóntrase un tunel que comunica coa provincia de León.
ENCINALES
Nos lugares de Moreda,Mercurín e Seoane,
hai extensions considerables de encinos que se utilizan para leña.
Hai unha gran riqueza de flores, arbustos en calquer rincón
podes atopar moita variedade.
Fauna
Zona moi rica, tanto en cantidade como en variedade. Os
animais máis característicos son: o lobo, o raposo, o xabarín, o corzo, o
esquio, a algaria, a garduña, a londre (nutria), o lagarto arnal, a cobra, as
troita as aguias, os peneiriños, os pombos, as perdices, o paporrubio, o
carrizo.
A AUGA
O RIO LOR. 
Río de montaña,
rico en troitas.
Foi a vía de
penetración natural do Caurel ó longo da súa historia, fundamentalmente na
procura de xacementos minerais.Hasta hai pouco tempo no seu último tramo aínda
aparecían pepitas de ouro.
O seu caudal
aproveitouse para manter numerosas aceñas
ou muiños (a da Ferrería, Valdomir, Froxán,…) e tamén ferrerías, como a
de Seoane.

FERRERIA DE
SEOANE
É unha casa
vivenda que continúa habitada.
Ó lado hai
unha aceña en perfecto estado de conservación.
A tradición conta que foi feita por soldados franceses
prisioneiros da guerra da Independencia.
Quizais sexa unha das máis monumentais de todas cantas houbo
na provincia de Lugo, sobre todo pola altura do banzado, que remata por enriba
con lousas que algunha chega a medir 6 m. cadrados, e polo rebordadoiro da auga
sobrante, que cae a 10 m. de altura entre dous torreóns que semellan máis dun
castelo que dunha ferrería.
Últimamente foi rehabilitada, pero non está aberta ó público.
MINICENTRAIS HIDROELECTRICAS .
Foron as chamadas plantas da
luz, na Ferrería de seoane ,existía unha que surtía de fluído
eléctrico o lugar de Seoane, tamén no Rio Pequeno habia outra para dar
este servicio o lugar do Mazo.
MUIÑOS OU ACEÑAS
Tanto no Rio Lor coma en
calquera dos carrozos había un muiño ou aceña e hai imnumerables
polos carrozos, sendo os máis coñecidos o da Ferrería de Seoane, o de Romeor,
o de Valdomir o de Ferreiros de Baixo, xa que son os que mellor se conservan.
GANDEIRÍA
|