|
|
|
|
OS ALBARES
Nas ladeiras que bañan os ríos Lor e Lóuzara, podemos observar ducias de albares ou albarizas.
Estes, son antigas construccións feitas con bloques de pedra onde se gardaban as colmeas que contiñan o mel.
Tempo atrás, no Caurel había poboacións de osos, por iso a existencia dos albares para protexer o mel; un producto moi apreciado da zona e de gran calidade.
A estructura destas construccións é moi semellante en tódolos casos. A partir dunha base circular, levántanse as paredes que miden de un metro e medio a dous metros de altura aproximadamente. O grosor destes muros depende do grosor dos bloques de pedra empregados na súa construcción. Accédese ó interior a través duna pequena porta de entrada.
Para impedir que os animais salvaxes salten ó interior, colócase na parte superior dos muros unhas pezas de pizarra ( lousas ) puntiagudas e sobresaíntes. No interior, dispóñense unha serie de “ asentos “ onde se colocan as colmeas.
Os albares son tipo de construcción moi resistente. Aínda hoxe se poden observar perfectamente os seus muros perfectamente conservados, a pesar do abandono e de que a maleza cobre o seu interior e os seus arredores.
Información recollida dos veciños de Vilamor de Caurel.
María Vila López 4º E.S.O
OS EGIPCIOS
O antigo Exipto ocupaba unha estreita franxa de terreo ó longo do Val do Nilo e estaba rodeado a ambos lados por extensos desertos. Ás beiras do Nilo creáronse aldeas porque había boas terras de cultivo. Na primavera o Nilo recibía as augas do deshielo das montañas do baixo Exipto e en xullo tiña lugar a crecida, que inundaba as ribeiras do río. Pasados varios meses as augas retirábanse e deixaban un terreo moi fértil. Co tempo as aldeas agrícolas do Val do Nilo agrupáronse en comunidades grandes que, sobre o ano 3100 a.C. deron lugar a dous reinos: o Baixo Exipto e o Alto Exipto. Os dous reinos estiveron en guerra ata que o rei Menes do Alto Exipto gañou e unificou o Alto e o Baixo Exipto e mandou construír a capital do novo reino en Menfis.
Os exipcios cultivaban cebolas, allos, uvas, melóns, granadas, figos e dátiles. Facían viño de uva e de granada. As colleitas principais eran as de trigo e cebada, que servían para facer pan e cervexa. Normalmente engadíanlle mel ou allo ó pan para facelo máis saboroso. Tamén criaban vacas, ovellas, cabras, porcos, patos, gansos e pombas. O gando destinábase ós traballos agrícolas e a obtención de carne. Como os pastos eran escasos as vacas acostumaban vivir en cortes. A terra non se podía traballar durante a crecida do río. Os campesiños esperaban a que baixaran as augas en novembro para preparar os campos e sementar. Na primavera toda a familia axudaba coa colleita.
Os exipcios intentaban evitar a corrupción de cadáveres porque pensaban que os mortos vivían no Máis Alá despois de morrer. Os cadáveres embalsamados son as momias. Preparación da momia:
Os primeiros ataúdes foron simples caixas de madeira. Durante o Imperio Novo utilizáronse dous ou tres ataúdes con forma humana chamados sarcófagos, que encaixaban un dentro do outro e normalmente estaban decorados con cores alegres. A tumba dun exipcio rico contiña todo o que o defunto puidese necesitar no Máis Alá. Os reis eran enterrados con magníficos tesouros pero os ladróns non tardaron en saquear as tumbas. Durante os imperios Antigo e Medio, os exipcios construíron unhas pirámides colosais que servían de tumba ós seus reis (os faraóns). Hai máis de trinta pirámides en Exipto e as máis famosas encóntranse en Gizeh, onde foron enterrados tres grandes faraóns e as súas esposas. A Gran Pirámide de Gizeh é o monumento de pedra máis grande que existe. Ten 147 m de altura e está construída con máis de dous millóns de bloques de pedra. Durante o Imperio Novo as tumbas dos faraóns foron escavadas a gran profundidade en rocas dun lugar secreto. Aínda que era moi difícil localizalas todas foron saqueadas menos a de Tutankhamón.
Exipto foi invadido polos hicsos ó redor do 1720 a. C. Con cabalos e carros de guerra, foilles moi fácil vencer ós soldados exipcios, que aínda loitaban a pé. Cando os exipcios dispuxeron de carros de guerra propios, expulsaron ós hicsos e iniciaron a conquista de territorios veciños ata crear un vasto imperio. Os exipcios ían a guerra ó mando dos faraóns, que eran excelentes soldados. O faraón guerreiro máis famoso, Tutmosis III, conduciu o seu exercito a guerra en 17 ocasións. O imperio exipcio alcanzou máxima expansión durante o seu reinado. Os inimigos máis perigosos dos exipcios foron os hititas. O faraón Ramsés II estivo na guerra con eles durante 30 anos. Finalmente, os dous países fixeron as paces e Ramsés casou cunha princesa hitita.
Os exipcios tiñan minas de ouro, que explotaron para pagar as mercadorías que necesitaban adquirir. Practicaron o comercio con países do imperio e máis alá das súas fronteiras. Os mercadores exipcios chegaron ó país de Punt, na costa oriental africana, en busca dos prezados árbores da mirra, que servían para fabricar incenso aromático. En Exipto non había moitas estradas porque serían arrastradas polas crecidas do Nilo. A mellor forma de viaxar era en barca polo Nilo.
Á corte do faraón acudían xentes de todos os confíns do imperio. Traían mercadorías para comerciar e valiosos agasallos para o faraón, que en realidade eran tributos (impostos) que todos os pobos conquistados tiñan que pagar. Algúns gobernantes estranxeiros enviaban ás súas fillas para casalas co faraón, que tiña varias esposas.
Os deuses e deusas exipcios eran moi numerosos ( Ra, Tot, Anubis, Amón, Horus, Maat, Isis, Osiris...). A maioría estaban relacionados con determinados animais e para que fosen recoñecidos con facilidade representábanse en pinturas e esculturas coa cabeza do animal. Os exipcios construíron numerosos templos enormes de pedra a beiras do Nilo. Segundo as súas crenzas os deuses vivían nos templos. En cada templo había unha estatua do deus que o habitaba. Os sacerdotes espertaban ó deus pola mañá e encargábanse de lavar, vestir e alimentar a estatua mentres recitaban pregarias. Ó pobo non lle estaba permitido entrar no templo. A xente so observaba a estatua do deus cando saía en procesión pola cidade durante as celebracións relixiosas. Nos templos tamén había talleres de artesanía, bibliotecas e escolas. Todo tipo de persoas traballaban no templo. Algúns nenos, fillos de familias acomodadas, aprendían a ler e escribir na escola do templo. As nenas non ían á escola; as súas nais educábanas na casa.
Os
exipcios empregaban debuxos e signos chamados xeroglíficos para escribir. Os
escribas realizaban os seus escritos sobre papiro, que se obtiña dos talos
dunha planta. A tinta fabricábase en bloques sólidos e había que mesturala
con auga.
REFRÁNS
En maio, inda a vella queima o tallo. Auga en San Xoán, mata o viño e non fai panAugas en Abril enche o carro e o carril.Marzo marzolo, trebón e raiolo.
Febreiro, xeada na leira e cachopo na leira.
En Decembro, descansar; en Xaneiro, traballar.
En Novembro, cavar non che me lembro.
Unha árbore con doce canas cada cana catro follas, cada folla sete fillos, cadaquén ten o seu nome; adiviña ti, se es home.
Augas en outono, non lle convén ó xornaleiro nin ó seu dono.
Sávame lume de San Xoán que non me morda cadela nin can.
Das cereixas ós figos somos amigos, dos figos ás cereixas aínda ma darás as queixas.
Tempera e a castaña que por Setembro regaña. Outono a chegar, porco a cebar.
En Setembro come e vende, máis non sexa tanto o venda que non quede que comer.
Con San Cibrán acaba o verán.
Anda contento que anda Xónas dentro.
Polo San Mateu, vendima ti, vendimarei eu.
O que ten vergonza nin come nin almorza, o que non a ten almorza ben.
San Cosme e San Damián, con doutor ou sen doutor, os teus males saldrán.
Nin viño nos baixos, nin trigo nos cascallos.
A pobre non promete e a rico non debas.
Se de ti queres que falen ben, non fales mal de ninguén.
Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
O que do mundo queira gozar ten que oír, ver e calar.
Máis vale perder un minuto na vida que perder a vida nun minuto.
O que anda ó reves anda o camiño máis dunha vez.
Se en outono sentes tronar, aumenta o palleiro e agranda o pallar.
Os nabos do outono fan rico o seu dono.
O que senta na pedra nunca fala ben dela.
Vale máis unha onza de prudencia ca libra de ciencia.
Ano de voces, ano de voces.
Se queres ter boa fama que non che dea o sol na cama.
Quen queira ter allo fino, que o poña polo San Martiño.
O de mozo non traballa, de vello dorme na palla.
Non merques a quen mercou, merca a quen herdou que non sabe o que custou.
Non lembra o cura cando foi sancristán.
ALBERTO ÁLVAREZ GALLEGO 3ºE.S.O.
O violín de Auschwitz
Un coñecido trío musical actúa nun concerto en memoria de Mozart. No evento, participan outras agrupacións como unha orquestra, na que destaca o violín solista. Os compoñentes do trío en especial Clemente, interésanse por conecer á intérprete. O rapaz fala con ela, e logo de observar o violín, e ver que é de moi boa calidade, pregúntalle sobre él. Ela so lle dí que é un recordo familiar xa que fora feito con gran dedicación polo seu tío Daniel. Os músicos xa estaban rematando a súa xira de concertos nesas terras, polo que tiñan que marchar, sen antes propoñerlle a Regina se aceptaba participar nalgún concerto do grupo. Cando se dispoñen a marchar, Gerda entrégalle a Clemente uns papeis de parte de Regina. O avión despega, e no entanto, Clemente olla os papeis nos que se conta a historia do violín. A HISTORIA DO VIOLÍN: Daniel era un mozo Xudeu, de profesión violeiro, pero pouco importaban a idade e a profesión nos campos de concentración;porque os duros traballos , os castigos e as condicións infrahumanas, vivíanas todos por igual. No campo dos Tres Ríos, ó mínimo erro cometido polos prisioneiros, por mio pequeño que fose(por exemplo quedar durmido) eran castigados duramente. Certo día, por casualidade, é chamado á casa do Sturmbanfuhrer onde actuaban tres prisioneiros músicos. Un dos violíns, tiña unha fenda e desafinaba, Daniel, arriscandose a ser castigado, ofrécese voluntario para arranxalo. Pola súa arroutada de arranxar o violín, salvárase dos experimentos do médico do campo. Por orde do comandante, Daniel tiña que construír un violín coas medidas exactas dun Stradivarius. Tódalas mañás traballaba no violín, logo, nunha fábrica de armas. Día a diá sucedíanse novos asasinatos, castigos... no campo, cada vez era máis duro, pero Daniel confiaba en que mentres estivera no obradoiro facendo o violn, estaria a salvo. Aínda que se enterou polo músico ( Bronislaw) de que o médico e o comandante aposteran : se gañaba o primeiro, faría experimentos con Daniel, e se gañaba o segundo tería unha caixa de viño. Dias máis tarde, Bronislaw que traballaba na cociña, axudaba ó luthier para rematar o violíin. Rematando o violín, os musicos darían o recital na casa do comandante,onde se decidiu que o instrumento era perfecto, o o comandante quedou con el. Daniel, nos días posteriores, andaba intranquilo, pois non sabían en que quedara o da aposta. Un día, foi chamando, para chegar unha camioneta na casa do comandante, e descubríu que era viño; entón soubo que estaba salvado.
Anos despois Regina, Clemente e os demáis, tocan para o xa ancián Bronislaw, quen sen saber nada, coñece á primeira o son do violín de Daniel. Emociónase ó recordar aqueles terribles tempos. Logo, pregúntalle á muller, que fora do luthier, se sobrevivira. Ela cóntalle que rematado o pesadelo, Daniel casa cunha moza chamada Eva e adóptana. Cando aforcaran a tódolos nazis, o luthier mercara nunha subasta o violín que construíra, e dende entón, o seu recordo permanecía imborrable mentres as inais mans de violinista acariñaban as cordas.
Crematorio
Arameada entrada Maria Vila
JUAN PABLO II
Juan Pablo II, foi papa en 1978, o primeiro non italiano desde 1953. A sua orientación enerxtica e a eficacia do seu pontificado, o seu firme conservadorismo e os seus viaxes por todo o mundo, realzaron a importancia do papado tanto dentro como fora da Igrexa católica.Primeira etapa da sua vida. ![]() Karol Wojtyla naceu o 18 de maio de 1920 en Wadowice (Polonia), e estudiou poesía e teatro na Universidade de Cracovia. Durante a II Guerra Mundial traballou nunha canteira de pedra e nunha fábrica química mentres estudiaba teoloxía. Ordenado sacerdote o 1 de novembro de 1946, dous anos máis tarde doctorouse en Filosofía polo Instituto Angelicum de Roma e en Teoloxía pola Universidade Católica de Lublin (a sua teses titulouse O acto de fe na doutrina de san Juan da cruz e versou sobre este místico español). Foi capelán univesitario e enseñou ética en Cracovia e Lublin hasta que, en 1958, foi nomeado obisto auxiliar de Cracovia. A sua orientación filosófica influida por Max Scheler, integrou os metodos e ideas da fenomelnoloxía na filosofía tomista. En 1960, baixo o seudónimo de Andrzej Jawien, publicou unha obra de teatro, La joyería. Consagrado obispo en 1958, en 1964 e nomeado arzobispo de Cracovia e en 1967 cardenal. Participou activamente no Concilio Vaticono II e represrntou a Igrexa do seu país en sínodos episcopais internacionais celebrados entre1967e 1977. Pontificado.O 16 de outubro de 1978, Karol Wojtyla foi elexido para suceder no pontificio a Juan Pablo I, falecido o 2 de setembro dese mesmo ano. O 13 de maio de 1981, cando entraba na praza de San Pedro do Vaticano, foi víctima de un atentado do que logrou recuperarse. Ademáis de continuar a sua prolífica obra escrita ( na que deben ser citados os seus traballos Amor responsable e fructífero e Signo de contradicción, ambos títulos publicados en 1979), consideración especial merecen as suas encíclicas. A primera de elas, Redemptor hominis (1979), demostra a conexión entre a redención de Xesucristo e a dignidade humana. Outras posteriores foron: Dives in misericordia (1980, acerca do papel de la misericordia en la vida humana), Slavorum apostoli (1985, sobre la posición da Igrexa en Europa Oriental), Dominum et vivificantem (1986, que planteaba las virtudes de la doctrina católica frente a las creencias ateas e materialistas), Redemptoris Mater (1987, que resaltaba o papel da Virxe María como fonte de unidade cristiá), Sollicitudo rei socialis (1988, acerca da influencia dos problemas económicos e sociales), Centesimmus annus (1991, conmemorando o centenario da encíclica Rerum novarum de León XIII, que criticaba tanto o marxismo como o liberalismo extremo), entre outras. Despois de revisar o entonces vixente, o 25 de xaneiro de 1983 promulgou o novo Código de Dereito Canónico da Igrexa católica, que entrou en vigor o 27 de novembro do mismo ano. Ademais, o 11 de outubro de 1992 aprobou o novo Catecismo da Igrexa católica.
Juan Pablo II
opuexose o proceso de secularización eclesiástica.
Redefinindo as responsabilidades dos laicos, os sacerdotes e as ordes relixosas,
rechazou a ordenación das mulleres e o nombramento de sacerdotes para ocupar
cargos oficiais ou participación directa na política. As suas xestións
ecuménicas inciais dirixironse máis hacia a Igrexa ortodoxa e a Igrexa anglicana
que hacia o protestantismo occidental. Influiu na restauración da democracía e a
liberdade relixosa en Europa Oriental, sobre todo na sua Polonia natal, e tratou
de loitar con enerxia contra os disidente no seno da Iglesia. Reafirmou a
posición católico a favor do celibato sacerdotal e contra a homosexualidade, o
aborto, os métodos artificillas de reproducción humana e o contral de
natalidade. A este respecto, en 1994 realizou distinta xestións en unión cos
musulmáns conservadores nun esforzo por aminorar as declaracións da Conferencia
Internacional sobre Población e Desarrollo das Nacións Unidas no Cairo. No seu
libro máis coñecido como, Cruzando o umbral da esperanza (1994),
desarrollou moitas destas posturas que caracterizaron o seu papado. Pese o progresivo deterioro da sua salud, Juan Pablo II non deixou en ningún momento de realizar numerosos viaxes apostólicos, xeneralmente os puntos conflictivos da escena política internacional. En novembro de 1996 entrevistouse no Vaticano co líder cubano Fidel Castro e en decembro de ese mismo ano con George Leonard Carey, arzobispo de Canterbury. En 1997 visitou Sarajevo (Bosnia-Herzegovina), a República Checa, Líbano, Polonia, Francia e Brasil. Esta actividade alcanzou tintes históricos en enero de 1998, cando visitou Cuba (según o acordado na antedicha entrevista con Castro) e, nos seus distintos mensaxes o pobo de aquel país, incidiu en temas tan controvertidos como os dereitos humanos, a situación dos exiliados e as suas familias, a liberdade de educación, a situación da Iglesia cubana ou o que considerou “éticamente inaceptable” o bloqueo económico sufrido pola isla. No 2000, Juan Pablo II tamén realizó dous significativas visitas a Exipto e a Terra Santa. Pese a sua salud, continuou a sua actividade apostólica a través de numerosos viaxes, como por exemplo os que o levaron en xulio e agosto do 2002 a Canadá, Guatemala e México, no transcurso dos cuales canonizou a Pedro de Bethencourt e a Juan Diego.
A morte O ser anunciada a sua morte, en medio do rezo do Rosario, o público presente na Plaza de San Pedro prorrumpiu en silbidos e aplausos. As luces da sua habitación no Vaticano apagaronse por un instante para comunicar de esta maneira o momento do seu fallecemento, pero logo foron encendidas de novo e así permaneceron, cando moitas persoas pensaban que se farían apagar e serían cerradas as fiestras no momento no que se confirmase a sua morte. A sua morte ocorreu as 21:37 horas de Italia do 2 de abril do2005 debido a unha septicemia e a un colapso cardiopulmunar irreversible, agravado pola sua enfermidade de Parkinson. No sua agonía, dictoulle o seu secretario, Stanislao Dzwiwisz, unha carta que decía: "Son feliz, sédeo tamén vostedes. Non quero lágrimas. Recemos xuntos con satisfacción. A Virxe confío todo felizmente". Eu busqueivos e ahora eles veñen buscarme. "Amén" A MATANZA
A matanza ou mata é un dos traballos máis famosos de toda Galicia. Aquí, no Caurel, tamén o realizamos. Case todos os habitantes deste lugar pasan o ano cebando e preparando os seus porquiños para os días do sacrificio. A matanza celébrase cando se achega o Nadal e consta de tres días de traballo: o día da mata, o da pica e o dos chourizos. Entre o día da mata e o da pica deíxase un no medio, e entre o da pica e o dos chourizos, outro. Normalmente nestes días córrense as tripas, é decir, quñitaselle unha especie de pel interior, e derrétense as graxas. Tamén hai un día adicado ás morcelas. As morcelas son unha mestura de arroz, aceite, azúcre, mazá, cabaza, e pera que se mete nunhas tripas .
O primeiro día de mata sacrifícanse os porcas seguindos estes pasos: primeiro sácanse os porcos da corte e túnbanse nunha “mesa de sangrar” (que é unha especie de banco pero sen respaldo) onde se apuñalan e se lles recolle o sangue para facer as filloas. Logo os porquiños son escaldados nunha caldeira chea de auga fervendo. Máis tarde ábrense e quítanselle as tripas e as vísceras. As tripas son entrepartidas ou separadas normalmente por un grupo de mulleres ben dispostas. Terminada esta tarefa, as tripas son levadas a fonte ou o río donde se lavan para despois poder meter o embutido dentro delas. Finalizado isto, xántase e comentase a xornada de traballo, entre outras cousas. Cando se remata de xantar a xente marcha para as súas casas ata a hora de cear que se volve reunir e fai festa ata a madurgada.
O segundo día, o da pica, ábrense os cochos e quítanselles as frebas e os ósos. As máis bonitas déixanse para os salchichóns e as outras son para os chourizos. Despois de pelar os ósos pártense para facer os botelos, que son os bandullos dos porcos recheos dos ósos. As frebas que se sacaran pícanse cunha máquina de picar. Logo chega a hora de zorzar. Aos chourizos bótaselle pemento doce e picante, ourego, sal, allo, e unha pouquiña auga; aos salchichóns simplemente se lles pon un composto que se compra chamado “ruca”. Tamén se zorzan as androllas, que son unha mestura de coiros picados e zorza dos chourizos, e os ósos do botelo. En canto á comida, neste día sóese comer frebas e costelas de porco cunhas salsiñas ben picantes que serven para entrar en calor nestes días de inverno.
O día dos chourizos, é o último día de mata. Nel embútense os chourizos, salchicóns, as androllas e os botelos. Neste día case non hai participación masculina, xa que normalmente as mulleres son quen fan este traballo. Elas encárganse de atar, tasar e embutir, aínda que para colgar a longaniza no fumeiro necesítanse un ou dous homes. Cando finaliza o día faise a cea, que soen ser uns ósos zorzados con cachelos, e ó final desta cea, para celebrar que todo saiu ben, destápanse unha ou duas botellas de cava.
![]()
SARA RODRÍGUEZ NOVO
O CAUREL FRANCÉS
Encontramos en Internet un pequeno pobo da rexión de champagne con 600 habitantes que se chama tamén Caurel. Está situado a máis ou menos 10 Kms o Noroeste de Reims. Aquí tendes unhas fotos que baixamos da rede: .
Tania Garrido
A NECRÓPOLE DE ROMEOR
Está emprazada nun bancal, quizais orixinado polos mesmos muros de fortificación do castro ó norte do actual cemiterio, tamén na explotación aurífera de Torubio pola parte este.
Fai uns cuarentaecinco anos uns buscadores de tesouros escavaron algunhas sepulturas rectangulares nas que nada se atopou. E apareceu un enterramento de forma circular duns catro pasos de diámetro; dentro, catro sepulturas segundo os puntos cardinais, apuntadas ó centro; xunto ó muro circular exterior un pequeno chanzo, interpretado como apoio da cabeza de cada leito; nos espacios triangulares que quedaban entre as sepulturas, sendas ánforas de barro, que non tiñan máis ca terra;romperon as ánforas e aplanaron todo. Tal cemiterio hoxe está a pasteiro. Non se recuperou a cerámica, que din quedou no sitio.
Margarita Regueiro
Romeor
|
|
|