|
|
|
|
EXCURSIÓN A O BARCO DE VALDEORRAS
O día 31 de maio os nenos e nenas de infantil e primaria fomos de excursión a O Barco de Valedoras. Tivemos que madrugar un pouco porque saímos as 9 da mañá de Seoane. Ao chegar a O Barco, visitamos unha cooperativa de viño da Denominación de Orixe de Valdeorras, Jesús Nazareno. Contáronnos que formaban parte dela mais de 400 productores de toda a comarca e explicáronnos todo o proceso desde que a uva chega á cooperativa, pasando pola fermentación, o embotellado , o etiquetado, ata súa saída para as tendas e os supermercados.
Despois fomos ata o Concello e alí fixemos un Obradoiro de requeixo. Non pensamos que fora tan fácil, só se precisaba leite quente e limón ou vinagre para cortala. Probámolo con azucre e a maioría gustounos, aínda que estaba mellor o feito con limón.
Tíñamos pensado ir comer a un parque, pero como chovía un pouco, deixáronnos un pavillón onde comemos e xogamos un bon cacho. Antes de coller o tren, fomos dar un paseo ata o río, onde atopamos un parque moi chulo para xogar un cacho nos columpios e nos tobogáns.
A saída do tren estaba prevista para as 16:20, así que chegamos un pouquiño antes, pero tivemos que esperar mais porque o tren viña cun retraso de 30 minutos. As 16:50 montamos no tren para Monforte. Chegamos a Seoane sobre as sete e media, cansados pero contentos.
EXCURSIÓN A LUGO
Os departamentos de Lingua Castelá e Inglés organizaron unha excursión a Lugo, que levamos a cabo o martes 17 de abril. Nela participaron os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, xunto coas rapazas de 6º de primaria. Fomos acompañados por Pilar (profesora de lingua castelá), Bela (profesora de inglés) e Andrés (profesor de matemáticas).
Ás 9:30h o autocar saíu dende a
“Caixa Galicia” de Seoane, aínda que, no seu traxecto, recolleu a alumnos de
varias aldeas. No seu percorrido fixo diversas paradas, xa que non todos os
compañeiros se encontraban en Seoane. Nun principio, a saída estaba prevista
dende o colexio pero iso houbo que modificalo. Ás 11:15h chegamos ó colexio “San
Xosé” para asistir á representación da obra de teatro Don Xoán Tenorio,
de Xosé Zorrilla e interpretada polo grupo “Eina d´Escola”. Eran catro actores
que fixeron unha representación magnífica, malia que, á hora de preguntar sobre
o contido da obra, ninguén se animou. Alí, había alumnos chegados de distintos
colexios, debido a que algunhas excursións foron concertadas xuntas.
principal. Os empregados tratábannos estupendamente, tanto que ata nos agasallaron con zumes e leite da súa fábrica. No autobús, repartímolos entre todos, sobraron algúns. Ás 18:00h aproximadamente saímos de Lugo. Chegamos con bastantes minutos de adianto da hora prevista ó Caurel. O certo é que foi unha experiencia marabillosa e pasámolo moi ben. O día segunte foi unha xornada laboral e eu, persoalmente, tiña os ósos descompostos de tanto andar dun lado para outro polo C.C. As Termas. Malia isto, apuntaríame as veces que fixera falla.
Jéssica Jato 2º ESO
ÍMONOS Á NEVE
O pasado día 13 de xaneiro os alumnos de Secundaria viaxamos ata Andorra. Dito día saímos de Pedrafita sobre as 12:00 h. da noite. Fixemos varias paradas nas que aproveitamos para descansar e comer algo. Pola mañá do domingo chegamos a Andorra, a verdade xa tiñamos ganas de ver como era aquilo, e de descansar un pouco. Nese día alugámo-los esquís para empezar a usalos xa ó día seguinte e tamén descansamos un pouco no hotel. Ó día seguinte levantámonos cedo para ir esquiar, almorzamos e marchamos para as pistas de esquí.
Sobre as 9:00 h. da mañá do sábado chegamos a Pedrafita, onde as nosas familias nos esperaban. Na miña opinión creo que todos o pasamos moi ben e que esperamos poder volver para o ano que vén, iso si, tamén penso que á parte das moitas anécdotas que traïamos para contar, algunha que outra mazadura trouxemos tamén!! Mais, aínda que houbese algunhas mancaduras (normais porque non sabiamos esquiar), penso que esta excursión foi unha experiencia única e oxalá a poidamos repetir para o ano que vén.
Eva Méndez 2º ESO
|
|
|