|
|
|
|
OS ALUMNOS DE 4º,5º e 6º de primaria queren falarnos dos seus pobos
José Antonio López Fojo 5º Primaria Meiraos e un pobo moi bonito, pero con moi pouca xente. No inverno hai unhas 25 persoas e no verán unhas 80 persoas. Abondan os soutos de castiñeiro e outros frutais como: Mazairas, cerdeiras, pereiras, nogueiras, etc. Tamen hortas de legumes, hortalizas, cereais e moitos prados de regadío. A mayoría de xente dedicase o gando e a agricultura. A igrexa é o monumento mais importante incluso da zona, esta situada nun punto do cal se divisa o río pequeno, a Serra do Caurel, o Castro de Brío, a Devesa de Paderne e a de Penido.... É do século XVII destaca o porche, a riqueza dos retablos, as alaxes e unha virxen moi antigua. A Igrexa está entre os pobos de Meiraos e Villasibil. Está feita con pedra caliza de cor gris azuada, recuberta de cal e con teito de lousa. Na parte posterior do templo hai unha campaiña coa que se chama a Misa. O redor deste templo varias fincas, algunhas propiedade da Igrexa, tamen hai as ruinas dunha casa, dicen que era un convento. O seu carón está o cemiterio. A festa da parroquia de Santa María celebrase o 15 de Agosto. Entre as moitas tradicions levaselle a Santa María a patroa da Parroquia de Meiraos unhas moedas, velas ou unhas flores. Outros costumes como ir descalzos a misa do 15 de Agosto estan a desaparecer. Igrexia de Meiraos Vista do pobo
Jessica Jato López 6º de primaria O meu pobo chamase Noceda é pertence ó concello de Folgoso do Caurel. Noceda ten a Cova da Ceza que ten 680m de lonxitude nos que se suceden grandes salas comunicadas con pasos estreitos, a tráves dos cales discurre un carrozo de 25m de profundidade localizado o final. É algo digno de ver, pero con precaución. A igrexa de Noceda esta feita de pedra .Ten grandes fortes é contrafortes é unha torre no teito. O seu patron é San Pedro. Ten 80 habitantes, é un dos lugares mais poblado deste concello, que se dedican sobre todo a agricultura é a ganderia.
EVA MÉNDEZ LÓPEZ 6º DE PRIMARIAO meu pobo chámase Parada e pertence o Concello de Folgoso de o Caurel, provincia de Lugo. Parada non e moi grande pero e un pobo bonito xa que sendo de montaña é moi chan. Nel viviron uns escritores chámados Uxío Novoneira e María Mariño Carou. Hai moi poucos habitantes pero todos nos levamos moi ben,. Tamén hai unha fonte moi grande e un río precioso, o mais bonito para min e o seu nacemento. Hai unha capela pequena que a utilizamos poucas veces, por exemplo pola festa facemos unha pequena misa. Tamén hai moitos muiños que todo o mundo visita sobre todo os que veñen de vacacións e que é unha pena que non os restauren. Non hai moito gando xa que a mayoría da xente son mayores e polo inverno marchan as cidades cos seu fillos e só volven no verán. O ser pouca xente non facemos festa, pero veñen as nosas familias e amigos e pasámolo moi ben, tamén ese día normalmente nos xuntamos todos nunha casa para charlar un rato e pasalo ben e os rapaces e rapazas imos dar un paseo polo pobo. Ten algunhas covas que son moi bonita pero perigosas. Está moi cerca da Devesa de Rogueira
PIÑEIRA DO CAUREL Melissa Sánchez Balo 4º de Primaria Piñeira é un pobo pequeño. Moi preto de Seoane, está na estrada que vai a Pedradita. En Piñeira está a Mina da Toca, son minas nas que estuveron os Romanos, sacando ouro. No tempo das castañas podense recoller montóns de castañas porque hai moitas arbores . Piñeira esta dividida en tres barrios moi separdos, e tamen hai moitas casas feitas por emigrantes . Ainda que é un pobo rural hai pouco gando.Case toda a xente está xubilada e os novos teñen outras actividades. O patrón e o S. Vicente ese día sempre se xunta a xente do lugar e os amigos e faise un baile e un día de convivencia na que disfrutamos todos.
TEIXEIRA Eva Pombo Teijeira 6º de Primaria E un pequeno pobo con 65 habitantes, dos que 9 son nenos/as, que se dedican a gandería, hai sobre 260 vacas casi todas son de carne, pois non recollen o leite e o queixo faise só para consumo . Hai unha buraca que se chama a Buraca das Grellas, por debaixo dela está unha cova que na entrada ten duas rochas, meteste nela e baixas por unha especie de escaleira por onde pasa un carrozo, e moi chula pero moi perigrosa. Hai un muiño que está en desuso, xusto por debaixo do muiño hai unhas cataratas. Tamen temos un albar que se utilizaba para gardar o mel pero agora utilizase para gardar unhas colmeas. Na época Mediaval no alto do monte habia unha forca que se utilizaba para aforcar a xente, e no pobo habia unha cárcere. Non hai tendas, nin supermercados pero, os mércores ven unha camioneta con pescado, os xoves ven un camión con varios productos comestibles ,e os sabados ven o panadeiro, alguns dias ven un coche con roupa . Temos moitas arbores pero as que mais abundan son os carballos.
SEOANE.Noemí Jato Ferreiro 5º de Primaria Seoane ten paisaxes moi bonitas donde se pode pasear por sendeiros numerosos.E o segundo pobo con servicios comercio, colexio, centro de saude, entidades bancarias........Seoane e o centro xeografico do caurel alto, desde él podense facer rutas de senderismo, como ir a Rogueira ... Brio...Toca........Tamen ten unha Ferrería rehabilitada.
por Marcos Vila López 5º de Primaria
A parroquia de Vilamor esta formada po-los lugares de: Froxan, Castro Portela, Vilar, Vidallon , a Campa e Vilamor. Vilamor é cabeza de parroquia , terá aproximadamente uns 30 habitantes, ainda que noutros tempos houbo moitos mais . As profesións mais destacadas eran: ferreiro ,cereiro , xastre , zapateiro, tecedeiras, ect. Tamen houbo vivindo na rectoral ata 8 curas. Vilamor ten un castro do que ainda se pode ver a muralla , os asentamentos das vivendas e as lousas de chapa cuña para defenderse dos enemigos . O Castro Portela era o castro da porta ou da entrada cara o resto dos castros.Avistabanse duns autros e mandabanse señais de aviso en caso de ataques . Uns cantos metros mais abaixo de donde se asenta o pobo de Vilamor, contan os nosos maiores que estaba ubicado o antigo pobo de Vilamor , que na quela epoca tiña o nome de Santa Maria de Frean, e sabemos de certo por algun veciño que ainda vive en Vilamor , que arando nas suas terras encontrou restos dunha pedra que utilizaban para moer o grau, e restos de tumbas . Nesa mesma zona hai localizadas varias covas de gran beleza Dicen que son tan fermosas as formas das estalactitas que antigamente crian que eran figuras que fixeran os mouros , de feito unha das covas mais fermosas chamase a cova da Moura . Fala a lenda , que nese lugar aterrizou o cabalo de Santiago despois de pegar un incrible pero certo salto dende o Alto do Boi mentres que perseguia os mouros. TRADICIÓNS. En Vilamor celebrase o 25 de Xaneiro a festa na honra de San Vicente e no mes de xuño a festa de toda a parroquia o día de Corpus. A festa do San Vicente como se celebraba no inverno e o tempo era tan frio e humido, facian a festa nos curros das casas ,sobre unha esterqueira de toxos . Co tempo a festa foise deixando de facer pola falta de mocidade, pero hoxe en día volvémola recuperar da seguinte maneira: O dia anterior vaise rozar os toxos para que sequen .O día seguinte a maña ven de cedo preparanse pinchos e comidas tipicas do Caurel como, as castañas , xamón ect. despois faise a misa na honra de San Vicente . Cando acaba a misa vaise o monte polos toxos. A tarde xuntamonos todos e comeza o baile enriba dos toxos, tocanse as seguintes pezas: PASODOBLE, JOTA ,MUIÑEIRA E VALS. Dase boa conta dos pinchos. Un xurado popular decide quen e a parexa que gaña e daselle un premio.
Outra celebracion importante e a de Corpus , coa tradicional procesion con gaiteiros e tamborileiros do Caurel. Anos atrás facianse carreiras de carrilanas feitas polos propios conductores en madeira. Pola tarde xogábase: os bolos, a chave e outros xogos populares, e tamen se facian xogos, para os mais cativos . Tamen habia a costume de preparar a cesta coa mernda e se o día estaba bon, comiase nos arredores da festa.
Victoria Pol Seoane 6º de Primaria Valdomir é un pobo da parroquia de Folgoso, está preto de outros 2 pobos: A Pendella e o Touzón. A Valdomir podémolo chamar o pobo da auga. Pasa un rio, o Lor, este tramo non está acotado e hai moitas troitas, por iso cando se abre a pesca,ven moita xente a pescar. No verán, ven moita xente o rio, xa que usamos os prados de praia . Preto de Valdomir, tamén hai unha pincheira:a Cascada de Rexío. Para cruzar o río,.Hai uns anos habia unha ponte de madeira, agora (haberá 20 anos) hai unha ponte de cemento. Tamén ten unha aceña, pero habería que restaurala.
.
Alexandre Valin Roca 5º primaria Paderne e un pobo pequeno de poucos habitantes solamente habera trinta ou vinte,agora sobre todo o fin de semana somos mais xente, porque están na casa de Turismo Rural. No pobo as casas son de pedra e os teitos son de lousa . En Paderne, hai un Castro e os de antes decían que habia unha porta para entrar dentro da Torre Se subes un pouco hacia a Devesa vense os outros lugares da parroquia, Miraz de arriba Miraz de abaixo, Villasivil e Meiraos. Ten A Devesa, na que hai unha gran riqueza de flora e de fauna nela podense ver dende toxos, fentos arandeiras, morodos......ou faias, tiesos, carnabudes.......e de fauna corzos, xabariños, raposos, serpes, aguias, gatos monteses, algarias, garduñas............... Tamén hai unha cova que se chama Cova de Tralacosta, din dela que é moi interesante, pero tamen peligrosa A Capela foi restaurada fai pouco tempo, pero fixérono adaptándose a arquitectura popular, usando madeira de castaño, pedra e lousas. As festas fanse o primeiro fin de semana de xullo.
ROMEOR DO CAUREL .Montserrat Méndez Puig 4º de Primaria
Romeor é un pobo do concello de Folgoso do Courel na provincia de Lugo. Hai casas das de antes, feitas de pedra e madeira, nos ultimos anos fixeron algunha casas das actuais, ten un rio que atravesa o lugar polo medio, agora hai poucas, pero fai uns anos podíanse coller as troitas dende a cociña. En Romeor hai un acueducto romano , é un tunel, que Comunica coa provincia de Leon, que fixeron os romanos para levala auga para as minas do TORUBIO, nestas minas, das minas sacabase ouro, estas minas estan moi cerquiña de Romeor, no Lugar de Millares. Hai unha cova moi fonda Tamen hai un castro, Hai unha devesa grande e moi bonita..nela, podemos encontrar árbores coma os pinos, teixos, xestas, xardóns... e animais coma: o esquío, corzo, xabarin... Tamen hai unha fonte moi antiga.
Santa Eufemia Lucia Vázquez Rodriguez
Sta Eufemia é un lugar do Concello de Folgoso do Courel, coma todolos lugares deste concello, está rodeado dun souto de castaños, e na ladeira dunha montaña, xusto na estrada que une Seoane do Caurel e Quiroga, e a 18 km de cada sitio As casas están resatauradas con materiais modernos e pintadas de branco, as calellas son de cemento, no centro do lugar está unha fonte e a capela, que tamen foron restauradas fai uns anos. Tamen coma os demais lugares a maior parte da xente é maior, somos só dous nenos, claro que somos poucos os veciños. Antes a xente adicabase a agricultura, hoxe a xente que está en activo traballa nunha louseira, que está perto do lugar. Fai anos houbo unhas minas de ferro, hai xente que conta como era aquelo. É un lugar moi coñecido pola louseira, xa que hai xente que está en contra e outra que está a favor, por eso hai moita polémica incluso fora do Caurel.
|
|
|