| |
O contorno no que se atopan as distintas edificacións nas que se
desenvolve o proceso de ensino-aprendizaxe atópase en dúas alturas. Na altura
superior atópanse o edificio máis antiguo e o máis moderno. Na parte inferior
atópanse o edificio de ensino infantil, as pistas deportivas, e os pavillóns
polideportivos. Castiñeiros prantados cando este centro escomezou a funcionar
apórtanlle ó conxunto un aire de arraigo histórico mesturado cun remanso de
tranquilidade nesta, de seu, sociedade rural.
O edificio principal, o máis antiguo, está formado por unha nave
central na que se atopa o comedor, os distintos departamentos da E.S.O e a sala de gardas.

Mirándoo de frente, á dereita ten anexas tres ás nas que se atopan as
aulas de ensino primario. Á esquerda están as tres ás, soldadas tamén á nave
central, nas que se atopan as aulas de ensino secundario. Para acceder ás
últimas ás é preciso subir a un segundo andar.
Máis á esquerda deste edificio principal atópase unha edificación, de
reciente construcción –inaugurada o ano pasado co gallo da implantación
definitiva da E.S.O. no centro-, independiente na que se atopan a biblioteca, a
aula de informática, a sala de profesores, a aula de música, a aula de
tecnoloxía, a aula de debuxo, as dependencias de xefatura de estudios, dirección
e secretaría.

O edificio que alberga o alumnado de ensino infantil atópase á esquerda
desta nova edificación. Tamén é utilizado por dous grupos do primeiro ciclo de
ensino primario. Trátase de unha edificación en dous andares na que o primeiro
sempre queda reservado para o alumnado de tres anos.

Nas pistas polideportivas lévanse a cabo distintas actividades
deportivas, xeralmente guiadas por un responsable de cada deporte nas horas de
lecer, sempre e cando o tempo o permite. As clases de educación física teñen
lugar neste emprazamento cando é posible. Os pavillóns polideportivos teñen o mesmo aproveitamento.

|
|