XEOLOXÍA |
| PORTADA>DEPARTAMENTOS>DPTO. CIENCIAS DA NATUREZA>XEOLOXÍA>AS ROCHAS |
AS ROCHAS A nosa costa pertence ao tipo mesomareal dado que o seu rango mareal comprende entre 2 e 4 metros. Os ciclos de mareas son semidiurnos, presentan dúas preamares e dúas baixamares dunha duración aproximada de 6 horas. Ao longo do ano presentan rangos diferentes correspondendo os seus extremos a ciclos de mareas vivas e ciclos de mareas mortas. As mareas vivas prodúcense dúas veces ao mes: nas fases de lúa nova e lúa chea. As mareas mortas nas fases de cuarto crecente e minguante. Os parámetros que nos indican a abundancia e a natureza d os materiais que imos atopar na costa son: o clima, a vexetación, o tipo de area mai e o relevo. Os materiais que atopamos na liña da costa tamén proceden do desgaste dos acantilados. A configuración de a costa está formada por penas de diferente resistencia. As rochas máis resistentes son os granitos, granodiori tas e magmatitas. Estes tipos de pena dan lugar aos cabos ou puntas que limitan a ría. Os acantilados son constantemente desgastados polas ondas chegando a desprenderse grandes bloques, que forman un depósito caótico ó pé do acantilado. Estes vanse desgastando co paso do tempo, pola acción mecánica do mar, alimentando as correntes mariñas de partículas que nutren as praias máis próximas. O resultado da acción das mareas e das ondas é o retroceso do acantilado e a formación dunha plataforma chamada de abrasión que presenta unha morfoloxía máis ou menos chá desenvolvida no nivel de baixamar pero que garda relación con superficies resistentes á erosión. Cando as plataformas de abrasión ocupan coutas superiores por efectos tectónicos se denominan rasas mariñas. Están a diferentes alturas e son as que nos indican a posición relativa da liña da costa ao longo do tempo. Outros elementos que se poden atopar nas plataformas de erosión son os ocos con algún canto na súa interior, de tal maneira que as correntes os remexen e as partículas actúan como martelos ampliando a cavidade. Nos acantilados é moi común encontrar grutas producidas pola acción mecánica do mar. A erosión mariña na costa rochosa tradúcese en varios mecanismos. O primeiro podería ser a corrosión que provoca fenómenos de disolución en materiais graníticos debido á meteorización química da auga salgada. Outro mecanismo é a corrosión que é a erosión que producen as partículas de area ou grava que leva a onda producindo un importante desgaste no acantilado. Cando estas partículas son de tamaño grande (anacos de pena) se chama atrición. O último mecanismo, un dos máis importantes, é a compresión-descompresión do aire que se produce ao romper a onda sobre os ocos e diaclasas. É a acción hidráulica. Outro trazo do litoral que nos da información da dinámica costeira son as chamadas" ramplas de bolos ". Isto prodúcese por efectos de acumulación de penas esféricas redondeadas pola acción mariña. Correspóndense con depósitos dun período interglaciar, cando o mar presentaba a liña de costa varios metros por encima do nivel actual. Os materiais costeiros graníticos presentan un redondamento: O mar moldea a forma das penas e as fisuras. Ao mollalas , o sal que contén a auga mariña cristaliza entre os grans minerais que ao hidratarse aumenta o seu volume, desprendendo estes minerais. Este proceso chámase haloclasticidade. Outro fenómeno moi común é a presencia da erosión por efecto da auga salgada acompañada ás veces de fortes ventos, dando lugar a pequenos buraquiños. Cando estes ocos están na superficie da masa granítica se chaman pozas e cando están no interior se chaman " taffonis". As masas graníticas que non están pegadas á costa tamén presentan unha morfoloxía máis ou menos redondeada orixinada pola meteorización química ou a acción mecánica das partículas que transporta o vento. Os granitos son facilmente recoñecibles por estas morfoloxías, sendo moi común na paisaxe granítica os típicos "bolos" orixinados a partir de diáclase nas grandes masas graníticas, os cales vanse separando e redondeando cada vez máis ata dar unha sensación de inestabilidade . Nas fracturas que presentan estas masas instálase a vexetación. Estas penas formadas a grandes profundidades están sometidas a un estado de contracción debido á forte presión sufrida durante os procesos oroxénicos corticais.Ao atinxir a superficie a rocha expansiona lixeiramente e debido a isto sepáranse grandes follas da pena mai subxacente. Estas novas superficies de fractura son un tipo de diáclase chamado "Sheelingstructures".Estas estructuras foliares son xeralmente paralelas á superficie topográfica. Estas masas graníticas constitúen, en Galicia, grandes superficies aflorantes que se denominan batolitos. As diáclase nos acantilados graníticos facilitan o cuarteamento dos bloques, a erosión nas fisuras e fai que se deslicen, por efecto da gravidade, cara o pé do acantilado formando depósitos caóticos de pedregais. Os saíntes costeiros son as zonas do litoral que están máis castigadas po l a acción das ondas, mentres que nas zonas do interior das rías dominan máis os procesos de mareas. A zona rochosa constitúe un lugar idóneo para a instalación de numerosos organismos debido ao movemento permanente de auga e ao elevado número de microclimas que se poden atopar nos diferentes substratos ( pozas, trincheiras, gretas...) Hai dous factores que determinan a instalación dos seres vivos na rochosa:
Considerando estas variables teremos en conta que os espacios que colonizan a nosa costa sofren pequenas variacións en cada sector. |