Esta
páxina web foi elaborada polo Departamento de Tecnoloxía
do C.P.I. "Santa Lucía", durante o curso 2003-2004.
O C.P.I. "Santa Lucía" atópase situado no
concello pontevedrés de Moraña, concretamente na rúa
7, no nº 34, dentro da pequena área metropolitana que
ocupa a capital do concello, Santa Lucía, que lle dá
nome ó Centro.
Moraña é un pequeno concello de 43 km cadrados de superficie,
composto por nove parroquias á súa vez, e conformado
por aldeas e pequenos núcleos de poboación máis
ou menos illados, cunha distancia media á capital do concello
de 4,5 km.
A páxina web nace coa idea de ser un medio de interacción
e comunicación entre a comunidade educativa do centro e o Departamento
de Tecnoloxía. É por iso, que vos animo a que a empreguedes
e fagades suxerencias para o seu mellor funcionamento.
Así mesmo, tamén nos gustaría que fose un nexo
de unión con persoas ou institucións alleas ó
centro (outros colexios, institutos, antiguos alumnos, etc.), por
iso desexamos que calqueira persoa que visite a páxina e queira
comentarnos algo, non dubide en enviarnos un e-mail.
Agradecer a todas as persoas que colaboraron na elaboración
da páxina e pedir desculpas a aqueles que a visiten, polas
posibles carencias que na mesma se manifesten.
Por último resaltar que esto é un intento para mellorar
a accesibilidade e transparencia das nosas actividades, e que só
nos representamos a nós mesmos e as nosas opinións son
opinables e discutibles
Departamento de Tecnoloxía