Warning: Call-time pass-by-reference has been deprecated in /home/cpivirxedasaleta/plugins/content/issuu.php on line 17
Warning: Call-time pass-by-reference has been deprecated in /home/cpivirxedasaleta/plugins/content/issuu.php on line 17
Warning: Call-time pass-by-reference has been deprecated in /home/cpivirxedasaleta/plugins/content/issuu.php on line 23
Warning: Call-time pass-by-reference has been deprecated in /home/cpivirxedasaleta/plugins/content/issuu.php on line 23
Na Revista da TVG - Minuto 14:20
Escrito por Martiño
Sábado, 26 Novembro 2011 15:17
XA CHEGOU A GALICIENCIA 2011
Escrito por maite lópez
Xoves, 24 Novembro 2011 12:17
Un ano máis, no CPI virxe da Saleta quixemos participar na Galiciencia 2011, a feira de ciencias que organiza o Parque Tecnolíxico de Galicia en Ourense.
Onte foi o primeior día, e alí estiveron os nosos representantes, con moitos nervios e máis ilusión.
Aquí tedes algunhas fotos, para que os vexades en acción!! Uns auténticos profesionais!!!
Bo traballo mozas e mozos do cole! Aquí tedes o resultado de semanas de adicación e esforzo. A nosa primeira canción colectiva. Podedes escoitala aquí mesmo e tamén descargala para levala ás festas durante o verán. So premede na frecha apunta cara abaixo para descargar o mp3. Xa sei que tamén queredes ver o lipdub, pero aínda non podemos colgalo na rede porque é a nosa intención presentarnos a algún concurso de vídeo escolar con el e, como saberedes, normalmente as condicións son que o material sexa inédito. Así que pedímosvos paciencia. Todo o bo faise agardar.
Queremos agradecer a participación de todo o centro: nenas e nenos, mozas e mozos, persoal de administración e servizos, familias e profesorado. Todos aportaron o seu grao de area no poxecto. Asimesmo, isto non sería posible sen a colaboración dos estudos Muu de Vigo onde gravaron a parte instrumental Pedro Feijoo e Charly Lincoln. As mesturas tamén son de Pedro Feijoo.
Aínda non pasaran 24 horas desde que marcharan os nenos e nenas de 5º e 6º cando os peixes viron aparecer por alí a máis dos nosos. Eran os peques de Infantil dispostos a aprender todo sobre os animais do mar. Mirade que xeitosiños son!