CPI Virxe da Saleta - Cea
Warning: Call-time pass-by-reference has been deprecated in /home/cpivirxedasaleta/plugins/content/issuu.php on line 17 Warning: Call-time pass-by-reference has been deprecated in /home/cpivirxedasaleta/plugins/content/issuu.php on line 17 Warning: Call-time pass-by-reference has been deprecated in /home/cpivirxedasaleta/plugins/content/issuu.php on line 23 Warning: Call-time pass-by-reference has been deprecated in /home/cpivirxedasaleta/plugins/content/issuu.php on line 23
A árbore da Paz PDF Correo-e
Escrito por Martiño   
Martes, 01 Febreiro 2011 21:57

Dim lights Embed Embed this video on your site

 
Carta dos alumnos de Cea PDF Correo-e
Escrito por maite lópez   
Venres, 14 Xaneiro 2011 16:08

 
BOLETÍN DE LECTURAS PDF Correo-e
Escrito por maite lópez   
Martes, 21 Decembro 2010 11:33

 

O club de lectura "O Panadeiro Poeta" deséxavos a tod@s un feliz nadal e moitas e boas lecturas para o vindeiro ano 2011.

 
Concurso Tarxetas Nadal PDF Correo-e
Escrito por Martiño   
Luns, 29 Novembro 2010 13:12

Dende  o Equipo De Dinamización Lingüística do C.P.I. “Virxe da Saleta” convócase a todo o alumnado a participar na realización dunha tarxeta para  felicitar o Nadal.

1º) O deseño da tarxeta estará composto: dun debuxo relacionado con esta festividade e dun texto de felicitación en galego: Bo Nadal, Feliz Aninovo...

2º) O deseño realizarase na metade dun folio A4 e na súa parte posterior figurará o nome e o curso do participante.

3º) A técnica é libre e valorarase fundamentalmente o resultado, a adecuación e a creatividade do deseño.

4º) A data límite de entrega será o xoves 9 de decembro.

5º) Establécense catro categorías:
A Infantil.
B 1º Primaria, 2º Primaria e 3º Primaria.
C 4º Primaria, 5º Primaria e 6º Primaria.
D 1º E.S.O. , 2º E.S.O. , 3º E.S.O. e 4º E.S.O.

As tarxetas gañadoras en cada categoría empregaranse no calendario do 2011 que o C.P.I. “Virxe da Saleta” emprega para felicitar o Nadal á comunidade educativa. Os gañadores e finalistas do concurso tamén recibirán un agasallo do  Equipo De Dinamización Lingüística.

 
Nas redes sociais PDF Correo-e
Escrito por Martiño   
Venres, 19 Novembro 2010 11:20

facebookXa estamos nas redes sociais! Se queres manterte actualizado das novas do CPI Virxe da Saleta dun xeito rápido e eficaz, non tes máis que premet no botón GÚSTAME da nosa páxina en Facebook. Benvidas e benvidos todos á nosa rede social, agardamos crear nela un espazo de encontro con todas grazas aos vosos comentarios. A partir de agora contades con vínculo permanente no menú que vedes á esquerda desta noticia, así que adiante.

 
Cabaceiros PDF Correo-e
Escrito por Martiño   
Luns, 08 Novembro 2010 13:53

A pasada semana o alumnado do 2º e 3º ciclo de primaria puideron coñecer un pouco máis do mundo dos hórreos, cabaceiros, canastros ou cacipos. Dependendo de onde sexades chamarédeslle dun xeito diferente ou os imaxinaredes de formas diversas: cadrados, rectangulares, de madeira, de pedra. Gracias ao obradoiro impartido por Arturo Fernández Araújo gozamos deste apaixonante anaco da arquitectura popular que se adica ao estudo das construccións destinadas a gardar o grao. O que máis nos gustou foi ver a técnica coa que se construén as paredes con bimbios. Botade un ollo ao blog de Arturo se queredes saber máis.

p1010089
p1010090
p1010091
p1010092
1/4 
start stop bwd fwd
 
Xa chegou o outono PDF Correo-e
Escrito por Martiño   
Sábado, 23 Outubro 2010 14:02

E ben que se nota, empezan os fríos e as xiadas. E no CPI, como xa é tradición, decoramos corredores e escaleiras con bonitos murais gracias á boa man das profes e nenos de Infantil e deixamos entrar os froitos típicos da época coa colaboración do alumnado e das familias.

p1010083
p1010084
p1010085
p1010086
p1010087
p1010088
1/6 
start stop bwd fwd

 

 
É asunto de todos PDF Correo-e
Escrito por Martiño   
Martes, 05 Outubro 2010 13:07

O presente curso comezou cunha triste noticia para a nosa comunidade educativa. Unha compañeira faleceu en accidente de tráfico xusto ao carón do centro.

Foi unha morte máis que se cobra a tráxica combinación de alcol e conducción. A nosa compañeira Elena ía ser profe de inglés no CPI Virxe da Saleta e ademais era nai de dúas nenas. E todo isto rematou cando un conductor irresponsable a levou por diante. Todo o claustro e demais comunidade educativa solidarizámonos coa súa familia e condenamos con firmeza este feito.

A súa morte e moitas outras son evitables. Esta loita é asunto de todos. Dos conductores, os primeiros, que deben ser responsables e conscientes. Das súas familias que os acompañan no coche ou poden evitar que suban a el. Dos hostaleiros que moitas veces coñecen ao conductor ao que serven alcol e saben que vai coller o coche despois. E por suposto, dos centros educativos.

E con ese motivo escribimos hoxe esta entrada na nosa web. Porque o noso traballo de educación está nas aulas, pero tamén de portas cara fora é o noso deber axudar a que toda a comunidade educativa tome consciencia desta situación. Por iso compartimos con vós este vídeo, que é moi duro e move os nosos sentimentos. Para loitar contra a rutina, a desidia e sobre todo totalmente en contra da combinación alcol e volante. Nin unha morte máis.

Dim lights Embed Embed this video on your site

 
Calendario Escolar 2010-2011 PDF Correo-e
Escrito por Martiño   
Mércores, 08 Setembro 2010 19:41

Xa podes descargar o calendario escolar 2010-2011. Á espera de confirmar definitivamente o inicio das clases na etapa de Secundaria, este é o calendario escolar para o presente curso. Manteremos informada a toda a comunidade educativa de calquer modificación con respecto ao inicio do curso a través das canles habituais: taboleiros do centro, páxina web e por suposto chamando aos teléfonos do centro ou acudindo en persoa a falar co equipo directivo.

pdfCalendario Escolar 2010-2011 CPI Virxe da Saleta (PDF 64,4KB)

 
Séchu Sende visitou o noso centro PDF Correo-e
Escrito por paradelo   
Xoves, 03 Xuño 2010 19:15

Como remate das actividades que o centro preparou para festexar as nosas letras, o luns 31, derradeiro día do mes de maio, recibimos a visita do escritor Séchu Sende.

Xosé Luís González Sende, máis coñecido como Séchu Sende, naceu en Padrón en 1972. Iniciouse como poeta vinculado ao Colectivo Poético Serán Vencello, formando parte da xeración dos 90 e que máis tarde se revelou tamén como un dos narradores de principios do século XXI. Foi un dos fundadores do proxecto editorial Letras de Cal, no que publica o seu primeiro libro Odiseas en 1998. Licenciado en Filoloxia Galego-Portuguesa, como sociolingüista foi cofundador da Cooperativa Tagen Ata, Língua e Comunicación. En 2003 gaña o Premio Blanco Amor coa novela Orixe. O seu último libro é o conxunto de relatos curtos Made in Galiza (2007), que recibiu o Premio Anxel Casal ao Mellor Libro do Ano, concedido pola Asociación de Editores Galegos.

Tamén é domador de pulgas no Circo de Pulgas Carruselo, máis coñecido como Galiza Pulgas Circus.

Mais info:

Séchu na Wikipedia

O inglês que inventou a palavra "boinho"

Blog do Séchu

 
I Torneo de Bádminton PDF Correo-e
Martes, 01 Xuño 2010 08:14

Durante os meses de abril e maio celebrouse no noso colexio o I Torneo de Bádminton organizado pola área de Educación Física. Inicialmente inscribíronse 34 parellas pertencentes a Educación Primaria e Educación Secundaria. O torneo disputouse por eliminatorias debido ao pouco tempo dispoñible.

Aquí temos ás catro parellas semifinalistas: na primeira semifinal, xogaron FUMEGAPLUMAS contra PEGUICHECO, e na segunda, xogaron OS TERRIBLES contra PANIVOL.

Uns momentos dos partidos das semifinais. Os partidos foron moi disputados e todos os participantes amosaron as súas cualidades para xogar ao bádminton.


O día 31 de maio celebrouse a gran final entre PEGUICHECO e PANIVOL. Como se pode comprobar nas fotos, un dos equipos (PEGUICHECO) sufriu cambios de última hora, debido a que un dos seus integrantes caeu lesionado, polo que houbo que introducir un novo componente na parella. Aquí vedes os integrantes dos dous equipos e unha foto cos catro finalistas.

Algúns momentos da final, que, por certo, estivo moi disputada e entretida con algunhas xogadas espectaculares por ambas parellas.

A parella gañadora foi PANIVOL, integrada por Daniel e Irene Vázquez, de 4º da ESO e 5º de Primaria, respectivamente.

Todos os partidos do torneo foron arbitrados polo profesor de E. Física de Primaria Julio. Temos que salientar que todo o torneo transcurriu sen incidencias e todos os participantes fixeron gala dunha gran deportividade. Esperemos que para o ano vindeiro poidamos celebrar o II Torneo de Bádminton.

Moitas grazas a todos e a todas pola vosa colaboración e axuda. Ata o ano que ven!!!

 
« InicioAnterior1234567SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL