CPI Virxe da Saleta - Cea
Warning: Call-time pass-by-reference has been deprecated in /home/cpivirxedasaleta/plugins/content/issuu.php on line 17 Warning: Call-time pass-by-reference has been deprecated in /home/cpivirxedasaleta/plugins/content/issuu.php on line 17 Warning: Call-time pass-by-reference has been deprecated in /home/cpivirxedasaleta/plugins/content/issuu.php on line 23 Warning: Call-time pass-by-reference has been deprecated in /home/cpivirxedasaleta/plugins/content/issuu.php on line 23
Fotos Galiciencia PDF Correo-e
Escrito por Conchi Casas   
Venres, 11 Decembro 2009 11:04

Galería de fotos de Galiciencia

 
Galiciencia PDF Correo-e
Escrito por Conchi Casas   
Mércores, 25 Novembro 2009 21:27

No primeiro día de Galiciencia, os nosos alumnos defenderon os seus proxectos científicos con moita ilusión e entusiasmo. As profesoras sentímonos moi orgullosas porque o fixeron realmente ben. Mañá volverán a defendelos e desexámoslle moita sorte.

Aquí vos ofrecemos unha serie de ligazóns ás reseñas nos principais xornais o día 26 de novembro:

Tamén hai páxinas web que se fan eco dalgunha investigación presentada por alumnos/as do noso colexio:

Mirade que científicas saen neste vídeo...

 
Día contra a violencia de xénero PDF Correo-e
Escrito por Conchi Casas   
Martes, 24 Novembro 2009 16:18

LloraNo planeta a metade da súa poboación son mulleres, sen embargo, moitas delas sufren a diario malos tratos, esclavitude, violacións,  discriminacións (laboral: cobrando menos; sanitaria: algunhas mulleres non teñen acceso a sanidade;  direitos sociais: en determinados países non poden votar…etc), provocados pola outra metade da poboación.

Por iso, o 25 de Novembro celébrase o día contra a violencia de xénero. O/as alumnos/as de Secundaria, decidiron conmemorar o día realizando uns carteis para lembrarnos que todos somos iguais.

 

 

 
Dia do neno PDF Correo-e
Escrito por maite lópez   
Venres, 06 Novembro 2009 11:05

 

Como cada ano, o 20 de novembro conmemoraremos o Día do Neno nas nosas aulas.

FELIZ DÍA, NENOS E NENAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 

 

 
Encontro lúdico-recreativo Cambeo-Cea, Segundo Ciclo PDF Correo-e
Martes, 03 Novembro 2009 11:14

O vindeiro luns 23 de novembro terá lugar o primeiro encontro lúdico-recreativo Cambeo-Cea deste curso. Participará o alumnado de Segundo Ciclo de Primaria.

Proximamente estará á vosa disposición unha reportaxe fotográfica de tal evento.

Que o pasedes ben!

 

Aquí tedes unha reportaxe do evento no que nos trataron moi ben e a rapazada pasouno en grande...

 
Gran concurso de historias de medo...!! PDF Correo-e
Venres, 30 Outubro 2009 12:12

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística vén de organizar un terrorrífico concurso de historias de medo...

Aquí tedes o cartaz anunciador:

 

Participade! Non teñades... meeedoooo!!

 

 

 
A festa das cabazas PDF Correo-e
Martes, 03 Novembro 2009 09:35

Xa pasou o día de Samaín, a Festa das Cabazas. O luns apareceron polo colexio algunhas que sobreviviron á esa noite máxica. Cumpriron a súa misión e agora queren compartir a súa terrorífica ledicia con todos nós...

 

 
Outono 2009 PDF Correo-e
Luns, 26 Outubro 2009 15:02

Estamos a vivir un outono moi variable. Días de moita chuvia, días fríos e días cálidos e soleados vanse sucedendo e colorean a paisaxe con fermosos tonos castaños e ocres.

 

Nas exposicións deste ano temos follas de árbores, froitos típicos do outono, un apartado especial adicado ás cabazas e, pouco a pouco, cada vez máis cogomelos...

 

 

 

 
Culturcea na prensa PDF Correo-e
Martes, 23 Xuño 2009 16:44

Hai actividades do CPI Virxe da Saleta que transcenden os límites desta páxina web e que son recollidas por outros medios de comunicación. Este é o caso da creación de Culturcea, dentro das actividades do Obradoiro de Iniciativas Empresariais que se imparte en Terceiro da ESO. O obxectivo desta iniciativa é creación dunha empresa de xestión cultural cuxos obxectivos principais son promocionar o Concello de Cea en particular e a bisbarra de O Carballiño por extensión.

Máis informacións nesta ligazón de La Voz de Galicia do martes23 de xuño de 2009, edición Ourense.

 
Día Mundial do medio ambiente PDF Correo-e
Escrito por Conchi Casas   
Xoves, 04 Xuño 2009 12:32

Preme na presentación, para ver as súas imaxes. Elixe o teu futuro

 
Dí­a do medioambiente PDF Correo-e
Mércores, 03 Xuño 2009 11:04

Como xa sabemos, o 5 de xuño, celébrase o día do medioambiente, o cal está sendo víctima da nosa industrialización  e consumo compulsivo. Isto fai que a Terra envelleza máis rápido e non poidamos disfrutar da súa beleza natural, de auga potable e dun aire puro. Seguramente isto xa está demasiado dito, e non facemos nada, ou o suficiente para evitalo, por iso diferentes organizacións celebran o día do medioambiente. Tamén hai outras celebracións relacionadas co medioambiente  como o Día do ozono o 16 de setembro ou o Día da auga o 22 de marzo. Todo é pouco para o lugar no que vivimos e vivirán os nosos descendentes. Ou queremos que os nosos fillos vivan nun mundo contaminado? Nisto é necesario que pensemos, porque o futuro está a volta da esquina, porque o tempo non espera, ACTÚA.

Os carteis que veñen a continuación foron realizados polos alumnos de 4º da ESO para conmemorar este día.

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

 

 
Máis artigos...
« InicioAnterior1234567SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL