Warning: Call-time pass-by-reference has been deprecated in /home/cpivirxedasaleta/plugins/content/issuu.php on line 17
Warning: Call-time pass-by-reference has been deprecated in /home/cpivirxedasaleta/plugins/content/issuu.php on line 17
Warning: Call-time pass-by-reference has been deprecated in /home/cpivirxedasaleta/plugins/content/issuu.php on line 23
Warning: Call-time pass-by-reference has been deprecated in /home/cpivirxedasaleta/plugins/content/issuu.php on line 23
A responsabilidade
Domingo, 31 Maio 2009 11:31
Durante o mes de maio, o valor que se traballou dentro do Plan Valora foi a responsabilidade. Ser responsable en todos os aspectos da vida é unha calidade humana moi interesante e desexable. Na escola hai moitos intres para aprender isto e tamén para demostralo.
Aquí a carteleira que loce no edificio de Primaria, feita polo alumnado do Terceiro ciclo de Primaria:
Actividadas en liña Letras Galegas 2009
Xoves, 14 Maio 2009 11:13
Á vosa disposición unha serie de actividades para Infantil e Primaria sobre a figura e a obra de Ramón Piñeiro, persoeiro ao que se lle adica este ano a conmemoración do Día das Letras Galegas. As actividades 2 teñen relación a un material impreso que está na ligazón seguinte. Tamén hai unha galería de fotos dispoñible.
O día 27 de marzo celebramos o día da árbore en Cea.
Como todos os anos, os alumnos prantamos diferentes árbores, que esperemos que den sombra ós novos alumnos que pasen polo colexio (que boa falta fai..., tanto os alumnos como a sombra...)
Aquí tedes algunhas fotos que mostran a destreza e bo facer dos xardineiros improvisados!!
Os alumnos de primeiro, coa súa árbore ben protexida...
Estes son os alumnos de segundo, co profe Valentín (que cavaron e cavaron...)
Aquí están os alumnos de terceiro, coa profe Conchi (que boiños parecen ó lado da titora...)
A amizade é o valor que está a ser tratado durante este mes dentro do Plan Valora. Desenvolvéronse actividades para coñecer e experimentar o valor da amizade.
O ciclo de Educación Infantil, para ambientar o tema, realizou este colorido mural que loce á entrada do edificio principal:
Gañadores Tarxeta de Nadal 2008
Mércores, 17 Decembro 2008 13:25
Estas son as tarxetas gañadoras do Concurso de Tarxetas de Nadal deste curso 2008. Noraboa aos seleccionados!!
INFANTIL
PRIMARIA
ESO
Nadal 2008
Martes, 09 Decembro 2008 21:41
O Nadal xa está a chegar!!! Os beléns, a árbore de Nadal, as panxoliñas, os adornos en clase, as tarxetas de felicitación... todo iso anticipa estas datas que se aproximan.
Este curso aos rapaces de Primaria e Infantil estiveron a amasar, pero non masa de pan o fan as panadeiras de Cea, senón con barro. Este é o resultado:
Somos distintos, somos iguais
Xoves, 27 Novembro 2008 15:07
Durante este mes de novembro, o valor a traballar é Somos distintos, somos iguais. A carteleira de Primaria foi elaborada polo Segundo Ciclo e trata de representar a igualdade de todos e todas aínda que teñamos diferenzas de distinto tipo...
O alumnado de ESO tamén está a confeccionar carteleiras. Aquí, un exemplo:
Magosto 2008
Mércores, 05 Novembro 2008 11:56
O Magosto 2008 estase achegando. O vindeiro día 7 de novembro, pola tarde, celebrarémolo con xogos populares e castañas asadas. De momento, isto para ir entrando no ambiente...
Exposición Outono 2008
Mércores, 22 Outubro 2008 11:34
O outono 2008 está a chegar con forza. Primeiro, os cativos trouxeron cantidade de froitos do outono que foron colocando na primeira mesa de exposición.
Como novidade deste curso, o alumnado aproveitou as cabazas de todo tipo que tiñan na súa casa para facelas pasar polo taller de maquillaxe e decoración. Aquí tedes os primeiros resultados:
Aquí tedes unha galería de imaxes que pouco a pouco irase enchendo coas derradeiras novidades que nos proporcione o taller de estética cabaceira.
A xustiza social
Mércores, 17 Setembro 2008 11:28
Durante o mes de maio do curso pasado, o Primeiro Ciclo de Primaria coordinou o traballo sobre o valor Xustiza social. Para a carteleira de Primaria elaboraron este bonito cartel. Ao longo do mes, os diferentes ciclos e cursos desenvolveron actividades para comprender o alcance deste valor na nosa sociedade e no contorno.