Historia do Colexio

Colexio Concepción Arenal

    A historia deste centro ten a sua orixe no famoso Centro de Estudios Concepción Arenal e na Academia Irmans Villar. Falamos dos anos 20.

    As necesidades de espacio determinaron os cambios de emplazamento deste Centro docente. Rúas coma: o Paseo, Irmans Villar, Lepanto e, finalmente, Bedoia dende 1962 na que se ubican as actuais instalacións.

    O xerme deste colexio encóntrase na escisión do Colexio Cisneros, que contaba con dous edificios: un situado na rúa da Barreira (masculino) e outro na rúa Lepanto nº 6 (feminino), no edificio do actual Museo Municipal.

    Neste último pasa a denominarse Concepción Arenal sendo o seu primero director D. Ángel Martínez Doval (Ourense, 1903-1988).

    A sua formación como Perito Industrial e Licenciado en Filosofía e Letras permitiulle impartir clases de Física, Química e Filosofía. A súa historia persoal está íntimamente vencellada a do galeguismo ourensán. Militou con Risco na Irmandade Galeguista, foi redactor do semanario "Heraldo de Galicia" e, en febreiro de 1936, participou xunto con Risco, Xosé Fernández Borrajo, Xosé Goyanes e Isidoro Gueda na fundación da Dereita Galeguista de Ourense.

    Como prosista destacan os traballos recollidos no periódico La Zarpa, textos relacionados ca defensa do galego e a denuncia da emigración.

    A condición de colexio feminino e de internado mantivose ata o ano 1977, no que por razón da Ley General de Educación, o Bacharelato trasladose o actual colexio Concepción Arenal-Malvedo.

    Este colexio conoceu a ensinanza dos sete cursos do Bacharelato, a Primeira ensinanza, a EXB e, actualmente, a Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Educación especial.

    Os nomes e apelidos de moitos dos profesores que impartiron clases neste centro seguen na memoria de moitas xeracións de ourensáns que pasaron polas suas aulas e o seu maxisterio. ¿A quén non lle evoca recordos: Don Antonio Jausarás (relixión), chantre da catedral de Ourense; don José Luis López Cid (literatura); dona Rocío Areán (historia); don Joaquín Lorenzo "Xocas" (historia); dona Camila Loureiro, don Jaime Vázquez e don Celso Pereira (matemáticas); don Paulino Izquierdo (latín e grego); dona Mª Teresa Cortón (parvulista) e un longo e interminable etcétera?

    A labor docente destes insignes MAESTROS servelle de espello ó actual profesorado deste centro, sen perder de vista o interés que Concepción Arenal mostrou polos máis desfavorecidos.