Ciencias Sociais (3)

DENDROCRONOLOXÍA 4ºESO

 O Venres 7 de Outubro, Manuel Souto, Doutor Inxeñeiro de Montes do departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela visita a clase para complementar ós contidos sobre os Métodos de Datación, en concreto a Dendrocronoloxía.

Con esta actividade preténdese achegar ao alumnado a algunha das investigacións que se están a levar a cabo nas Universidades galegas, motivar na cultura do Coñecemento e que atopen no seu estudo unha aplicación para a sociedade actual.

Agradecemos a súa visita. 
 
Ver máis imaxes -> Ir

3ºESO - SENTÍMONOS SATISFEITOS/AS

 A clase de 3º da ESO do cole participou este ano na Campaña Valores de
Futuro do BBVA onde se fomenta aos mozos a importancia do aforro
responsable.
Xurdiu dos propios alumnos a iniciativa de Aforrar para unha causa solidaria e iniciouse unha recolecta...
Con este diñeiro, sáenos do corazón, repartilo coa asociación ALCER de
Ourense (Asociación para la Lucha Contra las Enfermedades Renales)


Hoxe fixemos entrega e sementamos esperanza,o noso esforzo e diñeiro vai
para o Carrito Don Amable unha iniciativa da AECC (Asociación Española Contra el Cancer) de Ourense .



Agradecemos aqueles alumnos dalgunha clase que se uniron a esta causa.
Grazas Belén coordinadora do voluntariado polas túas visitas e resposta.

 
 

Ciencias sociais

Recursos educativos en liña para traballar xeografía e ciencias sociais

Páxina de Juanjo Romero, con cantidade de enlaces relacionados coas Ciencias Sociais e alguns temas de Ciencias Sociais

Distribuir contido