Normativa de convivencia (1)

Normativa de convivencia

NORMAS XERAIS DE CONVIVENCIA


(Extracto da Normativa de Convivencia en vigor distribuída a toda a Comunidade Educativa)

 

Algunhas normas relativas ós pais

1. Coñecer e atender a Normativa de Centro.

2. Atender ás citacións do Centro.

3. Absterse de visitar e telefonar ós seus fillos durante as clases ou recreos sen causa xustificada.

4. Ter un comportamento correcto dentro do recinto escolar.

5. Non desautorizar a acción dos profesores en presencia dos seus fillos.

6. Facilitar información veraz ó profesorado.

7. Colaborar co profesorado naquelas actividades para as que se solicite axuda.

8. Para entrevistarse cos profesores respectar a hora establecida para titoría.

9. Facilitar o cumprimento das obrigas dos seus fillos co Centro:

· Puntualidade nas entradas.

· Orde, limpeza e hixiene persoal.

· Roupa apropiada á actividade escolar.

10. Xustificar a ausencia e retrasos dos seus fillos durante o horario escolar.

11. Recoller persoalmente, ou mediante persoa autorizada, ós alumnos que teñan que ausentarse do Centro durante o horario escolar, previa autorización.

 

Algunhas normas relativas ó alumnado

1. Asistencia puntual ás actividades escolares.

2. Aseo persoal axeitado.

3. Nas entradas e saídas respecta ós teus compañeiros: non corras nin empuxes.

4. Respecta e mantén limpos os materiais, dependencias e instalacións do Centro.

5. Usa un vocabulario correcto e educado: pide as cousas por favor, dá as gracias...

6. Evita os xogos violentos.

7. Non insultes, agredas ou ameaces: respecta ós teus compañeiros.

8. Mantén limpa e ordenada a clase, utiliza as papeleiras na aula e no patio.

9. Favorece a boa marcha da clase, amosando unha actitude de respecto, traballo e colaboración cos profesores e compañeiros.

10. Utiliza o transporte con corrección.

11. Non te ausentes do centro sen coñecemento do titor ou profesor responsable.

12. Lembra que no recinto escolar non se permiten aparellos electrónicos que interrompan ou distraian: móbiles, discman, mp3,...

13. Cumprir as medidas de corrección emanadas da aplicación do Regulamento de Réxime Interior (R.R.I.).

 

Algunhas normas relativas ó profesorado

1. Actualizarse e perfeccionarse na súa profesión.

2. Preparar adecuadamente as clases.

3. Asistir con puntualidade ás clases e reunións para as que fora convocado.

4. Vixiar ó alumnado no recreo, segundo as quendas correspondentes.

5. Respectar a personalidade de cada alumno, potenciando as súas capacidades e destrezas.

6. Non facer distincións entre os alumnos.

7. Asumir as decisións do Claustro de Profesores, do Consello Escolar e das autoridades educativas.

8. Manter contactos periódicos cos pais ou titores dos alumnos dentro do horario establecido a tal efecto.

9. Cooperar no mantemento da orde e disciplina necesarias para a actividade escolar.

10. Colaborar no mantemento e bo uso do material e instalacións do Centro.

11. Aplicar a normativa de Convivencia.



Distribuir contido