Eixes Transversais (1)

Eixes Transversais

OBXECTIVO XERAL: Continuar a fomentar unha educación en valores que contribúa o desenvolvemento persoal do alumno/a coa a participación de toda a comunidade educativa. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS ALUMNOS1.      Coñecer e valorar as posibilidades propias e dos demais.2.      Querer, crecer, coñecer e comprender a nós mesmos e ós demais3.      Impulsar o espírito crítico constructivo rexeitando pautas de comportamento que non conduzan a mellorar a calidade de vida.4.      Estimular o gusto polo deporte e a actividad física para coñecer o propio corpo, mellorando a calidade de vida e as relacións interpersoais.5.      Pensar en positivo, diante das nosas accións e as dos demais6.      Resolver os conflictos mediante o diálogo7.      Valorar os recursos naturais que dispoñemos, repectarlos e aproveitalos PROFESORES1.      Recoñecer o papel exemplarizante dos profesores.2.      Promover o diálogo como ferramenta permanente na resolución de conflictos.3.      Valorar o positivo dos nosos alumnos fixándonos nos acertos e non nos erros4.      Ser creativos, buscando novas estratexias para que os alumnos/as crezan como persoas felices5.      Utilizar a observación e a escoita como medio para comprender ós nosos alumnos6.      Sensibilizar os nosos alumnos ante a problemática do noso entorno7.      Motivar os alumnos para que se comporten de maneira cívica ante as distintas situacións que se poidan encontrar PAIS1.      Implicar os pais na tarefa de educar no autocoñecemento dos seus fillos.2.      Fomentar a escoita, o diálogo e a colaboración como camiño para comprender os seus fillos3.      Cooperar co profesorado para crear un ambiente de ledicia e harmonía4.      Participar dun xeito activo nas actividades e campañas ofertadas polo centro.5.      Sensiblilizar ós pais para que inculquen nos seus fillos actitudes e accións tendentes a coidar o entorno. LIÑAS DE ACCIÓN ·        Utilización de canles de comunicación fixos (carteis, taboleiros ..) que recorden os valores que estamos a traballar·        Utilización das actos comúns do centro para favorecer a colaboración cos pais e para traballar os valores dende outra estratexia de actuación ( Nadal e consumismo, recollida de xoguetes e solidariedade, bocata solidario e desigualdade social..)·        Potenciar a participación e colaboración na medida do posible na carreira de San Martiño o 19 de novembro pois o deporte é un excelente medio para fomentar o benestar persoal e social·        Celebración da semana dos bos costumes do 22 o 29 de xaneiro para concienciar ós rapaces da importancia das boas maneiras para acadar un benestar social.·        Apoio e colaboración na celebración, o 30 de xaneiro, do Día da Paz.·        Participación e realización nas Campañas que promovan a educación en valores:   hixiene bucodental ,recreos saudables e aniversarios sen larpeiradas.·        Dar a coñecer os programas culturais que promovan a educación en valores ( O clube   do bo deportista, “salud activa.com”, cine e saúde) e fomentar a participación neles .·        Elaboración de enquisas ós pais para sondear os temas de interese susceptibles de posteriores charlas.·        Realización de charlas-coloquio con algún tema relacionado con autoestima, autocoñecemento, diálogo….·        Fomentar a participación nas charlas educativas impartidas no centro entorno os eixes transversais que estamos a traballar.·        Potenciar a Escola de Pais para as familias do 1º ciclo da ESO dende as titorías, facendo fincapé na reunión inicial do curso.·        Continuar a escola de pais e nais para infantil e 1º ciclo de primaria; potenciando a súa ampliación para 2º ciclo e pedindo axuda ós pais que xa participen na escola para que conten as súas experiencias.·        Propiciar unha normativa na casa.·        Utilizar o xogo como instrumento pedagóxico, lúdico, participativo e creativo para que  contribúa a crear un ambiente positivo  no grupo.·        Buscar e dar a coñecer os diferentes recursos educativos en líña para traballar os eixos transversais·        Dar a coñecer materiais para traballar directamente e organizar actividades concretas sobre educación para o desenvolvemento de conflictos e outros temas relacionados. ·        Realización dunha avaliación dos obxectivos acadados ou por acadar, ó finalizar o curso.    

 

 

 

Distribuir contido