Secretaría (37)

Secretaria

Reloxio

A Secretaría do Centro está a cargo do profesor José Florencio Pérez Campos.

O horario de Atención ó público é Luns de 11.15 a 12.15 horas e o Venres de 10.00 a 11.00 horas.

Pódense poñer en contacto coa secretaria do centro a través do número de

Teléfono: 988 217.800

Fax: 988 511 215

FONDO SOLIDARIO 2018/2019

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO EMATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2018/19

ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19

DESTINATARIOS
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º, e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO; cursos nos que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2017/18.
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición segunda (NEAE)
- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

PRAZO
-Ata o 21 de Xuño de 2018

SOLICITUDES -> Anexos I e II: Solicitude 
SOLICITUDES ONLINE

Orde do 9 de maio de 2018 (DOG)
Extracto da Orde do 9 de maio de 2018 (DOG)

AXUDAS LIBROS INFANTIL E COMEDOR ESCOLAR 2018 - CONCELLO OURENSE

Desde a Concellería de Asuntos Sociais informamos de que no BOP do día 24 de abril de 2018 saíu publicada a convocatoria para a petición de axudas de libros de educación infantil e comedores escolares para o curso 2018-19.
O prazo para presentación de solicitudes será desde o día 24 de abril ata o 16 de maio, ambos os incluídos.
As instancias pódense recoller na Oficina de Atención ao Cidadán (Praza Maior 1), tel. 988392909, na Oficina de Información do Concello (Praza Maior 1) e nas UNIS de Servizos Sociais.

A información completa está na páxina do Concello de Ourense -> Fonte Oficial

 

MATRICULA 2018/2019

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2018-2019 NOS NIVEIS DE
EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

O horario de atención ao público será o seguinte:
Mañás -> de 11:00 a 13:30 horas de Luns a Venres e Xoves de 15:30 a 18:30 horas
Fora do horario concertar cita 988217800 / 698171577

Para o curso escolar 2018/2019 os prazos previstos na orde do 25 de Xaneiro de 2017 para a tramitación dos procedementos de admisión e de matriculación do alumnado, son os seguintes (Ésta modifica a Orde do 12 de Marzo de 2013 que desenvolve todo o proceso de matrícula):

  1. Do 1 ao 15 de Febreiro. Preinscripción en Centro Adscrito -> Anexo I: Reserva de praza centro adscrito (galego). Entréganse no CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO.
  2. Do 1 ao 20 de Marzo -> Proceso de Admisión -> Solicitude de Admisión Online Xunta  de Galicia - Solicitude de Admisión ED550B
  3. Calendario do Proceso -> Ver Calendario
  4. 28 de Febreiro -> Sorteo das Letras de Prioridade para desempate
  5. 28 de Febreiro -> Publicación vacantes escolares
  6. 28 de Febreiro -> Criterio de Baremación do Centro
  7. 28 de Febreiro -> Documentación a Entregar
  8. 28 de Febreiro -> Servizos Complementarios
  9. Do 29  de Marzo ao 9 de Abril -> Prazo de Entrega de documentació
  10. 24 de Abril -> Listado provisional de admitidos e non admitidos
  11. Do 25 de Abril ao 1 de Maio -> Prazo de reclamación
  12. 14 de Maio -> Listado definitivo de admitidos e non admitidos
  13. Do 20 de Xuñoa ao 2 de Xullo -> Formalización de Matrícula de Infantil e Primaria
  14. Do 25 de Xuño ao 10 de Xullo -> Formalización de Matrícula Secundaria
  15. Do 1 ao 10 de Setembro -> Prazo Extraordinario de Formalización de Matrícula Secundaria

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

CBIFC02 1º INFORMÁTICA DE OFICINA

LISTAXE DE ALUMNOS ADMITIDOS 2017/2018

O CENTRO OFERTA O MÓDULO DE FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA:
INFORMÁTICA DE OFICINA


O Director sae nos medios

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE INFORMÁTICA DE OFICINA

SEGUIREMOS INFORMANDO...

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL 2017/2018

No DOG do día 22 de maio de 2017 pubícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

FONDO LIBROS: 3º,4º,5º,6º EP E ESO
CHEQUE LIBROS: 1º, 2º EP E EE
SOLICITUDES DO 23 DE MAIO AO 23 DE XUÑO
HORARIO DE TENCIÓN NO CENTRO 11:30 A 13:30 H

Orde do 16 de maio de 2017
Solicitude (Anexo I)

Aceptación entidade colaboradora centros concertados (Anexo IV)

Alta de novas librarías (Anexo V)

AXUDAS LIBROS INFANTIL E COMEDORES ESCOLARES 2017 - CONCELLO OURENSE

Desde a Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense informamos de que no BOP do 15 de abril de 2017 saíron publicadas as bases e no BOP do 16 de maio de 2017 a convocatoria para a petición de axudas de libros de educación infantil e comedores escolares para o curso 2017-18.

O prazo para presentación de solicitudes será desde o 18 de maio ata o 7 de xuño, ambos os incluídos.

O lugar de presentación é no Rexistro Xeral do concello de Ourense ou por calquera medio dos establecidos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As instancias pódense recoller na Oficina de Atención ao Cidadán (Praza Maior 1), tel. 988392909; na Oficina de Información do Concello (Praza Maior 1), tel. 988388100; nas oficinas municipais de cálea Bispo Carrascosa 8-baixo; na oficina do Rexistro do Concello da Praza Luís Fernández nº 2; en todas as UNIS de Asuntos Sociais, situadas en:
UNIS Couto: C/Francisco de Moure nº 2
UNIS Centro: C/Bernardino González Cachamuiña nº 11-13
UNIS Casco Lanuxe: C/Colón nº 18
UNIS A Ponche: C/Eulogio Gómez Franqueira nº4

Nos documentos adxuntos figuran os anexos I e II para cumprimentar a solicitude, o BOP no que figuran as bases e o BOP coa convocatoria das axudas.

Toda a información relativa a estas axudas tamén está publicada na páxina web do Concello (www.ourense.gal) na área de Asuntos Sociais.

MATRÍCULA 2017/2018

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2017-2018 NOS NIVEIS DE
EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

O horario de atención ao público será o seguinte:
Mañás -> de 11.30 a 13.30 horas de Luns a Venres.

Para o curso escolar 2017/2018 os prazos previstos na orde para a tramitación dos procedementos de admisión e de matriculación do alumnado, son os seguintes:

  1. Do 1 ao 15 de Febreiro. Preinscripción en Centro Adscrito -> Anexo I: Reserva de praza centro adscrito (galego) (Sen Tachóns nin Tippex). Entréganse no CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO.
  2. 23 de Febreiro -> Letras de Prioridade para desempate
  3. 28 de Febreiro -> Publicación vacantes escolares
  4. 28 de Febreiro -> Criterio de Baremación do Centro
  5. 28 de Febreiro -> Documentación a Entregar
  6. 28 de Febreiro -> Normativa
  7. Do 1 ao 20 de Marzo -> Proceso de Admisión -> Solicitude de Admisión ED550B (Sen Tachóns)
  8. Do 23  de Marzo ao 5 de Abril -> Prazo de Entrega de documentación 
  9. 24 de Abril -> Listado provisional de admitidos e non admitidos ->ListadoP 4ºEI, ListadoP 3ºEP, Non Admitidos 4ºEP, ListadoP 1ºESO
  10. Do 25 de Abril ao 2 de Maio -> Prazo de reclamación
  11. 12 de Maio -> Listado definitivo de admitidos e non admitidos -> Listado 4ºEI, Listado 3ºEP, Non Admitidos 4ºEI, Non Admitidos 3ºEP, Non Admitidos 4ºEP, Listado 1ºESO
  12. Do 20 ao 30 de Xuño -> Matrícula de Infantil e Primaria -> IMPRESO FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
  13. Do 26 de Xuño ao 10 de Xullo -> Matrícula Secundaria

AXUDAS LIBROS 2016/2017

O DOG do 16 de maio de 2016 publica a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2016/17.

MODELO DE SOLICITUDE ->Descargar

 

 

Distribuir contido