Actividades (14)

GDM - MOTIVACIÓN PARA SEMANA SANTA 2017

Os participantes na actividade de Grupos Divino Maestro (GDM) do noso centro estiveron durante bastante tempo preparando a motivación de cara a Semana Santa, actividade que presentaron o  7 de Abril de 2017, fixeron unha representación da Paixón de Cristo que puideron ver todos os alumnos en diferentes grupos.

[+Máis Imaxes] 

IMPOSICIÓN DE PAÑUELOS 2017 - GDM

O martes, 24 de Febreiro de 2017, celebrouse na capela do Colexio como cada ano, a imposición de pañuelos dos Grupos Divino Maestro polos nenos e nenas que levan mais de dous anos pertenecendo a GDM. Despois tivemos unha pequena invitación a un chocolate quente.

.

CONVIVENCIA DE NADAL GDM - LUGO -2016

O fin de semana de 17 e 18 de decembro de 2016, os alumnos de Grupos Divino Maestro (GDM) tiveron unha convivencia en Lugo con outros GDM de Galicia e a verdade é que o pasaron fenomenal.Mirade as imaxes

MOTIVACIÓN DE SEMANA SANTA. GDM 2016

  Un ano máis os alumnos de Grupos Divino Maestro (GDM) do noso colexio poñen en marcha a actividade de motivación para Semana Santa, neste caso mediante uns pasos de Semana Santa. 
 Esperamos que vos gusten as fotos e o video.  

VIA CRUCIS - SEMANA SANTA

Os alumnos de Grupos Divino Maestro (GDM) do Colexio prepararon un Via Crucis para motivar a alumnos, profesores e familias do tempo que se achega, a Semana Santa, que vai dende o Domingo de Ramos ata o Domingo de Resurrección. Neste tempo recordamos a paixón, morte e resurrección de Xesús -> Ver imaxes + Imaxes

A volta de semana santa máis imaxes e información sobre esta actividade...

MADRE SOLEDAD

Video sobre a vida de Madre Soledad, a nosa fundadora xunto a Francisco Blanco Nájera -> Ver Video

CONVIVENCIA MONITORES 2014

MATERIALES AUDIOVISUAIS



Taller1 -> Imagen Zapatos, Ver video

Taller2 -> Imagen1, Imagen2

Taller3 -> Ver Video GlendaVer Video Papa



Convivencia Monitores GDM 2014 ->Descargar

MAGOSTO GDM 2013

Como é tradicional os Grupos Divino Maestro (GDM) realizou o seu magosto no lugar habitual dos últimos dous anos, "A Chavasqueira". Unha oportunidade para compartir unha xornada festiva facendo visible a presenza de Xesús, valorando a compañía, a amizade de todos os membros dos GDM e compartindo unha pequena comida nun bo ambiente. Ver máis fotos.
 

LIPDUB EN MODARIZ...

Os alumnos dos Colexios Divino Maestro o verán de 2012 realizaron este LIPDUB para despedir as instalacións que levaban varios anos empregando como campamento de Verán. Toda unha pena. É un edificio maravilloso e con moita historia. Xa temos morriña de non poder voltar...

 

Distribuir contido