Baloncesto (100)

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

BENXAMÍN MIXTO : DIVINO MAESTRO FRIAVANSO - PADRE FEIJOO PABELLÓN OURENSE : 30-52

A pasada fin de semana enfrentabámonos contra un difícil rival , na categoría benxamín. 

Dende os primeiros minutos , o equipo contrario pareceu levar o compás do encontro , superando con facilidade a nosa defensa na primeira metade do campo. Pese ás dificultades, os nosos pequenos , souberon plantarlle cara, pelexando cada rebote e aproveitando as contras que se presentaban. 

Sen embargo , a dureza no xogo do equipo contrario , impediunos achegarnos no marcador , rematando o encontro cun claro 30-52 a favor dos visistantes.

Noraboa ó Padre Feijoo Pabellón Ourense, pola súa victoria.

 ALEVÍN FEMININO : DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO - PABELLÓN OURENSE : 49-41

Nesta fin de semana volvemos a disputar o encontro da xornada contra o equipo do Pabellón Ourense , que acudiu a nosa pista , mermado polas  baixas de algunhas xogadora. 

O mesmo tempo o noso equipo tamén sufriu certos problemas de desconexión dalgunha das nosas bombillas , Clara, Lucía Cid e incluso Aitana , arrastraron durante toda a semana e o fin de semana , problemas físicos , que no caso das dúas primeiras , impedíulles xogar o encontro , e no caso da última , obligárona a xogar mermada das súas cualidades lumínicas , non podendo brilar a 30.000 voltios. 

Aínda con todo e con algúns problemas de iluminación , o resto das nosas bombillas conseguiron desprender un haz lumínico que con creces superou os 30.000 voltios , e permitiunos compensar os momentaneos apagóns das compañeiras mermadas fisicamente. 

Ser un equipo implica estar preparadas para dar o 110 %  de un mesmo , cando algunha compañeira non pode aportar o que se espera de ela.

VAMOS EQUIPO !!!

ALEVÍN MASCULINO : ALLARIZ - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 72-22

O partido dos nosos alevíns, volveu a ser un partido bastante descompensado dende o principio e xa nos primeiros cuartos, o equipo rival colleu unha ventaxa moi importante.

Os nosos xogadores víronse superados por un moi bo conxunto , con talentos individuais, pero no que se impón o xogo colectivo. 

O partido foi algo mellor có da última semana, en canto a actitude derefire , polo tanto. non todo son malas sensacións.

A vindeira semán , recibimos a un equipo en principio , mais acorde ó noso nivel , e no que intentaremos acadar a victoria para cambiar a dinámica.

INFANTIL MASCULINO : VAL DE LEMOS MONFORTE - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 51-72

Chegou a terceira victoria para on nosos rapaces do equipo infantil masculino .

O partido comezou dun xeito moi apretado , sendo os nosos rapaces os que collían as primeiras vantaxes no electrónico , pero sin despegarse moito.

Ó descanso chegamos cun marcador favorable de 28-38.

No segundo tempo a cousa decantouse mais ó noso favor , chegando a alcanzar unha ventaxa de 30 puntos. 

Xa tan só quedan dous partidos de liga e nos dous temos serias opcións de continuar a boa racha.

INFANTIL FEMININO : DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS - ALLARIZ : 39-58

De novo, un partido moi moi bo das nosas guerreiras. Chegamos a este partido mermados polas baixas de 5 xogadoras, polo que acudimos con tan só 7 xogadoras. Pero o certo é que as que estiveron, pelexaron moitísimo e acadaron un resultado final moi meritorio

O partido comezou moi igualado , con alternancias no marcador, pero a medida que o partido avanzaba, as alaricanas, pouco a pouco se escapaban no electrónico. Pero as nosas nunca lle perderon a cara o partido , e as diferencias mantíanse ó redor dos 15 puntos.

Un arreón nos derradeiros minutos do encontro e grazas a un parcial de 10-2, metímoslle o medo no corpo e puxémonos a 8 puntos , pero tres errores impropios dun equipo como o noso , fixeron que a vantaxe voltasea subir por encima dos 10 puntos e xa sen tempo de lograr a remontada.

Moi boas sensacións as que nos deixan os derradeiros encontros que estamos a xogar , competindo magnificamente cos mellores equipos e obtendo moi bos resultado, o que nos indica que seguimos indo polo camiño correcto e que estamos a facer as cousas ben.

 

 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

ALEVÍN MASCULINO : MUEBLES VICTORIA BARCO - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 62-54

Despois do madrugón, saímos cara o Barco de Valdeorras para disputar o partido fronte o equipo local.

Chegamos alí e comezamos o partido moi concentrados, o que nos permitiu poñernos por diante cuns parciais moi favorables ó noso favor. Pero a medida que avanzaba o partido , a calma e a relaxación foi chegando pouco a pouco ós nosos xogadores. Iso levounos a que o equipo contrario, primeiro, nos recortase as distancias, e logo se puxera por diante pouco antes de chegar ó último cuarto, nun partido que nunca se nos tivo que haber escapado.

ALEVÍN FEMININO : PABELLÓN OURENSE - DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO : 17-40

As nosas bombillas seguen iluminando todos aqueles pavillóns nos que xogamos cunha potencia e actitude que supera con  moito os 30.000 voltios !!!

Desta volta o noso rival foi o Pabellón Ourense, un bo equipo, duro no seu xogo, que nos exisiu empregarnos a fondo para impoñernos non só en xogo se non tamén en resultado. 

Aínda que o esforzo requerido era alto, as nosas pupilas souberon repoñerse, tras un inicio dubitativo, para desenrolar todo o noso xogo nunha segunda metade moi boa.

Como premio, a nosa terceira victoria, noutros tantos partidos, nesta fase de competición.

Vamos Equipo!!!!

 INFANTIL MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - AB EIDOEMPRESA XINZO : 34-84

O partido disputado o domingo pola tarde polos noso equipo, foi posiblemente, un dos mellores da tempada. 

o equipo asistiu con bastantes baixas , tendo que subir a cinco rapaces do equipo alevín . Aínda así , os nosos demostraron unha grandísima actitude no campo. Soubemos responder ás variantes tácticas plantexadas polo equipo rival , tanto defensiva como ofensivamente e mostramos unha grande intensidade durante todo o encontro.

Seguimos mellorando.

INFANTIL FEMININO : PABELLÓN OURENSE - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 42-29

A baixa de varias xogadoras por enfermidade, unida á de Claudia nada mais comezar o encontro, non mermou as nosas intencións de loitar todo o encontro na procura dun bo resultado. E así foi , fixemos unha moi boa primeira parte, defendendo con moita intensidade, tapando ben as súas virtudes , e en ataque tendo moita paciencia, movendo o balón con criterio buscando sempre a mellor opció. Isto nos levou a rematar por diante o primeiro cuarto cun tanteo de 8-13. O segundo cuarto descurriu mais ou menos dun xeito parecido, manténdonos por diante case hasta ó final deste período. Na recta final un arreón das locais fixo que se marcharan ós vestiarios un punto por diante. 

Na segunda parte, o esforzo do primeiro tempo e problemas de faltas dalgunha xogadora, provocou un descenso no rendemento, que o intentamos suplir cunhas gañas tremendas de competir ata o final. Non se puido gañar o partido, pero as sensacións foron moi positivas e seguimos demostrando que o equipo cada día vai a mais.  

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

INFANTIL MASCULINO : SANTA MARÍA - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 68-54 (partido disputado o día 20 de marzo)

O sábado pola mañá , o noso equipo infantil masculino disputou o partido correspondente a esta xornada no colexio Maristas.

Os nosos comezaron dominando e obtendo as primeiras ventaxas no marcador , chegando incluso cun resultado favorable ao descanso de 28-38.

Pero na segunda parte , o xogo dos nosos empeorou e o equipo local achegouse no marcador. Ó final no derradeiro período , o equipo de Santa María levou a cabo unha serie de accións positivas coas que se despegaron no marcador. A falta de experiencia dos nosos xogadores a nivel competitivo nos intres finais igualados , foi posiblemente a  razón principal de non poder aguntar no partido ata o final. 

Esperamos mellorar este as`pecto de cara ós vindeiros partidos.

INFANTIL MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - A.B.O. OURENSE : 69-42

No partido desta xornada, disputado o sábado pola mañá , o noso equipo infantil masculino colleitou a segunda victoria da tempada.

O partido comezou moi de cara para os nosos intereses xa dende o primeiro cuarto, grazas a unha forte defensa e o acerto en ataque. Proba delo foi que se chegou o descanso gañando 34-12. 

A partir de ahí, os nosos xogadores baixaron un pouco a guardia , pero suficiente como para non levar unha sorpresa, e poder gañar o partido con mais facilidade da prevista inicialmente.

A vindeira semana o equipo comeza a segunda volta desta derradeira fase na que trataremos de acadar algunha victoria mais. 

BENXAMÍN MIXTO : DIVINO MAESTRO FRIAVANSO - C.B.XUVENTUDE VERÍN MASCULINO : 24-35

Dura derrota a sufrida polo noso equipo benxamín este sábado na pista dos Salesianos contra o equipo de Verín.

O partido comezou igualado, sen embargo o panorama mudou a partir do terceiro tempo. Os visitantes despegáronse no marcador grazas ós seus rápidos ataques e a unha defensa que nos complicaba o pasar de medio campo.

A pesar das dificultades , os nosos peques seguiron loitando aínda que as cousas non saían en ataque.

Grandes problemas á hora de dar os pases ou de avanzar co balón , foron a tónica dun partido do que aprender moitas cousas para seguir aprendendo e mellorando.

A nosa noraboa ó C.B.Xuventude Verín. 

INFANTIL FEMININO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - BOSCO SALESIANOS : 45-47

     Quizais foi un dos partidos mais floxos dos que disputamos esta tempada.

     Unha primeira parte sen ritmo, sen intensidade defensiva, na que non tivemos acerto ningún en ataque , na que o equipo contrario dominou o rebote nas dúas canastas , e sen embargo con todo isto ó descanso tan só perdíamos por 12 puntos.

     Tras o paso polos vestiarios o equipo mellorou en defensa e no control do rebote, pero o noso ataque continuaba sen fluidez e non conseguíamos anotar con facilidade.

     Así se chegou o derradeiro minuto cun marcador adverso de 33-43. A intensidade que nos faltou durante tod o partido, apareceu neste minuto e coseguimos reducir as distancias cun parcial de 12-4. Incluso roubamos o balón a falta de tres segundos para rematar o encontro, e anotamos unha canasta que nos levaría aá prórroga, pero o colexiado considerouna fora de tempo e invalidou a acción.

     Agora toca seguir traballando para correxir os erros cometidos. 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

BENXAMÍN MIXTO : BLANCO AMOR EDO PRÁCTICAS - DIVINO MAESTRO FRIAVANSO : 36-48

Gran victoria dos nosos peques da casa , que souberon sacar adiante un partido moi igualado. 

Gañas , esforzo e traballo de equipo , definiron un encontro que os nosos benxamíns tiveron que remontar , tras comezar por detrás no marcador.

Os nosos rapaces e rapazas nunca se viñeron abaixo e loitaron por cada balón ante un rival moi difícil. Non sería ata a recta final do partido , no quinto cuarto, que tanto esforzo tivo a súa recompensa adiantándose no marcador. A partir de ahí non deixaron de correr, para lograr unha vantaxe que lles deu a victoria final cun 36-48, ó noso favor.

Noraboa rapaces !!!!

ALEVÍN FEMININO : DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO - ALLARIZ : 49-32

¡ As nosas bombillas van a 30.000 voltios !

As nosas alevíns iluminaron este sábado as 09:30 horas o Pavillón do colexio Divino Maestro e transmitiron gañas de loitar pola victoria , no encontro disputado ante o equipo do Clube Baloncesto Allariz.

Dende o primeiro minuto do encontro todas e cada unha das nosas rapazas multiplicaron os seus coñecementos e habilidades para xogar ó baloncesto , por un factor que fai medrar exponencialmente o producto ... A SÚA ACTITUDE GAÑADORA E LOITADORA.

Este é o segredo do éxito que nos permitiu ter o encontro controlado en todo momento e obter un resultado final de 49-32 frente a un gran equipo como Allariz que conta con xogadoras de moito nivel.

VAMOS EQUIPO !!!!

INFANTIL MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - VAL DE LEMOS MONFORTE: 72-56

Primeira victoria da tempada a conseguida este domingo polos nosos xogadores infantís.

Foi un partido que dominamos dende o principio do mesmo , obtendo rentas importantes xa no primeiro cuarto. A diferenza obtida non foi crecendo durante o partido , pero foi a suficiente para ir aguantando o resultado, ata lograr unha victoria moi desexada ó remate dos corenta minutos. 

Notouse o bo traballo feito e tamén se notou a melloría no xogo que xa se levaba manifestando durante os derradeiros encontros. Pero o traballo ó final trae os resultados. 

Todos confiamos en que a partir de agora o equipo colla moral con este resultado, e sirva de impulso para que o equipo vaia a mais , e se ademais nos respetan as lesións, non queda outra que o equipo comece a obter os resultados que se merece.

INFANTIL FEMININO : ALLARIZ - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 72-35 

Moi bo partido o disputado polas nosas guerreiras na mañá do domingo en terras alaricanas fronte o equipo da vila.

As boas sensacións transmitidas polo equipo nos últimos partidos reflectíronse tamén neste choque. Xa dende o inicio as nosas cunha defensa moi forte e cun ataque moi rápido e efectivo lograron as primeiras ventaxas no marcador, e o bo facer nos primeiros dez minutos tivo como premio irnos por diante no resultado ó rematar o primeiro cuarto.

O segundo cuarto seguiu polos mesmos cauces do primeiro e non foi ata ós últimos tres minutos nos que o equipo local despegouse un pouco no marcador, 31-19.

O paso polos vestiarios non nos sentou moi ben e o equipo alaricano comezou a distanciarse no marcador. O baixón físicoda segunda parte foi evidente, e iso provocou que xa non estivéramos en liñas de pase, que chegáramos tarde as axudas e que errásemos moitos tiros cómodos. Todo isto provocou que as diferenzas foran crecendo ata o resultado final de 72-35.

Facendo unha análise do partido, as sensacións son moi positivas e nos reforzan as nosas ideas e nos dan aínda mais forzas para seguir a traballar nesta liña, que nos está dando tan bos resultados.

 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

BENXAMÍN MX : C.B. MASIDE - DIVINO MAESTRO FRIAVANSO : 9-43

Nova victoria para os peques do noso clube, nun partido no que os benxamíns dominaron o marcador dende o principio. 

Sen embargo ,non foi todo un camiño de rosas, xa que nalgún intre perdemos a concentración permitindo que o equipo contrario chegara con facilidade a canasta e sufrindo para ter o balón. Pero pronto os nosos rapaces e rapazas do Divino Maestro voltaron a poñer a carne no asador , demostrando que todos querían e podían aportar moitas cousas. 

En resumo, bo partido , no que nos quedamos cos bos detalles que amosan todos , e como van mellorando co paso das semanas . 

Hai que destacar que nesta segunda fase este equipo leva un balance de 4 partidos gañados e tan só 2 perdidos.

ALEVÍN FEMININO : DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO : CLUB BALONCESTO XINZO : 70-22  

Este sábado as 12:30 h recibimos na nosa pista ó CB Xinzo, rival que na primeira fase da liga, privounos da posibilidade de xogar por conseguir unha das prazas para participar na Liga FGB Alevín Feminino.

As gañas de demostrar que aquel desafortunado sábado pola mañá en Xinzo fora un accidente, levounos a xogar cunha gran intensidade, o que nos permitiu gañar o encontro por unha diferenza de 48 puntosno electrónico e con mais facilidade da prevista inicialmente polos antecedentes.

Todas as nosas xogadoras, excepto a nosa benxamina, Sara , que non puido asistir ó encontropor estar convalecente dunha enfermidade, xogaron cun nivel de sacrificio e esforzo , que rozou o máximo de cada unha.

Esto ven a demostrar que o ÉXITO en grande medida depende dun factor multiplicador como é a ACTITUDE.

VAMOS EQUIPO !!!!

ALEVÍN MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - BOSCO SALESIANOS BLANCO : 14-64

Este fin de semana o noso equipo Alevín Masculino comezou a derradeira fase desta tempada, e faino disputandoa no grupo dos mellores equipos, despois dunha brilante fase de clasificación. O primeiro partido tocounos xogar co rival , en teoría, mais forte do grupo.

A diferenza plasmouse sobre o campo dende os primeiros minutos. A intensidade dos dous equipos foi similar, pero a superioridade física ,en xeral, dos visitantes foi a detonante e a razón principal do marcador final.

Cómpre destacar, sen querer xustificar a derrota, a ausencia de Jaime, peza clave do equipo, o que nos restou potencial.

INFANTIL MASCULINO : A.B.XINZO - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 64-51

Tamén para os nosos infantis comezou esta pasada fin de semana a segunda fase da competicíon, aínda que neste caso , o equipo non conseguiu clasificarse no grupo dos mellores.

Tamén ó igual que na categoría alevín, comezamos xogando co rival mais forte do grupo.  Aínda así, os nosos xogadores, estiveron a piques de acadar o que sería a primeira victoria da tempada.

O partido comezou moi igualado ata que no segundo cuarto, un parcial do equipo local, provocou que se escaparan no marcador.  Pero os nosos rapaces non se rendiron e souberon repoñerse , e imcluso adiantarse no marcador , mediado o terceiro cuarto. Ao final, no derradeiro período un parcial de 17-8 para os locais , rematou cas opcións de victoria. 

Moi boas sensacións as que nos deixou o equipo, que afontará os seguintes compromisos cunha boa moral despois do bo traballo realizado.

INFANTIL FEMENINO : DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS - PABELLÓN OURENSE : 42-83

Primeiro partido desta segunda fase na que as nosas guerreiras xogarán no grupo cos mellores equipos, que se disputarán unha plaza para xogar por ascender á 1ª División Infantil Feminina.

Este primeiro encontro disputabámolo contra o equipo do Pabellón, que demostrou estar neste intre moi por riba de nos. De todos xeitos o primeiro cuarto estivo moi igualado, ofrecendo as nosas xogadoras un xogo moi dinámico, cun rápido movemento do balón e con moita intensidade defensiva. No segundo cuarto o rival subiu a súa intensidade defensiva, e iso sumado ó maior nivel físico, fixo que as diferenzas comezaran a medrar. As nosas xogadoras, pese a verse detrás no marcador, en ningun momento baixaron a intensidade e intentaron durante todo o partido competir de ti a ti co equipo contrario.

Moi boas sensacións nos deixa este choque, no que se puido apreciar a progresión que estamos a levar e o que nos indica que estamos a traballar polo camiño axeitado. 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS INFANTÍS

Esta xornada tan so disputaron partidos os nosos equipos infantís, xa que para os equipos de minibásquet había xornada de descanso.

INFANTIL MASCULINO: DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - CB MARISTAS : 31-77

O domingo pola mañá disputouse no noso campo o partido infantil masculino, correspondente aá derradeira xornada desta primeira fase.

Chegabamos por segunda semana consecutiva con moitas baixas por enfermidade, feito que non fixo que o equipo se dera por vencido en ningún momento.

Comezamos xogando moi ben tanto en ataque coma en defensa, sendo duros e movendo ben o balón. Aínda así, a superioridade física do equipo rival ,notouse, e remataron por escaparse no marcador.

A pesar do marcador, moi boas sensacións as que van saíndo deste equipo cara a segunda fase, que comeza agora e na que esperemos que os partidos sexan mais igualados.

INFANTIL FEMENINO:DIV. MAESTRO OURENSE RÓTULOS-ESC.DEP.MUN.MACEDA: 60-26 

Cuarta victoria consecutiva para as nosas guerreiras, pechando así unha moi boa primeira fase, na que rematamos na terceira posición do grupo cun balance de 7 victorias por tan só 3 derrotas e a 3 puntos da segunda plaza.

A próxima semana comezará xa a segunda volta e xogaremos no grupo dos mellores xunto cos tres mellores equipos do outro grupo.

O partido non tivo historia e cun parcial de 21-0 no primeiro cuarto o partido quedou visto para sentencia.Foi un bo partido para que todas as xogadoras xogaran mais ou menos os mesmos minutos e demostrando os progresos mostrados nos últimos adestramentos.

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

BENXAMÍN MIXTO : ALLARIZ MIXTO - DIVINO MAESTRO FRIAVANSO : 30-26

Complicado partido o deta fin de semana contra o equipo de Allariz. Puidemos ver un encontro que mais ben pareceron ser dous diferentes. Cun principio moi igualado, os cuartos seguintes foron repartidos por ambos equipos.  Así os nosos peques realizaron uns extraordinarios segundo e terceiro períodos, cun gran xogo no que todos defendían e e xogaban en equipo. A base de presión defensiva erápidos pases o Divino Maestro chegou moi adiantado no marcador. Sen embargo, ben a concentración ou ben o cansanzo, fixeron mella nos nosos e as tornas mudaron por completo, intercambiándose os papeis. 

O equipo alaricano non só remontou o partido, se non que puxo unha diferencia no marcador, que os nosos non conseguiror recuperar, a pesar de gañar o último cuarto. Ó final do partido, o equipo de Allariz levábase o partido por unha diferenza de 4 puntos.

ALEVÍN FEMENINO :   DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO - EDO BARBADÁ : 46-28

                              MARISTAS - DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO : 29-28

Esta pasada fin de semana o noso equipo Alevín Feminino disputou dous partidos, contra dous equipos ben distintos e con resultados dispares.

Por un lado na xornada do venres, disputamos un encontro contra o equipo de EDO Barbadás. Este partido fgoi unha boa oportunidade, para que as nosas xogadoras mais noveles contasen cunha importante cantidade de minutos.  O resultado aínda sendo positivo foi o de menos. O mais positivo foi o desenrolo colectivo dos conceptos adestrados durante a semana.

Por outra banda na xornada de sábado, disputamos o segundo encontro contra o equipo de Maristas. Foi un partido moi disputado, cunha grande intensidade tanto defensiva coma ofensiva, tal e como acontecera contra este mismo rival no partido da primeira volta.

A nosa falta de acerto en ataque errando varias accións debaixo do taboleiro , xunto coa falta deintensidade defensiva condenounos a perder o partido por un punto. Aínda así, conseguimos manter o básquet averaxe e rematar esta segunda fase da liga , naprimeira posición. Sendo este un motivo de ledicia, non debemos esconder a decepción por non ser capaces de desenrolar neste encontro o noso xogo plenamente.

Agora toca seguir traballando e mellorando de cara a última fase da liga.

VAMOS EQUIPO!!!! 

INFANTIL MASCULINO : COB - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 80-30

O partido disputado o sábado pola mañá no Pazo Paco Paz, comezou con malas novas, xa que acudíamos con tan só 3 xogadores en idade infantil, debido as baixas por enfermidade ou lesión da maioría dos xogadores.

Gracias o gran apoio do noso equipò alevín , que aportou 5 xogadores , o partido puidose xogar.

O encontro non tivo moita historia, xa que o rival foi moi superior.

Agradecer ó equipo do COB que propuxera un partido moi aberto no que puidemos aproveitar moitos detalles.

Esperamos recuperar durante a semana á maior parte dos lesionados de cara ós próximos encontros.

INFANTIL FEMININO : DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS - MUEBLES VICTORIA BARCO : 60-10 

Partido sen moita historia, no que o equipo rival tan só se presentou con 6 xogadoras.

O noso equipo plantexouse o partido como unha oportunidade para seguir adestrando as novas cousas introducidas de cara a mais que interesante segunda fase, na que o noso equipo vai xogar no grupo no que están os 6 mellores conxuntos infantís. 

Excepto 5 min de despiste e falta de intensidade no segundo cuarto, podemos estar contentos polo traballo realizado polas nosas xogadoras, non perdendo a concentración durante o partido e demostrando o bo momento polo que atravesa o noso equipo, que pretende chegar nas mellores condicións posibles á segunda fase da competición.

O partido xa dende o primeiro período quedou sentenciado cunha diferenza de 20 puntos e a partires de ahí a ventaxa non deixou de medrar ata o resultado final. 

 

 

NOVA XORNADA PARA OS EQUIPOS DO NOSO CLUB

BENXAMÍN MIXTO : Salesianos Amarillo - Divino Maestro Friavanso : 38-49

Que maneira de comezar o mes de febreiro!!!Emocionante partido e cunha nova victoria. No partido disputado este pasado mércores na pista de Salesianos, o equipo benxamín comezou gañando cun gran primeiro cuarto. Sen embargo, pronto a diferenza de 20 puntos viuse reducida, pois o equipo contrario reaccionou moi forte xa nos primeiros minutos do segundo cuarto.

Vimos a partir dese momento un partido moi igualado e reñido.  Ó noso equipo costoulle moito frenar os ataques contrarios e sufrimos moito para poder manter a ventaxa no marcador.

Finalmente e a pesar do cansanzo, un último e meritorio esforzo no derradeiro cuarto , volveunos a dar unha certa ventaxa e así levarnos unha nova victoria cun marcador de 38-49.

Noraboa ós dous equipos polo esforzo e o bo traballo.

BENXAMÍN MIXTO : Divino Maestro Friavanso - EDO Barbadás : 21-50  

No segundo partido desta xornada disputado no noso pavillón , nada puidemos facer para gañar ó equipo rival. A pesar de comezar cun primeiro cuarto igualado, no que o noso equipo aguantou o tanteo cun 2-0 inicial, foi nada mais comezar o segundo período , cando o equipo contrario se despegou no marcador demostrando a súa superioridade.

Un equipo moi ben plantado, cunha defensa moi forte en medio campo, notábase que o grupo levaba varios anos adestrando xuntos. Sen embargo, os nosos peques non baixaron a cabeza e demostraron que queren seguir crecendo, vencendon nun meritorio cuarto. Finalmente 21-50 a favor do equipo de Barbadás.

A seguir traballando!!! 

ALEVÍN MASCULINO : Divino Maestro Reale Seguros - A.B. XINZO : 63-55

Nova victoria para os nosos alevíns. Esta vez no noso pavillón, fronte a un moi bo conxunto como é o equipo de Xinzo.

O partido mantívose sempre moi igualado, sen diferenzas abultadas no marcador ata o derradeiro sexto , no que os nosos impuxéronse grazas a un parcial de 18-8 a favor, para adiantarse no marcador e levarse o partido.

Pese a diferenza física existente entre os dous equipos, o equipo rival conta con dous ou tres rapaces moi grandes, o noso equipo supliu esa desventaxe cunha moi intensa defensa e unhos ataques basados no movemento moi rápido do balón ata atopar situacións cómodas de tiro.

ALEVÍN MASCULINO : Xuventude Verín - Divino Maestro Reale Seguros : 47-62 

Este domingo 14 de febreiro, o noso equipo alevín masculino disputou un intenso partido na pista de Salesianos ante un impoñente rival. Un equipo de rapaces e rapazas fisicamente moi superior ó noso, pero que os nosos pequenos guerrilleiros sacaron adiante cunha intensa defensa presionante a toda pista e cunha desinteresada entrega individual para axudarse entre eles e parar ós xogadores rivais en todo momento.

Dende a defensa e o sacrificio individual en prol dun obxectivo común , foron cimentando a victoria.  Victoria á que contribuiu tamén un xogo en ataque solidario no que non dubidaron en dar ese pase extra para que un compañeiro puidese finalizar na mellor posición. Uns xogadores pasando e movéndose para recibir e finalizar nos cortes que lograban , e outros abertos para recibir cando a defensa se pechaba e rematar as xogadas con tiros de tres, non deron opcións ó rival en  ningún intre do partido, indo sempre por diante no electrónico.

Estra traballada victoria todo o equipo e o corpo técnico accidental queren adicarlla ó seu adestrador , PABLO , quen por indisposición , non puido asistir ó encontro, a pesar de intentalo ata media hora antes do mesmo.

VAMOS EQUIPO !!!!

INFANTIL MASCULINO : Divino Maestro Reale Seguros - C.B. Maside : 60-67 

Os nosos nenos volveron a caer nun partido igualado. O equipo competiu , pero parece que a sorte non está do lado dos nosos rapaces, xa que no único partido con opcións reais nesta primeira fase, a mala sorte cebouse cos nosos en forma de lesións e inconvintes.

De todos xeitos, o equipo soubo manterse no marcador, tendo oprtunidade de gañar ata o pitido final.

Esperamos nos vindeiros partidos e na segunda fase acadar a primeira victoria da tempada.

INFANTIL FEMININO : Divino Maestro Ourense Rótulos - C.B. Maside : 62-11 

Moi bó partido das nosas xogadoras. 

Xa dende os primeiros intres do encontro quedou clara a diferenza existente entre os dous equipos. A defensa presionante a toda pista permitíanos roubar moitos balóns e finalizar en accións de superioridade sempre. 

A partires de ahí abandoamos a presión e optamos por probar outro tipo de defensa algo mais conservadora, pero non por iso menos intensa, probando cousas de cara os partidos da segunda fase.

Foi un día no que as xogadoras menos habituais, puideron xogar moitos minutos e demostrar que cada día están facendo méritos para poder xogar mais. Tamén destacar a boa actuación da nosa xogadora alevín Lucía Cid, que habitualmente nos axuda nos adestramentos e nos partidos.

Agora tócanos seguir traballando para seguir ca boa líña demostrada nos derradeiros partidos e para preparanos da mellor forma posible para a dura segunda fase que nos espera.

 

 

 

NOVA XORNADA PARA O NOSO EQUIPO BENXAMÍN

BENXAMÍN MIXTO : BOSCO SALESIANOS AMARILLO - DIVINO MAESTRO FRIAVANSO : 38-49

    Que maneira de comezar o mes de abril, cun emocionante partido e cunha nova victoria dos nosos peques. Tres victorias en outras tantos partidos nesta segunda fase de competición. 

    No partido xogado este mércores na pista de Salesianos, o equipo benxamín, comezou gañando cun magifico primeiro cuarto. Sen embargo, pronto a diferenza de 20 puntos acadada, viuse recortada, xa que o equipo contrario reaccionou moi ben xa nos primeiros minutos do segundo período. Vimos a partir dese momento un partido moi reñido e igualado. Ó noso equipo costoulle moito frenar os ataques contrarios e sufrimos para poder manter a ventaxa no marcador.

    Finalmente, e a pesar do cansanzo, un último e meritorio esforzo no derradeiro cuarto , volveunos a dar certa ventaxa e así levarnos unha nova victoria á casa cun marcador de 38-49 a favor.

    Noraboa a ambos equipos polo esforzo e bo traballo.

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Moi boa xornada para os nosos equipos, e non só polos resultados acadados, 4 victorias en 5 partidos, senón pola progresión que demostran os xogadores individualmente e todos os equipos.

INFANTIL MASCULINO  : BLANCO AMOR EL CARMEN - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 60 - 30

O partido disputouse o sábado as 10:00 h da mañá no pavillón do I.E.S Blanco Amor. O partido pódese dividir en dúas partes ben diferenciadas.

Unha primeira antes do descanso, na que o noso equipo mantívose no partido e no marcador , chegando ó final da primeira parte cun axustado 26-22. e unha segunda parte na que houbo unha desconexión total , que produciu que o equipo local escapara no marcador ata a diferenza final de 30 puntos. Aínda así, debemos quedarnos coa boa imaxe mostrada nos dous primeiros cuartos, que indican unha grande melloría e progresión dos nosos.

ALEVÍN MASCULINO : VAL DE LEMOS - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 50-51   

O partido disputouse o domingo pola mañá na vila de Monforte e ó igual que o partido infantil, este encontro tamén tivo dúas partes ben dierenciadas, separadas polo tempo de lecer. Os tres primeiros cuartos foron domiñados fundamentalmente polo equipo local, aproveitando a gran altura dos seus xogadores. Na segunda metade, os nosos xogadores subiron o nivel de intensidade, cunha alta presión, que facilitou moitas canastas fáciles ó contraataque, feito que se mantivo ata o final do partido ata anotar a canasta gañadora.

Moito mérito ten este equipo, xa que case a metade dos seus xogadores están aínda en idade benxamín. Noraboa ós xogadores e os seus adestradores.

ALEVÍN FEMININO : DIVINO MAESTRO TIAGO CALEFACCIÓN - MARISTAS AGUA DE SOUSAS : 38-34

EDO PRÁCTICAS - DIVINO MAESTRO TIAGO CALEFACCIÓN : 21-56

Esta pasada fin de semana o noso equipo disputou unha doble xornada competitiva.

O pasado xoves xogaron un disputado partido contra o equipo de Maristas ,na pista do noso colexio.

O partido foi moi competido a as nosas pupilas tiveron que dar o mellor de si, e o máximo esforzo para acabar cun marcador axustado de 38-34, que da idea da igualdade existente e do competido que foi.

O sábado pola mañá , disputamos o segundo partido, neste caso no Pavillón Municipal de Barbadás, contra un rival xa coñecido, EDO Prácticas. Neste partido as nosas xogadoras benxamíns así como as alevíns de primeiro ano , puideron disfrutar dun gran número de minutos e demostrar os progresos que van acadando a base de esforzo e tesón. 

Con todo isto e o apoio das xogadoras de segundo ano, que sempre dan a cara e non escatiman esforzos , logramos unha nova victoria por 21-56. 

VAMOS EQUIPO !!!!

INFANTIL FEMININO : CARMELITAS VEDRUNA - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 49-50

Ó igual que no partido da primeira volta o partido se decidiu nos derradeiros intres do último cuarto, pero a diferenza dese primeiro partido, esta vez nós, fomos os que logramos unha merecida victoria.

Debido as baixas de Uxía e Nerea por lesión, de Raquel por motivos persoais e ca man esquerda de Paula inflamada, presentabámonos con sete xogadoras dispoñibles mais a presenza de Lucía, xogadora do alevín.

Os nervios iniciais provocaron nos dous equipos moitos erros en tiros cómodos e iso provocou unha anotación moi baixa en ámbolos conxuntos.

No segundo cuarto non mellorou a cousa para o noso equipo, feito que aproveitaron as locais para escaparse por 9 puntos a tres minutos do descanso.  Pero tras un tempo morto, un parcial de 0-6,culminado cunha canasta de Alba sobre a bocina, tras rebote ofensivo,provocou que nos fóramos o decanso cun resultado moi igualado.

Na segunda parte ,por fin , as nosas xogadoras soltáronse en ataque e iso unido a unha maior intensidade defensiva, provocou que nos puxéramos por diante no marcador e ca sensación de que o partido estaba mais preto de caer para o noso lado.

No último cuarto a igualdade no marcador foi unha constante, e chegamos os últimos segundos un punto por debaixo. Pero dous tiros libres anotados por Claudia e unha excelente última defensa na que recuperamos o balón, permitíronnos gañar o partido.

Destacar a gran labor de todas as xogadoras e a alta porcentaxe no lanzamento de tiros libres, unha das claves desta nova victoria.  

 

 

Distribuir contido