Baloncesto (100)

NOVA XORNADA PARA O NOSO EQUIPO BENXAMÍN

    Esta pasada fin de semana tan só tivo xornada o equipo benxamín, xa que por diversos motivos o resto de equipos do clube non disputaron encontros.

    DIVINO MAESTRO FRIAVANSO - EDO BARBADÁS BABY : 45-8

    Divertida tarde de domingo co partido dos nosos peques no polideportivo da Aneja. O equipo benxamín enfrontouse ó EDO BARBADÁS BABY, nun encontro no que ambos conxunto mostraron unha grande ilusión.

    En canto ó xogo, o o noso equipo tratou de baar a súa táctica na prioridade dos pases, por riba do un contra un.

    Finalmente , o partido rematou cun marcador favorable de 45-8 a favor do noso equipo, e cun grande aplauso mais que merecido para ámbolos conxuntos polo eforzo realizado durante todo o partido. 

    NORABOA RAPACES !!!! 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

BENXAMÍN MIXTO : Divino Maestro Friavanso - Carmelitas 2006 :56-24

Voltou a época dos partidos tra-o parón de Nadal. Para comezar as xornadas do novo ano enfrontabámonos ó conxunto de Carmelitas 2006. O partido non comezou demasiado ben para os nosos rapaces, xa que ó final do primeiro cuarto , estabamos por debaixo no marcador por un resultado de 6-8. Pero non durou moito esta situación, pois a partir do segundo cuarto as tornas cambiaron e os benxamíns conseguiron dar a volta ó tanteo mediante rápidos contraataques e presión na defensa dos saques contrarios.

Finalmente o Divino Maestro venceu por 56-24, pero o mais importante foi ver a ilusión dos rapaces e as gañas coas que voltaron das vacacións. PARABÉNS !!!!!

ALEVÍN FEMENINO : EDO BARBADÁS - DIVINO MAESTRO TIAGO CALEFACCIÓN : 19-58

Este sábado ás 12:30 h, disputamos novamente na nosa cancha, o segundo partido correspondente á nova fase de liga na que nos encontramos inmersos.

O noso rival foi un voluntarioso e lotador EDO BARBADÁS. As nosas rapazas desenrolaron un xogo rápido e fluído acode co entrenado durante toda a semana, o que nos levou a unha nova victoria. Se ben o menos importante foi esta victoria, senón a posibilidade que tiveron as nosas xogadoras mais noveles de tomar responsabilidades disputando un maior número de minutos do habitual.

É de reseñar a gran labor das dúas xogadoras benxamíns, Sara e Elena, que nos levan axudando toda a tempada tanto en adestramentos, coma en partidos e que brilan con luz propia en encontros coma este.

VAMOS EQUIPO !!!!

ALEVÍN MASCULINO : ALLARIZ - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS . 67-23

Partido xogado este sábado pola mañá na vila de Allariz. Un partido que en principio supoñíase que ía ser competido, convertiuse rapidamente nun partido de cara para o clube local. Os nosos nenos saíron moi despistados e o equipo local aproveitouno para irse no marcador.  A partir de ahí as distancias seguiron aumentando ata o marcador final.

Agardamos dar unha mellor imaxe nos vindeiros partidos.

INFANTIL MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - CARMELITAS : 36-85

Este partido disputado na mañá do domingo demostrou un gran avance na progresión do noso equipo. 

Na primeira volta fronte o mesmo rival, só conseguimos anotar 6 puntos en todo o partido, e neste, anotamos 36 e conseguimos evitar o peche do marcador . A nivel baloncestístico, houbo momentos de bo xogo en ataque por parte dos nosos, dando unha moi boa imaxe e competitividade por anacos.

INFANTIL FEMININO : DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS - C. CARMELITAS : 15-65

A progresión experimentada polo equipo , reflectiuse neste partido, no que as nosas xogadoras, pese ó resultado final, ofreceron unha moi boa imaxe durante todo o encontro.

Por momentos practicamos un xogo ofensivo moi dinámico, cun movemento rápido do balón, e en defensa subindo o nivel defensivo, non só apretando as liñas de pase, se non tamén , estando mais atentas nas axudas.

O inicio do partido foi moi igualado e os 5 min no marcador víase un 4-6 para as visitantes. Nese intre o adestrador local deu entrada as xogadoras de segundo ano e as diferenzas comezaron a crecer. As nosas guerreiras nunca se rendiron, pero a diferenza de ritmo de xogo cada vez era mais evidente debido o cansanzo das nosas, e debido a iso o partido quedaba listo para sentenza.

Na segunda parde os continuos dous contra un, cos que o rival nos esperaba no primeiro pase pasado medio campo, provocounos moitas perdas de balón e contraataques moi fáciles que facían que no terceiro cuarto pecharan o marcador.

Esa situación non nos desanimou e continuamos intentando facer o noso xogo ata o final do partido.

Agora a preparar o seguinte partido, no que nos xogamos a segunda plaza do grupo.   

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS ALEVÍNS

  Alevín Feminino :

Este luns 11 de xaneiro, e tras o obrigado aprazamento do partido por lesións e ausencias dalgnha das nosas xogadoras, disputamos no pavillón do noso colexio, un a priori, aseqible partido.

A realidade tornouse ben distinta e foi un partido ben igualado e disputado ata o derradeiro cuarto, xa que sumado á lesióndalgunha xogadora importante , sumouse a repentina e inoportuna indisposición que sufriu durante o transcurso do encontro á nosa capitana. Ademais por se toda esta morea de desafortunadas coincidencias non fosen de por si suficientes , temos que engadirlle a falta de acerto, que nos lastrou durante todo o encontro levándonos a cometer erros impropios da calidade que atesoura a nosa plantilla de xogadoras. 

Aínda con todo, a garra e gañas de acadar a victoria das xogadoras permitiunos loitar ata o derradeiro cuarto do encontro e neste sentenciar o mesmo cunha traballada victoria fronte a un rival que nos puxo a mesma moi complicada. O resultado final foi de 40-31.

Sumamos a primeira victoria desta segunda fase de competición á espera de que as xogadoras se recuperen e poidamos desenrolar un xogo mais brilante e fluído en próximos encontros.

Imos equipo!!!

Partido Alevín Masculino : Divino Maestro Reale Seguros - Blanco Amor : 66-33

Primeiro partido desta segunda fase para o noso equipo alevín masculino. Moi bo partido en tódolos aspectos, tanto en xogo coma en sensacións.

Posiblemente o mellor e mais completo partido da tempada o que disputamos este sábado.

Os nosos xogadores souberon solucionar o partido rapidamente, chegando o final do quinto período cunha ventaxa de 36 puntos.

Esperamos con gañas o seguinte partido. 

DERRADEIROS PARTIDOS DO ANO PARA OS NOSOS EQUIPOS INFANTIS

    Despois de rematar os equipos de minibásquet a semana pasada a primeira fase da súa competición, esta fin de semana tan só tiveron xornada os equipos de categoría infantil.

    O equipo Infantil Masculino perdía na visita o equipo de Maristas por un resultado de 59-8

    Non foi demasiado bo o partido disputado o último fin de semana do ano. O partido non comezou moi ben para os nosos intereses, xa que moi cedo tivemos problemas de lesións nalgunhos xogadores debido a distintas contusións recibidas. Este feito limitounos o resto do partido a nivel físico e a nivel de intensidade tamén. 

    Ó final un resultado abultado en contra. Intentaremos comezar o próximo ano con mais gañas e ca idea de seguir mellorando de cara a cumprir os nosos obxetivos na segunda fase.

    O equipo infantil feminino disputou o seu derradeiro partido da primeira volta desta primeira fase na pista de Maceda, ca intención de lograr a terceira victoria consecutiva.

    A verdade e que pese a victoria cun resultado final de 21-58, non foi nada doado debido a mala primeira parte que fixo o noso equipo, con moi pouca intensidade e con moitos erros tanto en ataque coma en defensa. O resultado o descanso 14-20 , indicaba claramente a relaxación ca que se afrontou o partido.

    Pero o descanso e o paso polos vestiarios sentáronlle moi ben o noso equipo, e produciuse un cambio de actitude radical e o parcial de 0-24 nese terceiro período, reflexabao claramente. No derradeiro cuarto a ventaxa seguiu medrando, grazas a unha boa defensa e a rápidas transicións, que nos permitían conseguir canastas sinxelas sempre con superioridade.

    O mellor sen dúbida ademais do resultado , o cambio de actitude amosada polo equipo despois do descanso-

    Con esta victoria conseguimos practicamente a clasificación para disputar a segunda fase no grupo dos seis mellores equipos, os tres primeiros de cada grupo.

 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

ALEVÍN FEMENINO :BOSCO SALESIANOS - DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO : 51-33

Este fin de semana as nosas alevíns afrontaban un encontro fronte a un rival moi forte,tal e como demostra a clasificación como primeiras do grupo B (Bosco Salesianos)

Aínda con todo, as nosas guerrilleiras plantáronlle cara a un rival moi potente e foron quen de desenrolar un xogo alegre e vistoso durante todo o encontro, o mesmo tempo que puñan en práctica o entrenado nas últimas semanas. O tanteo final, aínda non sendo favorable 51-33, foi o menos importante e vistoso de todo o encontro, non pondo de releve o xogo desenrolado polas nosas xogadoras.

Agora queda seguir traballandon para mellorar día a día tanto individual coma colectivamente e intentar unha boa clasificación na segunda volta da liga.

VAMOS EQUIPO!!!!!

INFANTIL MASCULINO :    DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - COB : 40-90

Partido con moita diferenza dende o primeiro minuto, pero contra un equipo que nos permitiu xogar e denvolver o noso xogo , aínda sabendo a diferenza existente.

Os nosos xogadores puideron competir durante todo o partido, habendo momentos de moi bo xogo e boas accións, as mesmas que nos fixeron chegar os 40 puntos contra un moi bo conxunto.

ALEVÍN MASCULINO :     CB MASIDE -  DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 25-73

Segunda victoria a colleitada na mañá do domingo contra un rival moi superior fisicamente. A altura dos nosos rivais provocou que nos colleran moitos rebotes, tanto nun aro coma no outro, aínda que ese detalle non fixo perigar o resultado.

Partido competido por momentos, pero que rematou cunha diferenza ampla, que nos permite rematar esta primeira fase, na cuarta posición do noso grupo, que nos da dereito a competir na liguiña da segunda fase co resto dos terceiros e cuartos clasificados dos outros grupos.  

Comezaremos depois do Nadal.    FELICES FESTAS !!!! 

INFANTIL FEMENINO  :     MUEBLES VICTORIA BARCO - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 13-63

Acudía o equipo a esta cita cas baixas por enfermidade de Claudia e Nerea, polo que tivemos que subir a unha xogadora alevín, Lucía Cid, para viaxar con 10 xogadoras.

Despois da longa viaxe a verdade e que esperábame un comezo de partido mais frío, pero o certo  e que as nosas xogadoras saíron moi metidas dende o inicio e cunha moi boa defensa a toda pista conseguimos romper xa de inicio o partido, e cun parcial no primeiro cuarto de 4-22, quedaba practicamente sentenciado o partido.

A partir de ahí as diferenzas non deixaron de medrar, e apesar diso o equipo mantivo unha moi boa actitude o resto do encontro, e puidéronse probar cousas para as vindeiras xornadas.

Compre destacar a boa labor de todas as xogadoras, todas cumpriron moi ben, facendo en todo momento o que se lles pedía e tamén agradecer a Lucía Cid ó facer unha viaxe tan longa para axudar as súas compañeiras.

Noraboa ó equipo pola victoria, segunda consecutiva, e que nos acerca un pouco mais ó obxetivo de rematar esta primeira fase entre aas tres primeiras clasificadas do grupo.

BENXAMÍN MIXTO  :  ALLARIZ FEMENINO - DIVINO MAESTRO FRIAVANSO : 71-20

Dúas semanas despois voltou a liga dos mais peques. Desta vez viaxamos para enfrontarnos co equipo de Allariz Feminino na súa casa.

A volta foi dura e os nosos benxamíns costoulle moito seguir o ritmo do partido. A tónica do encontro foi mais ou menos constante en todos os cuartos, xogando contra unha rapazas moi ben situadas na cancha, e cun xogo moi solidario a base de continuos pases, pouco puidemos facer. A nosa noraboa ó equipo alaricano pola victoria.

Agora toca voltar ó traballo e seguir esforzándonos todos xuntos, para avanzar cada día un pouco mais. 

 

 

 

 

 

 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Esta semana disputaron todos os equipos do club os seus partidos fora da casa, excepto o equipo alevín femenino que lle tocou descansar.

Alevín Masculino : Salesianos Bosco Blanco - Divino Maestro Reale Seguros : 80-30

Esta fin de semana o noso equipo alevín atopouse a un moi bo conxuntocun nivel de xogo moi alto. Os nosos comezaron un pouco blandos en defensa, cousa que Salesianos aproveitou para escaparse no marcador. A partires dese intrea diferenza no marcador foise ampliando pero mais a modiño. Traballeremos moito estas dúas semanas para encarar o último partido da primeira fase, contra Maside e intentar acadar unha nova victoria.

Infantil Masculino : CB Maside - Divino Maestro Reale Seguros : 55-50

O partido mais igualado que tivo o noso equipo ata a data. Os nosos rapaces do infantil, comezaron con moitas ganas e iso notouse no marcador ó final do primeiro cuarto, cun resultado favorable de 11-20.

As distancias foron "facendo a goma"ata que rematou a gasolina dos nosos 7 valentes. Os locais acercáronse no marcador ao final do terceiro cuarto, para poñerse por diante a falta de catro minutos para ó final.

Unha magoa non poder contar cunha rotación mais ampla para dar descanso os demais xogadores.

Benxamín Mixto : Divino Maestro Friavanso - Franciscanas Mixto : 11-54

Amencía este domingo de partido e o noso equipo benxamín chegaba á súa cita coa liga, facendo fronte ó frío ourensán.  Na cancha de Salesianos atopámonos diante dun gran equipo, Franciscanas Mixto, xusto e claro vencedor do partido.

O comezo do partido foi moi duro, Franciscanas comezou cunha forte defensa a todo campo que facía moi difícil achegarse ó aro rival. Sen embargo, os nosos peques foron collendo pouco a pouco ritmo de partido, levantando a cabeza e situándose mellor en defensa. Así tras dous cuartos sen poder anotar, todo foi a mais, logrando incluso gañar o quinto periodo cun meritorio traballo de grupo.

ó final 11-54 para Franciscanas, e unha gran noraboa para ambos equipos. Debemos estar moi orgullosos dos nosos rapaces e rapazas, xa que a pesar de verse nun partido moi complicado, non se viñeron abaixo en ningún momento, senón que sempre mantiveron a ilusión que os caracteriza e iso notouse nunha clara evolución do primeiro ó último minuto.

Infantil Feminino : CB Maside - Divino Maestro Ourense Rótulos : 21 -59

Á terceira foi a vencida e as nosas rapazas lograron a primeira victoria da tempada e a primeira que consigue un equipo infantil na historia do noso clube.

O inicio foi moi frío por parte das nosas xogadoras, ó igual que a temperatura no pavillón. Pero a partires do minuto catro, comezaron a entrar en calor, e despois dunhas boas defensas puxémonos por diante no marcador e a partir de ahí as diferenzas foron medrando en cada cuarto. 

O equipo mostrou unha gran intensidade defensiva durante os 40 minutos, aínda que hai certos aspectos que é necesario seguir a traballar. Ofensivamente non erramos cousas tan sinxelas como nos partidos anteriores , pero debemos seguir traballando a circulación do balón e a movilidade das xogadoras sen balón.

Contentos ca victoria, pero precisamos mellorar moitas cousas.

O vindeiro fin de semana por mor da ponte da Constitución , non haberá competicións en ningunha categoría.

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Crónicas dos partidos disputados esta fin de semana .

O partido que disputou o noso equipo Alevín Masculino , seguramente pode ser o mais difícil que terá en todo o ano. O equipo comezou moi nervioso , e ese sentimento notouse durante todo o partido, o que levou a cometer  erros que no soen cometer os nosos nenos.

Aínda así, o equipo seguirá traballando para os próximos partidos, que seguro serán mais igualados. O resultado final foi : Blanco Amor - Divino Maestro Reale Seguros : 58-8

Na categoría Infantil Masculina o noso equipo tamén se enfrontaba o equipo do Blanco Amor, aínda que con diferentes sensacións. O equipo comezou cun parcial favorable ó equipo visitante debido ó seu poderío debaixo dos aros. Pero no segundo cuarto , o noso equipo logrou acercarse no marcador , grazas a uns moi bos minutos, para acadar un parcial moi igualado neste segundo período.

Ó final, os visitantes volvéronse a ir no marcador, debido á mesma razón, para finalizar o partido cun 24-74 favorable os xogadores do Blanco Amor.

A próxima xornada visitaremos a pista de Maside, no que promete ser un partido de igual a igual.

Nova victoria do equipo Benxamín Mixto. Desta vez a expedición do Divino Maestro marchou o sábado moi cedo cara Allariz , onde os nosos rapaces e rapazas encontráronse co Bosco Salesianos Amarillo. A victoria non foi doada, e puidemos disfrutar dun partido moi igualado. Sen embargo , o Divino Maestro soubo xogar unido e aproveitar moitas contras para meter unhas canastas que serían a clave do partido.

Así mesmo , os pequenos demostraron que semana tras semana seguen medrando e, nesta xornada, mostraron unha maior concentración en defensa, estando mais rápidos á hora de parar o avance do equipo contrario e así voltar a Ourense cun resultado de 22-26 ó noso favor.  

Este fin de semana as nosas pupilas do equipo Alevín Feminino afrontaban un trascendental encontro fronte a un rival directo (CB Xinzo) para lograr os nosos obxetivos clasificatorios nesta primeira fase de competición.

Lamentablemente non estabamos todas, xa que igual que o fin de semana pasado , non puidemos contar ca participación da loitadora e intensa Clarita, por mor dunha lesión da que se está a recuperar.

Aínda con todo, saímos ó encontro con moitas gañas, ilusión e garra o que nos levou a desenrolar un xogo rápido e alegre que nos permitía dominar no electrónico. Pero a gasolina empezou a faltar no derradeiro cuarto, e esto levounos a acabr sucumbindo ante o CB Xinzo por un resultado axustado de 51-47 .

A pesar de todo non deixa de ser un pasiño mais no noso proceso de aprendizaxe e mellora que non acaba máis que comezar e que nos levará a cantidade de alegrías e satisfaccións.

VAMOS EQUIPO !!!!

O equipo Infantil femenino tiña un partido complicado ante o segundo equipo das Carmelitas, un equipo formado por rapazas todas moito mais grandes e físicas cas nosas.

O noso equipo sen xogar demasiado ben na maior parte do encontro, sempre estivo no partido e na primeira parte sempre domiñou o marcador, aínda que con ventaxas sempre moi pequenas.

Na segunda parte o equipo visitante estivo moi acertado no tiro exterior e se a iso lle sumamos ó dominio total do rebote baixo os dous aros, ahí temos as claves polas que se nos escapou o partido.

Faltando 5 minutos para rematar o partido as visitantes acadaron a maior ventaxa do partido, 8 puntos, que xa parecía definitiva, pero as nosas xogadoras non se deron por vencidas e tras boas defensas entramos no último minuto 4 puntos abaixo e con balón. Pero o erro de dúas canastas sinxelas baixo o aro sen defensor, condenounos á derrota cun resultado de 36-40.

Moito traballo por diante , pero confiados no que se está a facer e con moi boas sensacíóns de cara ós vindeiros partidos.

 

 

 

2ª XORNADA DOS NOSOS EQUIPOS

Esta pasada xornada os nosos equipos infantil masculino e femenino tiveron xornada de descanso e tan só houbo partidos dos nosos equipos de minibásquet.

O equipo benxamín mixto disputaba o seu primeiro partido na casa e colleitou a súa primeira derrota contra un rival moi difícil, Blanco Amor EDO Couto. Dende o primeiro momento o equipo visitante aproveitou a súa clara superioridade para pór terra de por medio no marcador. Os nosos pequenos loitaron ata o final a pesar de que o tanteo pechouse ó final do tercer periodo cun 16-66 a favor dos visitantes.

Tiro interior, tiro exterior, rebote e rápidos contraataques, por parte dos visitantes fixeron que todos deixaramosos folgos na cancha sen poder evitar a derrota. Sen dúbida, un encontro para quedarnos con iso, as gañas e o esforzo de todos e cada un dos nosos xogadores. Todos e todas xogaron e loitaron por igual, demostrando que incluso nos momentos difíciles son un gran equipo que quere disfrutar do deporte.

Noraboa para o EDO Couto, grandes merecedores da victoria!!!E a seguir traballando rapaces!!!

O equipo alevín masculino: CARMELITAS 33 - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS 41

Este sábado disputouse en Allariz o encontro entre os nosos alevíns e o equipo de Carmelitas.

O partido foi moi parexo durante todos os cuartos e só se decidiu por pequenos parciais illados. 

A diferenza do final , foi a maior que houbo durante todo o partido , o que reflicte a igualdade mencionada anteriormente. 

Aínda que moi contentos pola importante victoria colleitada, agardamos seguir mellorando nos seguintes encontros.

A MÚSICA SIGUE SOANDO

Esta fin de semana as nosas rapazas do equipo Alevín femenino tiñan un complicado encontro frente a un rival moi forte, Carmelitas, un grupo moi compacto, con moi boas xogadoras e moi motivadas por conseguir derrpotar ó seu antigo adestrador.

O encontro foi moi duro dende o salto inicial. As nosas rapazas desenrolaron todo o seu talento na pista, pero este non foi suficiente para gañar o encontro.  Aínda así , tod@s saímos moi contentos do mesmo, porque demos todo o levabamos dentro e non baixamos os brazos en ningún intre do mesmo.

Non foi suficiente para acadar a victoria, pero seguimos traballando para mellorar e en vindeiras citas , lograr desenrolar un mellor xogo.

VAMOS EQUIPO !!!!

 

 

1ª XORNADA DOS NOSOS EQUIPOS

Por fin deu comezo a tempada, e os nosos equipos comezaron a competir. De seguido déixovos as crónicas escritas polos distintos adestradores:

ALEVÍN FEMENINO:

Esta fin de semana,e tras case un mes afinando os instrumentos e ensaiando as coreografías, as nosas rapazas alevíns ofrecéronnos o seu primeiro concerto na pista do Pavillón Municipal de Barbadás.¡¡ Que ben soaban os nosos instrumentos, como os interpretan as nosas rapazas!!

En fronte tiñamos un grupo con boas xogadoras e ben dirixido ( Clube Maristas). Pero as nosas xogadoras plantáronlle cara e loitaron duro durante todo o encontro, para conseguir gañar o concurso en base a unha grande interpretación de cada unha individualmente e do grupo no seu conxunto.

O de menos é o resultado, o mellor o ben que o pasaron e como nos divertimos vendo coma nos animavades dende a grada.

Esperamos que as nosas coreografías gustáranvos e que poidamos contar co voso ánimo e axuda para o noso concerto no nosos pavillón.

 ALEVÍN MASCULINO:

O sábado disputouse o encontro dos nosos alevíns fronte o equipo CB Allariz.

O partido comezou con gañas por ambas partes, pero tamén con moitos nervos xa que era a primeira xornada de liga.

O noso equipo sempredando a cara e os alaricanos tan só puideron irse no marcador con pequenos parciais en cada cuarto.

Agradecer a Salesianos a boa organización da concentración e o trato recibido.

INFANTIL MASCULINO

Tamén o sábado disputou o seu partido o noso equipo infantil masculino, o primeiro nesta categoría na historia do clube. A historia foi ben diferente a do partido alevín masculino, xa que dende o principio notárose grandes diferenzas entre os dous equipos, o que fixo imposible para o noso equipo entrar no partido.

O equipo de Carmelitas mostrouse moi superior dende o primeiro minuto do partido.

Agradecer ó equipo local a súa amabilidade e o trato recibido.

BENXAMÍN MIXTO :

Tras un comezo de partido na que os dous equipos mantiveron o marcador a 0, pronto os peques do noso clube quentaron motores adiantándose no marcador con un moi bo segundo período.

A partir de ahí o partido estivo moi igualado, pero os nosos benxamíns souperon aproveitar moitos rebotes cerca do aro para levarse a primeira victoria da tempada. Victoria na que todos participaron e demostraron que con gañas e traballo este grupo pode medrar moito.

INFANTIL FEMENINO:

O partido presentábase como un dos mais difíciles da tempada, pola dificultade do riva, e así foi. O equipo rival mostrouse moi superior ó noso, pero sobre todo a diferenza evidenciouse cando no equipo contrario estaban na pista as xogadoras de segundo ano, cando na pista estiveron as da mesma idade cas nosas competiuse moi ben.

Agora toca seguir traballando moi duro para afrontar os catro partidos que nos restan desta fase e conseguir o obxetivo, que non e outro que quedar entre os tres primeiros clasificados do noso grupo e xogar a segunda fase cos mellores equipos.

 

 

 

 

Distribuir contido