Baloncesto (100)

INICIO DA COMPETICIÓN

Esta próxima fin de semana darán comenzo as distintas competicións nas que participarán todos os nosos equipos.

A tempada que comeza, 2015-16, é a que mais xogador@s, case 50, e equipos, cinco, ten o noso clube, dende a súa creación no ano 2010. O crecemento experimentado fainos iniciar esta tempada con moita mais ilusión ca nunca, e ca esperanza de que isto non deixe de crecer.

Como cada tempada, dende esta páxina, terán información detallada semanalmente dos resultados dos partidos dos nosos equipos e unha pequena crónica de cada encontro. Este ano como novidade creouse un perfil en twitter, no que poderán coñecer os horarios dos partidos e os resultados poucos intres despois de rematar os encontros. En próximas datas crearase tamén un perfil en facebook e unha nova pánina web na que se informará de todo o que aconteza nos distintos deportes nos que participen os nosos rapaces e en especial do deporte mais practicado no noso colexio, o BALONCESTO.

 

INICIO DOS ADESTRAMENTOS DE PRETEMPADA

Este vindeiro luns, 7 de setembro, darán comenzo os adestramentos desta nova tempada chea de novidades, que lles iremos contando nos próximos días.

Os primeiros en comezar , serán os mais cativos, os xogador@s do equipo Benxamín Mixto, desde as 17:30 h na pista do polideportivo do noso colexio. Ó día seguinte , martes 8 de setembro, será o turno para os grupos infantis, tanto o masculino coma o feminino, desde as 16:00 h na pista do pavillón do Sexto Instituto. E por último tamén o martes as 17:30 h na pista do noso polideportivo será o turno para os grupos alevíns, masculino e feminino.

En vindeiras datas informarémoslles das novidades desta nova tempada que comeza, novos adestradores, presentación dos distintos equipos, novos patrocinadores ...

Un saúdo a tod@s e desexarvos unha moi boa tempada. 

TORNEO DIVINO MAESTRO FIN DE TEMPADA

O pasado venres día 19, e como fin desta exitosa tempada, xuntámonos todos os xogadores dos distintos equipos do club, e algún xogador invitado mais, para disfrutar dunha tarde de baloncesto.

Os mais cativos, os nosos xogadores benxamíns, disputaron dous partidos divididos en dous equipos, demostrandotodo o aprendido durante a tempada, e deixando claro, que temos unha moi boa canteira, que de seguro no futuro dará moito que falar.

Os xogadores alevíns, dividíronse en seis equipos, e xogaron co sistema do "rei de pista".

A idea desta xuntanza era a de pasar un rato agradable todos xuntos, e disfrutar deste maravilloso deporte, sen importar os resultados dos encontros, simplemente "XOGAR".

Entre medias disputaron un partido algúns pais xunto co adestrador, a modo de exhibición.

Penso que nas tres horas e media que pasamos todos xuntos, disfrutamos moitísimo tanto pais coma os alumnos, polo que seguro que se repite a experiencia na seguinte tempada.

Tan só me queda darlle as gracias a todos os pais pola súa colaboración e implicación durante toda a tempada, por confiar neste clube para a formación deportiva dos seus fillos e prometerlles a máxima implicación pola nosa parte, para que este humilde clube non deixe de medrar e poder ofrecerlle ós seus fillos o mellor.

Unha grande aperta a todos e FELIZ VERÁN.

 

Copa Diputacíon Alevín Femenino.

   Esta pasada fin de semana disputouse en Allariz a Copa Diputación Alevín Femenina.

   O noso equipo enfrontábase en 1/4 de final ao equipo de Xinzo. Dende o comezo o noso equipo mostrouse moi superior, e cunha defensa presionante a toda pista, conseguíamos recuperar moitos balóns e anotar canastas sinxelas. O partido non tivo demasiada historia, xa que hai moita diferenza entre os dous equipos.  O feito de que o partido estivera xa resolto, permitiunos que todas as xogadoras xogaran o mesmo, descansando así para o partido de semifinais e tamén para probar cousas novas que víramos durante os entrenamentos das últimas semanas.

   No partido de semifinais, o rival foi Carmelitas, co que xa xogamos unhas cuantas veces esta tempada. 

   No primeiro cuarto grazas a unha defensa moi intensa a partires de medio campo, apretando liñas de pase e estando moi atentas nas axudas, non as deixamos xogar con comodidade e logramos que só anotaran 4 puntos. Nos pola contra, pese a fallar moitas canastas sinxelas, conseguimos anotar 9 puntos. Os dous seguintes cuartos, foron totalmente opostos ao primeiro, e foron dominados completamente por Carmelitas. Pero despois do descanso o noso equipo volveu a xogar moi duro e a conseguir boas situacións de canasta fácil movendo moi ben o balon e comezamos a reducir as diferenzas. Grazas a un magnífico, de novo, derradeiro periodo, no  que conseguimos un parcial de 20-5, logramos rematar o partido cunhas boísimas sensacións, e ca certeza de que estamos a traballar no bo camiño, xa que cada partido competimos mellor cos equipos en teoría superiores.

 

 

TORNEO DÍA DO MINIBASQUET

Este sábado e por terceiro ano consecutivo @s xogadores dos nosos equipos viaxarán a Santiago para disputar o XII día Autonómino do Minibásquet, organizado pola Federación Galega de Baloncesto coa colaboración do Correo Galego e outras empresas públicas e privadas.

A saída está programada as 08:00 h dende o Pavillón dos Remedios e a chegada as 21:30 h aproximadamente, ó mesmo lugar.

Os nosos equipos disputarán dous encontros cada un, aínda que o de menos é o resultado, o mais importante é a convivencia entre todos e co resto de rapaces que acudirán a esta cita, aproximadamente uns 1.400 de toda Galicia.

A demais dos partidos, algúns disputarán probas de habilidade, de tiro, e ó longo do día participarán en xogos nos que poderán obter uns tíckets que logo poderán trocar por distintos premios.

Eu espero que sexa un día cargado de bos momentos, que o disfruten ó máximo e que sexa un deses recordos que lembren durante moito tempo.

 

 

DERRADEIROS PARTIDOS DA TEMPADA PARA O EQUIPO BENXAMÍN MIXTO

Esta semana tocáballe o turno ao equipo Benxamín Mixto a disputa da Copa Diputación. Celebrouse durante a xornada do sábado en Maceda. O primeiro partido tocounos enfrontarnos ó equipo de San José Pabellón Negro. A verdade é que este ano perderamos os dous partidos que xogaramos contra eles, aínda que o último fora moi igualado, polo que se presentaba un partido moi complicado. Dende o principio o noso equipo foi capaz de parar os seus mellores xogadores cunha excelente defensa, e en ataque fommos capaces de mover moi rápido o balón buscando sempre a mellor opción. Despois de que o partido fora moi igualado nos dous primeiros cuartos, a partires do terceiro, comezamos a coller unha ventaxa, que non parou de medrar en todo o partido ata chegar o 56-33 final.

Na semifinal tocounos o equipo de San José Pabellón Blanco, que tamén nos derrotara nos dous enfrentamentos de Liga por unha distancia considerable. O noso equipo saíu motivadísimo, ca intención de poñer o equipo rival en moitos apuros xa dende o comezo. E así foi, grazas a unha intensísima defensa, a dominar o rebote e a ser moi solidarios en ataque, conseguimos que o partido fora en todo momento moi igualado, nunca deixando que o equipo contrario se escapase no marcador. Tan só no último cuarto colleron unha ventaxe de 6 - 8 puntos que xa non puidemos recortar.

Pese a derrota destacar os magníficos encontros que disputaron os nosos peques, e o moito que nos fixeron disfrutar.

 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Xa rematada a Liga Regular nas categorías Alevín Masculina e Benxamín Mixta, tan só que da por disputarse os partidos correspondentes a Copa Diputación.

O equipo Alevín Masculino novamente desprazábase ao Barco de Valdeorras para xogar contra o equipo local, e de novo colleitamos unha derrota. A diferencia existente entre os dous equipos e as baixas dalgún dos alevíns no noso equipo, provocaron que en ningún momento tivéramos opcións de poder sacar algo positivo. Con esta derrota finaliza a tempada para este equipo.

O equipo Alevín Feminino disputaba o seu derradeiro partido na Liga Galega na pista de Carmelitas. O partido afrontabámolo ca mesma ilusión que os anteriores e con moitas gañas de facelo moi ben nesta última xornada. Pois o premio a insistencia, ó traballo de toda a tempada, chegou en forma de merecida victoria. O partido sempre foi dominado por nos dende o principio, aínda que con ventaxas non demasiado grandes, pero que as soubemos administrar moi ben ó longo de todo o partido. A forte defensa e o acerto en momentos claves, foi o que nos permitiu lograr a ansiada primeira victoria nesta Liga Galega.

 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Presentábase unha xornada moi difícil para os tres equipos, xa que disputaban os seus partidos fronte a rivais moi superiores.

O equipo Alevín Masculino caía derrotado fronte o líder, o equipo do Bosco, que non nos deu ningunha opción e xa dende os primeiros cuartos rompeu o partido. Pese a todo, o equipo, cheo de xogadores benxamíns, loitou durante todo o partido e non baixou os brazos en ningún momento, pese a diferenza no marcador.

O equipo Benxamín Mixto, tamén tiña un encontro moi complicado fronte o equipo de Allariz, un dos mellores equipos da categoría. O partido non tivo historia xa dende o principio xa que acadaron unha ampla ventaxa no marcador e pouco a pouco foio crecendo. Pero este equipo ten algo moi, moi positivo, é que sigue traballando e intentando facer as cousas que se adestran sen importarlles o resultado, entón sempre se poden extraer cousas que lle han de servir no futuro.

O equipo Alevín Feminino recibía a visita do segundo clasificado, Seis do Nadal, que pese ós esforzos das nosas xogadoras e de facer uns moi bos tres cuartos iniciais, a diferenza física entre os dous equipos, con 4 xogadoras por riba do 1,70, fixo imposible un mellor resultado. Quizais as nosas guerreiras disputaron neste partido os tres mellores cuartos da tempada, competindo moi ben cun equipo moi superior.

 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Esta pasada fin de semana disputaron encontros os tres equipos, con resultados distintos, pero todos con boísimas sensacións.

O equipo Alevín Feminino xogaba en Vigo fronte o equipo do Celta. Unha xornada mais, tivemos que subir xogadoras do equipo benxamín, xa que seguimos con baixas, por diversos motivos. Despois das malas sensación cas que saímos do partido da última xornada, estaba convencido de que as nosas guerreiras estaba preparadas, pese a dificultade do partido, para demostrar que saben facer ben as cousas e que teñen unhas gañas de mellorar extraordinarias.

O partido non puido comezar mellor e cunha defensa moi agresiva, conseguimos que non anotaran nos catro primeiros minutos. En ataque saíamos da súa presión con facilidade e movíamos o balón con moita fluidez. O remate deste cuarto 13-5 , e cunhas sensacións moi positivas, competindo de ti a ti cu auténtico equipazo. Os seguintes cuartos fixéronsenos moi longos, o non estar acostumados a xogar a pista grande , pásanos factura nestes partidos. No derradeiro cuarto sacamos ese orgullo que nos caracteriza e fomos capaces de gañalo 2-10.

Dende aquí felicitar as rapazas pola partido feito, e animalas a seguir traballando nesta liña, que é a que nos permitirá seguir mellorando.

O equipo Benxamín Mixto tiña un partido moi duro, fronte o líder invicto, O Bosco Salesianos, que xa nos vencera por moita diferenza no partido da primeira volta. O resultado foi moi parecido, pero a melloría experimentada foi enorme, tanto en aspectos defensivos coma en ofensivos. A progresión destos rapaces é enorme !!!!!

O equipo Alevín Masculino, pese as baixas de dous xogadores e ter que bubir a algún benxamín mais, conseguiu unha nova victoria, esta vez fronte ao equipo de Santa María. Foi un partido que sin ter unhas ventaxas moi amplas, fomos sempre por diante no marcador e en ningún momento perigou o resultado.

A victoria debeuse en gran medida á forte defensa, ao dominio do rebote e a ser moi solidarios en ataque, buscando sempre a mellor opción de finalizar, atopando sempre a un compañeiro mellor situado.

Noraboa por esta nova victoria, que xa a necesitabamos, despois dunha serie de derrotas, que nalgún caso non se deberan haber colleitado. 

NOVA XORNADA PARA AS NOSAS GUERREIRAS

Esta pasada fin de semana tan só xogou o noso equipo Alevín Feminino, xa que nas outras categorías tocaba xornada de descanso.

As nosas xogadoras disputaban o segundo partido correspondente á segunda volta da Liga Galega Minibasquet Feminina, contra o equipo de Allariz. Na miña opinión foi con moito o peor partido da tempada, saímos moi frías, despistadas e cometendo moitos erros impropios das nosas xogadoras, non fomos capaces de dar mais de dous pases seguidos, permitiamos contraataques con demasiada facilidade ... Nos derradeiros dous cuartos cambiamos o chip, e o equipo comezou a facer todo moito mellor, circulamos o balón con facilidade, defendimos xa, con outra agresividade e intensidade, e gracias a iso rematamos o encontro con mellores sensacións.

Pese ao mal partido,non se lle pode reprochar nada as nosas xogadoras, xa que un mal momento non pode empañar unha magnífica tempada, na que os obxetivos iniciais, superáronse con creces e a progresión mostrada por todas, individualmente e en equipo, é moi positiva e fai pensar con moito optimismo no futuro.

O próximo partido toca desprazamento a Vigo para xogar fronte o Celta no pavillón de Navia, o vindeiro sábado a partir das 12:00h.

 

Distribuir contido