Baloncesto (100)

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

A xornada, no que a resultados se refire, non foi demasiado positiva, pero as sensacións que deixaron os nosos equipos son moi positivas.

O que máis difícil o tiña era o equipo Alevín Masculino, que se enfrontaba ó líder, Bosco Salesianos, que conta todolos seus partidos por victorias. Apañamos unha abultada derrota, pero o noso equipo non baixou os brazos en todo o partido e foi quen de en certos momentos, ensinar un xogo vistoso e rápido  que nos permitiu anotar varias canastas. 

O equipo benxamín tiña un rival complicado, o ABO, situado nos postos altos da clasificación. Competimos moi ben todo o partido, incluso chegamos ir por diante no marcador no cuarto periodo. Pero os dos últimos non estivemos nada acertados en ataque, e perdimos moitos pases que se transformaron en canastas fáciles do equipo rival, o que lles permitiu escaparse no marcador e sentenciar o encontro. Pese a derrota, do partido pódense extraer cousas moi positivas, e outras nas que debemos traballar, para melloralas.

O equipo Alevín femenino tamén tiña un partido durísimo contra Allariz, un equipo que practica un moi bo baloncesto e que na primeira volta derrotáranos por 52 puntos.

O choque comezou moi igualado, con dous equipos practicando unhas defensas moi duras, o que facía moi difícil o conseguir anotar. A partires do terceiro cuarto, as locáis atoparon a forma de romper a nosa defensa e lograron obter unha diferenza de 27 puntos, que parecía que sentenciaría o choque, e que o resultado final, pareceríase o do anterior partido, pero o equipo non se rendiu e de novo a base de casta, gañas e tamén de 8 minutos dunha inmellorable defensa e de rapidísimos ataques nos que conseguimos canastas sinxelas, conseguimos no quinto cuarto un parcial de 0-16, que nos deixaba ás portas do último periodo a tan só 11 puntos, e ca sensación de poder darlle un susto ó equipo local. Non puido ser e perdemos o partido por 12 puntos, pero a verdade é que para nos foi como se o gañásemos. Ser capaces de competir con este equipo, reforza e de que xeito a nosa moral e nos da, se cadra máis forzas aínda para seguir traballando duro.

MAGNÍFICA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Moi boa a fin de semana para os nosos equipos, xa que os tres lograron a victoria nos seus partidos. É a primeira vez que ocorre isto no que vai de tempada, ou sexa que estamos de noraboa.

O equipo dos máis peques, o Benxamín Mixto, vencía ó equipo das Franciscanas por un resultado de 21-31, conseguindo así a primeira victoria da tempada. Foi un partido moi igualado, e aínda que sempre fumos por diante no marcador, o partido non se decidiu ata o último no cuarto no que os nosos pequenos conseguiron varias canastas seguidas despois dunhas moi boas defensas.Da gusto ver a estos cativ@s, como xogan en equipo, o que loitan e o que melloran cada día. Temos garantido o futuro sen nengún tipo de dúbida.

O equipo Alevín masculino derrotaba ao equipo de Santa María Maristas na súa pista cun marcador de 27 a 37. Foi un partido con moitas alternancias no marcador e con ventaxas moi pequenas para cada equipo. Entramos no derradeiro cuarto un punto por debaixo no marcador, pero un excelente periodo final no que conseguimos anotar 14 puntos e tan só recibir 3, grazas a una magnífica defensa colectiva, permitiunos sumar unha nova victoria. Hai que destacar que este partido xogámolo con 4 xogadores benxamíns, xa que tiñamos alguna baixa por enfermidade, o que lle da máis mérito á victoria acadada e o que ven a reflectir canto nos axudan, tanto neste equipo coma no alevín femenino @s xogador@s do equipo benxamín. Gran partido o dos nosos Alevíns, que souperon xogar moi ben os momentos difíciles ó final do partido cando nos xogabamos a victoria.

O equipo Alevín Femenino tamén conseguiu a victoria. Xogaba un difícil partido contra o equipo do Pabellón Femenino, e pese a que xa o venceramos dúas veces esta tempada, presentábase un partido moi complicado non só pola dificultade que supón xogar contra este equipo, senón tamén debido a baixa por enfermidade dalgunha das nosas xogadoras. O partido discorreu con moita igualdade durante os catro primeiros cuartos, aínda que sempre con ventaxas pequenas ao noso favor. Pero todo cambiou a partir do quinto periodo, e grazas á extraordinaria defensa, permitiunos roubar varios balóns en primeiras liñas de pase e conseguir canastas fáciles ao contrataque. Isto sumado ao dominio do rebote , que antes non o tiñamos, supuso ir aumentando pouco a pouco as ventaxas ata o 55-30 final. Destacar outra vez o gran partido de todas as xogadoras, incluídas as dúas benxamíns que ademáis foron capaces de anotar.

PRIMEIRA XORNADA DO 2015 PARA OS NOSOS EQUIPOS

   A primeira xornada do ano 2015 non foi demasiado boa en canto o que se refire a resultados, xa que todos os nosos equipos saldaron os seus partidos con derrotas, aínda que o certo é que todos xogaban con rivais moi superiores.

   O noso equipo Benxamín perdeu o seu partido contra o equipo de Xinzo, que está loitando polo primeiro posto da clasificación. Pese a derrota os nosos peques deixaron coma sempre moi boas sensacións, cada día demostran moitos progresos e pouco a pouco están adquirindo progresos moi importantes. Hai que destacar que os xogadores deste equipo só se xuntan para disputar os partidos, xa que os nenos e as nenas adestran cos equipos alevíns, polo que ten mais mérito aínda o que fan partido tras partido.

   O equipo Alevín Masculino recibía a visita do equipo do Barco de Valdeorras, segundo clasificado e un dos candidatos a clasificarse para disputar a Liga Galega. O partido foi dominado claramente polos visitantes xa dende o principio, debido entre outras cousas polo dominio do rebote nas duas canastas e tamén polo maior acerto no tiro. O noso equipo segue a demostrar a súa melloría pero aínda temos moitas cousas que traballar e mellorar.

   As nosas rapazas do equipo Alevín Femenino tamén tiñan un choque moi complicado fronte a Carmelitas. Peseá dificultade do partido o equipo saíu a por todas e foi que de dominar no marcador o primeiro cuarto e de aguantar o segundo. Pero a partir de ahí o maior poderío físico impúxose e xa non tivemos ningunha opción. De todos xeitos, as nosas guerreiras non se rendiron e foron capaces de gañar o último cuarto, o que deixa as claras a ambición e as gañas que lle poñen as nosas xogadoras.

 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS ALEVÍNS

Nesta última xornada antes do parón polas festas do Nadal, tivemos tan só partidos na categoría Alevín, xa que o equipo Benxamín , ao ser un número impar de equipos no seu grupo, tocáballe descansar.

O equipo Alevín Femenino iniciaba a segunda fase, que disputan os dous mellores equipos de cada grupo para loitar por ir a xogar a Liga Galega, na que estarán os mellores 18 equipos de Galicia. Nesta primeira xornada visitaba o noso campo o equipo de Allariz, que rematou a primeira fase como primeiro do seu grupo. A verdade é que o partido foi dominado dende o principio polo equipo visitante, que mostrou a súa superioridade en case todas as facetas do xogo. O resultado reflectiu a diferenza existente agora mesmo entre os dous equipos, pero a verdade é que o noso equipo loitou todo o partido e en ningún momento baixou os brazos pese ao resultado en contra e intentou facer as cousas que adestramos, polo que hai que estar moi orgullosos do partido feito polas nosas xogadoras.

O equipo masculino, despois dos bos resultados obtidos nas últimas xornadas, fixo quizáis o peor partido da tempada, en ningún momento nos sentimos cómodos no partido e quitando os dous primeiros cuartos, o rival foi moi superior a nos.

Pese a estas derrotas, o balance desta primeira parte da tempada é moi positivo nos dous equipos, non só polos resultados acadados, se non pola melloría experimentada por tod@s @s xogadores a nivel individual e tamén a nivel colectivo. 

 

5ª E 6ª XORNADA DOS EQUIPOS ALEVÍNS E 4ª XORNADA DO EQUIPO BENXAMÍN

O equipo Alevín Femenino disputou esta fin de semana dous partidos, o correspondente á última xornada desta primeira fase e o aplazado da semana pasada. Ambos encontros remataron con sendas victorias do noso equipo, que termina así unha primeira fase espectacular con 6 victorias e ningunha derrota, clasificándose de xeito brillante para disputar a liguilla cos dous mellores equipos de cada grupo, que van a loitar polas dúas prazas que dan acceso a Liga Galega.

O primeiro partido xogabámolo contra o Pabellón, nun partido que a priori presentábase igualado, xa que no partido de ida, a pesar de gañalo, foi bastante parello. Pero neste, un parcial no primeiro cuarto de 17-0, gracias á nosa espléndida defensa, deixou finiquitado o choque, e a partires de ahí as diferenzas foron crecendo cada cuarto, ata chegar ó resultado final de 54-22 a favor das nosas guerreiras. É de destacar o gran partido que fixeron as nosas rapazas, que cada xornada van a mais e que demostran as gañas que teñen de aprender e de mellorar.

O segundo partido disputámolo fronte o equipo do Muebles Victoria Barco. Despois da tensión e da intensidade ca que se disputara o día anterior o choque contra o Pabellón, e xa clasificadas como primeiras, baixamos algo o pistón, e o partido non foi moi brillante, pero logramos a victoria e serviunos para seguir a traballar certos aspectos do xogo que imos necesitar nos partidos da seguinte fase.

O equipo Alevín Masculino conseguía a segunda victoria da tempada neste caso fronte o equipo do EDO na súa pista, cun marcador de 27-36. A primeira parte do partido foi moi igualada, aínda que sempre nos por detrás do marcador. Pero a partires do descanso, a nosa defensa mellorou e eso permitiunos roubar balóns en primeiras liñas de pase e anotar contraataques con facilidade. O acerto nos tiros libres ó final serviunos para rematar a faena. Cómpre destacar a melloría experimentada non só de xeito individual polos nosos xogadores se non tamén en equipo.

O equipo Benxamín Mixto de novo xogou moi ben e continúa ca sua mellora evidente en cada partido que xoga, pero o mais importante é como disfrutan e como se divirten sen importarlles o resultado final. É un grupo que seguro nos vai a dar moitas alegrías no futuro.

4ª XORNADA DOS EQUIPOS ALEVÍNS E 3ª XORNADA DO EQUIPO BENXAMÍN

Esta fin de semana disputouse unha nova xornada para os nosos equipos.

O equipo Alevín Femenino conseguía a cuarta victoria da tempada e segue sen coñecer a derrota. O equipo desprazouse o sábado a terras alaricanas para xogar, nunha fría mañá, contra un equipo moi intenso e moi peleón, pero as nosas xogadoras demostraron unha vez mais que son un equipo moi competitivo e que é moi difícil  xogar contra él.

O resultado final de 19-60, reflexa a superioridade do noso equipo durante todo o encontro. Con esta victoria practicamente estamos xa clasificadas para a seguinte fase, que a disputan os dous mellores equipos de cada grupo e que loitarán por ir a xogar cos mellores equipos de Galicia na Liga Galega de Minibásquet Femenina.

Na xornada do domingo pola mañá, xogaban no pavillón do noso colexio os equipos Alevín Masculino e o Benxamín Mixto.

O equipo Alevín Masculino xogaba contra o líder do noso grupo, Bosco Salesianos, e colleitou unha dignísima derrota, xa que pese a xogar cun equipo moi superior fisicamente, demostrou a súa melloría e logrou anotar varias canastas, e por momentos xogar dunha maneira bastante brillante.

O equipo Benxamín Mixto tampouco puido lograr a victoria nesta xornada, aínda que sempre deixa moi boas sensacións ao rematar cada encontro. A verdade é que os pequenos xogan moi ben pero fáltanos altura, todos os equipos teñen xogador@s moito mais altos cos nosos e nos é moi difícil coller rebotes tanto en ataque coma en defensa.

Pese a estas derrotas hai que estar moi contentos ca melloría demostrada polos dous equipos e seguro que de seguir nesta liña pronto chegarán resultados mellores.

Cómpre destacar que nesta xornada estreouse nas instalacións do noso pavillón, o BAR que os rapaces de 6º de Educación Primaria, coa colaboración dos seus pais, van a abrir cada fin de semana coincidindo cos partidos de Baloncesto. O que recauden irá destinado á excursión de FIN DE CURSO que terá lugar do 20 ao 22 de maio a MADRID.

Dende aquí animo a tod@s @s alumn@s do colexio a asistir aos partidos dos equipos de baloncesto do clube e de paso consumir algo no bar para colaborar cos compañeiros.

 

3ª XORNADA DOS EQUIPOS ALEVÍNS E SEGUNDA XORNADA DO BENXAMÍN

Moi boa xornada para os tres equipos do club.

O equipo Alevín Femenino segue ca súa boa racha e venceu ao equipo do Pabellón no pavillón do Instituto O.Pedraio por un resultado de 31 a 41.

O partido dominámolo dende o principio grazas a unha excelente defensa de todas as xogadoras durante todo o encontro. O traballo realizado nos últimos adestramentos de xogar con espazos, de pasar e cortar, comeza a dar os seus frutos e reflíctese nos partidos, conseguindo canastas dun xeito elaborado, pasando o balón por todas as xogadoras e sendo capaces de anotar moitas xogadoras.

O equipo vai a mais cada día e demostra en cada adestramento e en cada partido as gañas que teñen por mellorar e por disfrutar deste deporte. 

 O equipo remata a primeira volta, na primeira posición do grupo A, cun balance de tres victorias e ningunha derrota e ofrecendo moi boas sensacións.

O equipo Alevín Masculino conseguíu a primeira victoria da tempada nun moi bo encontro de todos os integrantes do equipo, venceron ao equipo de Santa María por un resultado de 36-20. Era unha victoria moi esperada e moi merecida xa que durante a pasada tempada non conseguiramos ningún triunfo.

É de destacar a implicación e a entrega deste equipo, que pese a todas as adversidades e derrotas, nunca baixa os brazos nin perde a ilusión. Os sorrisos e a ledicia dos nenos ao rematar o partido é un dos motivos polos que fan a este deporte tan especial e distinto aos demais e fan sentir a un orgulloso de adestrar a este maravilloso grupo de rapaces.  

O equipo Benxamín mixto non puido obter un resultado positivo, pero na miña opinión xogamos moito mellor có equipo contrario pese a derrota. Fomos capaces de conseguir todas as canastas despois de varios pases e non en accións individuais. O equipo contrario conta cun rapaz moi bo, que anotou a maior parte dos puntos do seu equipo, todas de xeito individual. Por eso estou moi contento co traballo destes pequenos que cada día fan mellor as cousas e que algún deles sube habitualmente aos equipos Alevíns para botarrlles unha man.

  A miña noraboa a tod@s.

2ª XORNADA LIGA ALEVÍN MASC. E FEM. E 1ª XORNADA BENXAMÍN

Iniciouse a xornada desta fin de semana o venres,co largo desprazamento dos nosos equipos Alevíns ao Barco de Valdeorras e rematouse co debut dos nosos Benxamíns o domingo pola tarde na nosa pista.

O equipo Alevín Feminino conseguiu a segunda victoria da tempada na difícil pista do Barco, non so polo equipo contrario se non pola dificultade de anotar nesas canastas.

A primeira parte foi bastante igualada, pero despois do descanso o aumento do nivel defensivo permitiunos comezar a distanciarnos no marcador e o final acadar unha victoria mais cómoda do esperado.

O equipo Alevín Masculino non puido facer demasiado ante o equipo do Barco, moito mais experimentado e moi superior en todas as facetas do xogo. Pese a eso, os nosos xogadores non deixaron de pelexar en todo o partido.

O equipo Benxamín deixounos moi boas sensacións no seu debut pese a derrota, e cun equipo cheo de rapaces de 1º e 2º, e moitos xogando este ano por primeira vez, hai que estar moi contentos co traballo realizado.

1ª XORNADA LIGA ALEVÍN MASCULINA E ALEVÍN FEMENINA

Este pasado fin de semana debutaron os nosos equipos Alevíns con sorte dispar nos seus partidos, as rapazas gañaron e os rapaces perderon, pero ámbolos equipos deixaron moi boas sensacións na pista do noso pavillón.

 

O Alevín Femenino desfíxose d C.B.Allariz Blanco nun encontro dominado en todo momento polas nosas xogadoras. A intensísima defensa a toda pista practicada desde o principio  permitiunos roubar moitos balóns e anotar con moita facilidade en rápidas transicións. Tan so a falta de acerto en tiros cómodos impediunos obter un resultado moito más amplio.

Pero moi contentos polo traballo realizado polas nosas xogadoras e destacar especialmente ás duas xogadoras Benxamíns(Clara y Lucía) ,que semán tras semán, ó igual que a tempada pasada, axúdannos en cada partido. Tamén cabe destacar ás duas debutantes esta tempada (Lucía Tiago e Alexia) que pese a ser o seu primeiro partido, fixérono moi ben e que co paso das xornadas, seguro que o farán  cada vez mellor. Ás Lara, Claudia,Paula,Icía,Saray,Uxía e Ana felicitalas pola sua gran labor partido tras partido.

Con esta victoria o equipo Alevín Femenino sitúase momentaneamente na primeira posición do grupo A.

O Alevín Masculino caeu derrotado contra Carmelitas, nun bo partido dos nosos rapaces. Este equipo estou convencido de que a medida que avance a tempada vai a ir a mais. 

Destacar tamén neste equipo e felicitar ós benxamíns que nos están a axudar en cada partido, Isma, que xa o facía o ano pasado, e Antón, novato esta tempada. Felicitar a Óliver e Iago polo seu gran partido, pese a ser o seu debut. E  tamén agradecer a Pablo,Jaime,Marco,Alejandro,Anxo e Iván a entrega e a loita ca que afrontan cada partido.

David Manzano.

DATAS DO INICIO DA TEMPADA 2014/15

Xa se sabe a data de comezo das ligas de Baloncesto para os nosos equipos :

O Alevín Masculino e o Alevín Femenino comezarán esta fin de semana, día 8 de novembro.

O equipo Benxamín Mixto comezará a xogar a próxima fin de semana, día 15 de novembro.

Moita sorte para os nosos equipos.

 

Distribuir contido