Complementarias (37)

VISITA A FÁTIMA

O venres 10 de maio, os alumnos do CPR Divino Maestro, fixemos unha visita a Virxe de Fátima. Fomos as clases dende 2º de Primaria ata 4º de Secundaria. Foi un paseo moi agradable e tivemos un día estupendo -> Mirade as fotos

SAIDA FINAL DE ETAPA PRIMARIA

Os alumnos de 6º de Primaria xa chegaron ao seu destino...

 

CAMPIONATO ESCOLAR GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS 2013

Este sábado, 23 de Febreiro, na localidade lucense de Guitiriz, disputouse o Campeonato Galego Escolar Xogade de Campo a Través. O campeonato disputase nas instalacións do Balneario de Guitiriz, concretamente no campo de golf situado ao lado do mesmo.
O noso centro participou por medio do alumno Alejandro Bertoa obtendo o 10º Posto na súa categoría e sendo o 2º posto como Ourensán. Todo un campión!!

TORNEO FÚTBOL SALA 2013

Atentos ao cartel do TORNEO CODIMA e por suposto aos nosos patrocinadores, son os mellores!!
Para ver con maior tamaño, premer na foto...
Xa rematou este Campionato con moita participación e un moi bo ambiente. Fixádevos nas fotos o ben que o pasamos este fin de semana. Houbo traballo pero mereceu a pena -> Mirade as Fotos
GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN !! 

PREMIO AO BELÉN DO DIVINO MAESTRO

Este ano despois de participar no 17 Concurso de Belens Públicos do Concello de Ourense, recibimos o 3º Premio. Estamos encantados!!!


Enalce á noticia en "La Voz de Galicia" -> Ir

GAÑADOR DE CORRENDO X OURENSE

O alumno Martín Rivera de 4º de Educación Primaria quedou o primeiro na categoría Benxamín das carreras de Correndo X Ourense de este año. ¡MOITAS FELICIDADES!

 

EL ARTE DE EDUCAR A TUS HIJOS

Como xa todos sabedes o pasado mércores 23 de maio tivemos a conferencia EL ARTE DE EDUCAR, deixamos aquí un extracto da charla que nos facilitou o propio autor, así poderemos refrescar as ideas de cancanto alí se nos dixo. Esperamos que vos resulte útil. -> Descargar conferencia

VERBENA DA FAMILIA

Por segundo ano a ANPA do Colexio e o claustro de profesores decidiron unir as súas forzas para invitarvos a todos a unha celebración conxunta o día 25 de maio de 2012 coa seguinte programación:

19:30 Eucaristía no Colexio.
20:30 Recollida do "avituallamento"
21:00 Inicio da Verbena coa amenización da Disco Móbil "La Grándola"
00:00 Hora aproximada de remate.

CONTAMOS CON VÓS. ANIMÁDEVOS!!! 

MOTIVACIÓN PARA SEMANA SANTA 2012

Dende Grupos Divino Maestro (GDM), preparamos un VIA CRUCIS para motivar a todo o Colexio, incluídas as Familias que puideron pasar por aquí.

Aínda que nos levou bastante traballo pasámolo estupendamente, mirade algunhas Fotos da Actividade

 

 

 

 

Distribuir contido