NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Co parón desta fin de semana nas ligas galegas, e como aínda non comezou a liga dos nosos equipos de minibásquet, o único equipo do clube que tiña partido foi o infantil masculino.

Be One Depordima 68 - 17 Viña do Campo 

    Partido disputado o venres para poder
aproveitar as minivacacións. 

    O partido discurriu sen problemas dende o primeiro
minuto. O guión foi moi parecido ao partido amigable xogado unhas datas antes e ao
primeiro partido de liga.

    Puidemos aproveitalo para practicar cousas de cara a
partidos máis difíciles, coma por exemplo, o partido desta vindeira xornada
contra Santa María, no que precisaremos dun bo xogo e unha boa actitude para
poder competir.