NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

TERCEIRA XORNADA 2ª DIV. INFANTIL MASCULINA : SANTA MARÍA 85 - 44 BE ONE DEPORDIMA

Partido horrible o disputado no campo dos
Maristas este pasado fin de semana.

Os nosos comezaron erráticos xa desde o
primeiro momento. Aínda así, xogando mal, chegouse ao descanso só un punto
abaixo (29-28). A partires do terceiro cuarto, foi un non parar de puntos do
equipo local. Para mostra, o parcial de 56-16 do segundo tempo.

Agora só queda
pensar no seguinte partido contra o Bosco e intentar remendar o feito.

SEXTA XORNADA 1ª DIV. PREINFANTIL FEMININA : DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO - SEIS DO NADAL : 29-64

Esta fin de semana as nosas
Bombillas tiveron unha nova experiencia competitiva que lles permitíu
por en práctica todos os conceptos e habilidades practicados durante os
entrenos da semana.

Esta nova experiencia competitiva contra o segundo clasificado da nosa
liga supón unha enorme satisfacción por a mellora e progreso demostrado
polas nosas xogadoras en aqueles aspectos que traballamos dende fai
tempo nos entrenos e encontros disputados.

O resultado foi moi positivo, non tendo en conta o electrónico, polo
traballo desenrolado polas nosas bombillas. Pasiño a pasiño acadaremos a
mellora persoal e colectiva que nos leve a acadar a victoria.

Vamos equipo!!!!

SEXTA XORNADA 1ª DIV. INFANTIL FEMININA ; DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS - SEIS DO NADAL : 43-61

Cada xornada subimos un peldaño máis da nosa particular escaleira e competimos mellor nesta liga , pero polo de agora a primeira victoria se nos está a resistir.

Neste encontro , a diferenza dos anteriores, comezámolo moi ben, moi metidos , con unha defensa moi intensa e anotando con facilidade ,  así aos 5 min o marcador reflexaba un 12-4 esperanzador. Pero o forte golpe recibido na espalda por Claudia fixo que se tivera que parar o partido e sentar no banquillo , e isto parece que nos cortou o ritmo e pasamos a un 16-17 ó final do primeiro cuarto.

A partir de ahí o equipo rival comezou a xogar mellor e nos, a ter problemas para anotar. Así chegamos ó descanso 9 puntos abaixo, pero ca sensación de que o partido podiámolo gañar, xa que despois de facer un mal período, a dierenza non era moi grande.

Despois do descanso non fumos capaces de recuperar a frescura anotadora do primeiro cuarto e a vantaxe disparouse ós 18 punos , pero a loita e a garra das nosas guerreiras, que nunca se renden, fixo que a falta de 6 minutos nos puxéramos a 10 puntos, pero ese esforzo pagámolo e o final a remontada non se culminou.

A vindeira semàn xogamos ante outro rival directo, Porriño, esperamos facer un bo partido e competir como o vimos facendo nos derradeiros partidos.