NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS


INFANTIL MASCULINO : AB XINZO 56- 55 BE ONE DEPORDIMA

    Por fin chegamos ao punto que queríamos. 

    Foi unha derrota,
si, pero sabe doutra maneira. Os nosos fixeron un moi bo partido no que
estivemos a piques de derrotar ao líder invicto da liga.   

    Comezando serios desde
o principio, ordenados e cun bo xogo, tanto defensivo como ofensivo. Pero sobre
todo o cambio de actitude. Notouse que por fin queremos xogar ben, que o
deixamos todo no campo e que queremos gañar partidos. Se seguimos nesta onda,
comezaremos a obter vitorias. A primeira, esperemos que sexa xa a próxima fin de
semana contra Maside.

 ALEVÍN MASCULINO :
SERIGRAFÍA ALFER DEPORDIMA - XINZO : 49-34

    3º partido dos peques que seguen intratables e demostrando que
este ano vai ser moi dificil que consigan levarse a victoria da nosa
cancha.

    Este partido serviu para ver que os nosos peques aínda que nalgún non están de todo acertados, si que poñen todo o que teñen, na pista.

    O
resultado e un pouco enganoso xa que aparenta ser mais amplio do que foi en si
o partido. Os 2 primeiros cuartos foron moi espesos e
parecía que aínda nos estabamos a levantar da cama e Xa eran as 11 e 20!!!! Non podemos desperdiciar 2 cuartos, todos son
importantes e hai que xogar como se fose o último. Logo destes 2 cuartos o tanteo
era (9/12) pero un cambio de chip radical fixo que saíramos a tope no 3 cuarto
e con moita garra, con moi boas eleccións de tiros e mais movilidade de balon, polo que fixo un parcial moi bo (14-0), o marcador o descanso
quedaba (23/12). O 4 cuarto e o 5 seguiron sendo  parecido o 3 cuarto, deixando un tanteo nestes de (17/10).

    O resultado
antes de comezar o ultimo cuarto deixaba un (40/22) +18 , aínda que o
equipo rival tamen en certos momentos nos apretou moito pero un
maior porcentaje fixo que collésemos esa vantaxe e este ultimo cuarto valeu
para repartir un pouco mais os minutos os nenos que xogan un pouco menos. Hai
que seguir así e a próxima semán toca un descanso merecido, pero xa pensamos na 4ª.

    Estes nenos van facer algo grande.

 BENXAMÍN MIXTO : DEPORDIMA FRIAVANSO - XINZO : 29-28

    3º partido dos nosos peques, e moi diferente os outros dous. Veulle moi ben este partido fose cal fose o resultado final , que neste caso
foi favorable , xa que conseguimos levarnos a victoria cun resultado axustadisimo
(29/28)

    Un puntiño de diferencia que supo moi ben, pero se fose ó reves tamen
deixaría un bo sabor de boca, xa que os peques xogaron moi ben de principio a
fin cun gran xogo colectivo ,a excepcion dalgun cuarto no que primaron as individualidades. En relacion a esforzo e gañas, moi ben todos,dando o que tiñan, e a
diferencia do 1º e 2º partido , ó estar tan igualado fixo que os peques
estivesen moito mais metidos no partido e mais tensos, cousa moi importante, e o
fin e o cabo estes partidos igualados van ser de moito mais proveito que se
fose un +50 o un -50.

    Así que a seguir traballando para que chegen os resultados
na pista sexa cal sexa o resultado, pero traballando como traballan acadarán moitos éxitos.

    Moi bo traballo peques a seguir pasiño a pasiño e
entreno a entreno.

PREINFANTIL FEMININO LIGA GALEGA : ALLARIZ - DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO : 56-25

 
Cando no día a día dos
entrenamentos non somos capaces de esforzarnos, traballar duro con
gaÑas, ilusión e constancia, chega o día do partido e tradúcese no noso
desempeño no campo.

    
O pasado domingo as 12:00 horas da mañá xogamos no municipal de Allariz o
que probablemente sexa un dos peores encontros que disputamos, con
falta de gañas, actitude e coraxe ante un envalentonado equipo de
Allariz con importantes baixas de xogadoras determinantes, pero sin
excusas para dalo todo na pista.

    
Pola nosa banda, todo se volveron excusas, peros e suspiros..... igualiño
que os entrenos da última semana e media antes do encontro. Podemos
perder e tamén podremos ganar, pero dende logo se seguimos con PEROS,
EXCUSAS E MAÑÁS á hora de entrenar, será difícil poder brillar como se
espera de nos.

O " MAÑÁ " e o adverbio dos perdedores. E aqueles que non son capaces de ver o invisible, difícilmente podrán acadar o imposible.

Traballo, traballo e mais traballo, en vez de peros, excusas e mañas!!!!

Vamos Equipo

LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA : ALLARIZ - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 44-42

    Partido que os dous equipos afontabámolo con importantes baixas, pero que pese a iso disputámolo cunha intensidade e unhas gañas enormes en busca da victoria.

   Ó igual que ocorrera no partido contra Porriño, de dúas xornadas atrás, tivemos a victoria nas nosas mans, pero non soubemos rematala. Ó contrario que no anterior partido, neste fomos capaces de ter opcións con tiros cómodos para igualar ou gañar o partido, pero non tivemos a sorte de que entrasen.

   Foi un partido moi igualado durante os 40 minutos, sen grandes diferenzas a favor dos dous equipos e que se decidiu no derradeiro minuto e medio.

   Cómpre destacar o partido de todas e cada unha das nosas xogadoras, poucas, polo elevado número de baixas que temos, pero que loitaron  todo o partido e desplegaron un gran xogo colectivo. 

    Destacar e agradecer ás xogadoras do equipo alevín Clara e Lucía, que o ven facendo durante toda a tempada, e a do equipo preinfantil, Noa, o moito que nos axudaron neste encontro.

    Un novo paso adiante no crecemento como equipo.