NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

ALEVÍN FEM.:DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - CB ALLARIZ : 59-49

Emocionante
partido o vivido o sábado de mañá na nosa cancha. En xogo o partido
aplazado contra o Allariz, un equipo que dende o primeiro minuto
demostrou que viña con ganas de dar guerra e levarse a victoria.

Así,
comezou o partido cunha vantaxe de 5 puntos para as alaricanas. As nosas
non o facían nada mal, pero o balón parecía non querer entrar polo aro,
conseguindo os únicos puntos dende a liña de tiros libres. O encontro
continuaba e seguíamos sen alcanzar ás contrarias no marcador. Víase un
partido rápido e duro, con dous equipos deixándose a pel en cada balón.
Sen embargo, o Divino Maestro Reale Seguros cada vez atopábase millor na
cancha, encontrando os puntos en rápidos contraataques resoltos en 2
pases, pero á vez sabendo calmar o xogo cando era preciso, pasando o
balón ata encontrar o camiño ó aro.    

Finalmente,
o último tempo comezaba cas nosas 2 puntos por riba, restaba pois o
derradeiro esforzo para levarse a victoria. Tras un gran cuarto, o
resultado final quedaba en 59-49 para as da casa. Rematar felicitando a
ambos equipos, pois o Allariz tamén realizou un gran partido e loitou
con moitísima forza e gañas durante todo o encontro.

Noraboa a todas!!!

 

LIGA GALEGA PREINFANTIL FEMININA : DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO - CELTA : 14-64

As nosas bombillas loitaron
con todas as súas gañas no partido disputado contra o Celta de Vigo,
pero non foi suficiente para plantarlle cara a un rival de gran nivel e
prestixio a nivel autonómico.

Aínda así e con todo, o positivo a resaltar é a actitude das nosas
pupilas e o paso adiante dalgunha delas no seu rendemiento
individual.

Toca seguir traballando para mellorar e intentar conseguir que
esta mellora nos leve a lograr a ansiada, aínda que no imprescindible
victoria.

Vamos Equipo!!!!

LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA : DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS - CELTA : 27-78

Novo paso cara adiante das nosas guerreiras, que demostraron unha vez mais , a pesar das numerosas baixas, 5 xogadoras infantís non puideron xogar por distintas lesións, que cada xornada compiten mellor e con calqueira equipo. 

Debido as numerosas baixas tivemos que , ademais de contar coma sempre con Lucía, xogadora en idade alevín, tamén con Noa , xogadora do preinfantil, que xa nos axudara a semana pasada.

A diferencia física entre os dous equipos é evidente, pero as nosas xogadoras en ningún momento baixaron os brazos, e opuxéronlle moita resistencia ó equipo celeste.Mostra diso é que non conseguiron pecharnos o marcador ata o derradeiro minuto do último cuarto, e presionándonos os 40 minutos do partido.

Grandísimo traballo e esforzo das nosas guerreiras, que siguen co seu progreso para afrontar a decisiva segunda fase nas mellores condicións. 

Esta próxima semana non haberá xornada e esperemos que estos días nos sirvan para recuperar xa a todas as xogadoras lesionadas.