VISITA A HORTA EDUCATIVA. 1º PRIMARIA

Os alumnos de 1º de Primaria tivemos a sorte de asistir, o 4 de maio de 2017, á Actividade do Concello "VISITA Á HORTA EDUCATIVA". Esta actividade vai dirixida a escolares de Educación Primaria coa colaboración de persoas maiores na Horta Educativa Interxeneracional situada no Parque da Vida, no barrio de Mariñamansa. Alí aprenderán da súa experiencia, coñecerán as tarefas que realizan e cultivarán os seus productos practicando nas súas propias hortas onde o que cultiven será para o seu aproveitamento.

A verdade e que aprendemos dos maiores, e vimos que como nos podemos alimentarnos cada día, descubrindo as posibilidades dunha forma de ocupar o tempo útil, sinxela, natural e sostible e ademáis en contacto directo coa natureza. ESTIVO XENIAL!!!