AXUDAS LIBROS INFANTIL E COMEDORES ESCOLARES 2017 - CONCELLO OURENSE

Desde a Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense informamos de que no BOP do 15 de abril de 2017 saíron publicadas as bases e no BOP do 16 de maio de 2017 a convocatoria para a petición de axudas de libros de educación infantil e comedores escolares para o curso 2017-18.

O prazo para presentación de solicitudes será desde o 18 de maio ata o 7 de xuño, ambos os incluídos.

O lugar de presentación é no Rexistro Xeral do concello de Ourense ou por calquera medio dos establecidos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As instancias pódense recoller na Oficina de Atención ao Cidadán (Praza Maior 1), tel. 988392909; na Oficina de Información do Concello (Praza Maior 1), tel. 988388100; nas oficinas municipais de cálea Bispo Carrascosa 8-baixo; na oficina do Rexistro do Concello da Praza Luís Fernández nº 2; en todas as UNIS de Asuntos Sociais, situadas en:
UNIS Couto: C/Francisco de Moure nº 2
UNIS Centro: C/Bernardino González Cachamuiña nº 11-13
UNIS Casco Lanuxe: C/Colón nº 18
UNIS A Ponche: C/Eulogio Gómez Franqueira nº4

Nos documentos adxuntos figuran os anexos I e II para cumprimentar a solicitude, o BOP no que figuran as bases e o BOP coa convocatoria das axudas.

Toda a información relativa a estas axudas tamén está publicada na páxina web do Concello (www.ourense.gal) na área de Asuntos Sociais.