AXUDAS LIBROS INFANTIL E COMEDOR ESCOLAR 2018 - CONCELLO OURENSE

Desde a Concellería de Asuntos Sociais informamos de que no BOP do día 24 de abril de 2018 saíu publicada a convocatoria para a petición de axudas de libros de educación infantil e comedores escolares para o curso 2018-19.
O prazo para presentación de solicitudes será desde o día 24 de abril ata o 16 de maio, ambos os incluídos.
As instancias pódense recoller na Oficina de Atención ao Cidadán (Praza Maior 1), tel. 988392909, na Oficina de Información do Concello (Praza Maior 1) e nas UNIS de Servizos Sociais.

A información completa está na páxina do Concello de Ourense -> Fonte Oficial