10ª XORNADA LIGA BENXAMÍN MIXTO DE BALONCESTO


RESULTADO : DIVINO MAESTRO - SALESIANOS COB "NARANJA" FEMENINO : 62-78

Moi bo partido o que disputaron  este domingo no Polideportivo do noso colexio os dous equipos.

O resultado do partido, 62-78, a favor das visitantes, non empaña o excelente encontro que fixo o noso equipo. Na primeira volta este equipo derrotáranos por 40 puntos de diferencia e neste partido a cousa estivo moi igualada e non se decidiu ata os últimos cuartos,debido sobre todo pola diferenza de altura existente entre os dous equipos.

O resultado é mais propio dun partido dunha categoría superior e non dun partido benxamín, conseguíronse moitas canastas e os espectadores puideron disfrutar dun encontro moi entretido e disputado.

A verdade é que a progresión dos nenos e nenas do noso equipo é evidente, en cada adestramento, en cada partido vese unha mellora nos diferentes aspectos deste apasionante deporte.