NOVA XORNADA PARA OS EQUIPOS DE BALONCESTO

A xornada comezaba para os nosos equipos co partido dos nosos Alevíns. Era a última xornada desta primeira fase, e en xogo estaba a cuarta praza do noso grupo. En fronte o equipo das E.D.O. ó cal venceramos na súa pista por 9 puntos. O partido comezou moi mal para os nosos intereses, con moitas imprecisións, perdas de balón e canastas sinxelas erradas, con todo isto o equipo rival conseguiu unha renda superior ós 20 puntos. Pero tralo descanso, ó inicio do cuarto periodo, todo cambiou, empezamos a defender, a mover o balón en ataque ata encontrar boas situacións de tiro, e pouco a pouco comezamos a reducir a desvantaxe. Faltáronos 2 min para poder remontar, pero sí conseguimos perder por tan só 7 puntos e conservar unha moi meritoria 4ª praza.

De seguido, tocáballe ó equipo Alevín Feminino, en fronte un durísimo rival, Carmelitas. É por se fose pouco , o noso equipo contaba ca baixa de Claudia,por lesión, e ca de Ana, por enfermidade. Así a todo e coma sempre, as nosas guerreiras empeñáronse en demostrar a súa casta, as súas gañas e ilusión, e pelexaron os 48 minutos sen descanso, fronte un rival que demostrou dende o inicio a súa superioridade. Pese a todo, por momentos conseguimos facer algún dos novos aspectos traballados durante a semán, polo que pese a abultada derrota e as baixas, o traballo que eu lle pedín foron capaces de levalo a cabo, polo que temos que estar moi contentos.

A próxima semán, as nosas rapazas disputarán o último partido desta segunda fase, na que nos xogamos o pase á Liga Galega, nun enfrontamento directo fronte o equipo do Pabellón, na súa pista do Otero Pedraio. No partido da primeira volta conseguimos unha renta de 25 puntos, que nos permitirá afrontar o choque con máis tranquilidade da prevista, pero sen esquecer a dificultade do partido e o que nos estamos a xogar.

A xornada remataba para os nosos equipos o domingo pola mañá. Madrugón, as 8 da mañá arrancamos,  e viaxe ó Barco de Valdeorras para os nosos benxamíns, para disputar un difícil encontro.

Non nos sentou demasiado ben a viaxe, xa que nos tres primeiros cuartos tan só conseguimos anotar un tiro libre, e fallamos moitísimos contraataques sós  e tiros moi cómodos. Despois do descanso, despertamos e espabilamos, e o partido xa foi outra cousa, aínda que xa sin opcións de victoria, o equipo comezou a xogar como acostuma, con velocidade, cun xogo dinámico e demostrando xogar coma un equipo, pese a non adestrar nunca como tal, xa que este equipo nunca adestran todos xuntos.