EL DIVINO MAESTRO LO HA LOGRADO

Como ben di o noso himno : El Divino Maestro lo ha logrado. O noso equipo Alevín Femenino despois da victoria da fin de semana na pista do I.E.S. Otero Pedraio fronte o Pabellón, logra meterse na Liga Galega Alevín Femenina.

Quizáis para outros clubes sexa unha obriga, unha rutina... pero para o noso humilde clube, con 5 anos de historia, isto supón un premio ó traballo ben feito de moita xente, principalmente das xogadoras, claro está. Estar entre os 18 mellores equipos de Galicia supón dar un pasiño más na evolución do Clube Depordima e tamén reforza a idea da creación dunha estructura deportiva seria, que esperemos poida lograrse no menor tempo posible.

O partido afrontámolo con moitísimas gañas, sabendo o que nos xogabamos, pero os nervios en moitas fases do partido atenazaron as nosas xogadoras, que cometeron algúns erros que noutra situación non se producirían. Aínda así o encontro dominámolo dende o principio con vantaxes entre os 4 e 8 puntos. A boa defensa unha vez máis foi clave para poder gañar o partido.      No último cuarto, xa un pouco máis tranquilas, empezamos a xogar na liña do que eu espero deste equipo, e así a diferenza medrou ata cerca dos 20 puntos. Tan só a relaxación nos últimos intres do partido permitiulles o equipo rival reducir as diferenzas.

Rematamos con este partido unha brillantísima primeira parte da tempada cun balance de 8 victorias e 4 derrotas e cunha sensación de ir cada día a máis, de mellorar en cada adestramento e ca sensación de estar facendo as cousas no camiño correcto, pensando no futuro.

Noraboa as nosas rapazas : Saray, Claudia, Lara, Icía, Paula, Ana, Uxía, Lucía Tiago, Alexia e as benxamíns Lucía Cid e Clara que nos axudaron en tódolos partidos e tamén a Aitana e Rut pola súa axuda en cada adestramento.

No outro partido da fin de semana, o noso equipo benxamín mixto, caía derrotado fronte o líder, Bosco Salesianos, que non nos deu opcións en ningún momento e mostrou unha gran superioridade.