NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Esta pasada fin de semán os nosos equipos Alevíns non tiveron xornada, tan só xogaron os nosos Benxamíns.

Afrontaban a última xornada da primeira volta fronte a un moi bo equipo, Allariz, que demostrou ser moi superior en todas as facetas do xogo e que nos superou con claridade dende o primeiro minuto de partido.

O feito de ter no equipo 6 xogadores que xogan este ano por primeira vez e ademáis non adestrar xuntos nunca, as rapazas adestran co Alevín Feminino e os rapaces co Alevín Masculino, non é o máis adecuado, pero as circunstancias desta tempada foron así. De cara a próxima tempada intentaremos mellorar esta e outras moitas moitas cousas e seguir medrando pouco a pouco, para ir crecendo cada día como clube.

Esta próxima fin de semana o Alevín Masculino, comeza a disputar a segunda fase da liga, na que se enfrontará os 8 equipos restantes que non se clasificaron para a Liga Galega. Disputaranse oito partidos a unha volta. Pola súa parte o Alevín Feminino comezará a disputar a Liga Galega, para a que se clasificou dun xeito brillante. No sorteo do pasado día 16 de febreiro quedamos encadrados nun grupo complicadísimo cos tres primeiros clasificados de Vigo e os xa coñecidos Carmelitas e Alllariz. O primeiro partido disputarémolo en Vigo fronte o equipo do Colexio Mariano. Nunha tempada na que as nosas rapazas xa fixeron moito máis do esperado, o único que se lles pode pedir e que disfruten desta experiencia e que sigan traballando como ata agora ou máis se cabe, para seguir mellorando individualmente e como equipo.