NOVA XORNADA DOS NOSOS EQUIPOS ALEVÍNS E BENXAMÍN

A xornada comezou para os nosos equipos o venres. O equipo Alevín Masculino xogaba a primeira xornada da segunda fase en Xinzo da Limia. Tivemos un moi bo inicio de partido, no que gracias a unha defensa moi intensa permitiunos acadar no primeiro cuarto unha renda de 8 puntos.A partir de ahí o equipo local apretou e o partido foise igualando nos seguintes cuartos. Nos derradeiros períodos houbo varias alternancias no marcador, pero ningún equipo conseguía distanciarse no marcador. Así se chegou ós intres fináis cun partido moi igualado. Con dous puntos por debaixo no marcador, a falta de 2 segundos, tiñamos dous tiros libres para empatar o partido, erramos o primeiro e tiramos o segundo a fallar, coseguimos o rebote, pero o posterior tiro non quixo entrar.

As nosas Alevíns debutaban na Liga Galega fronte o equipo do Colexio Mariano en Vigo. Pese a intentalo todo e pelexar ata o final, o noso equipo non puido facer nada fronte a un rival moi superior. Nos tres primeiros cuartos, apenas conseguíamos dar dous pases seguidos, xa que a súa intensidade impedíanos xogar. A partir do descanso o equipo soltouse, olvidouse do sucedido na primeira parte e saíu a pista a disputar un novo partido. A cousa foi diferente e fumos capaces de competir, incluso os dous últimos períodos foron igualados. Éramos conscientes da dificultade desta fase, polo que , en certo modo, os resultados non nos importan demasiado, e o que buscamos é aproveitar a experiencia e mellorar en cada partido.

A xornada remataba o domingo co partido dos nosos benxamíns, que demostraron unha vez máis o ben que xogan en conxunto. A verdade é que da gusto velos xogar, tendo en conta que moitos empezaron a practicar o deporte este ano. 

Pese as derrotas dos nosos equipos hay que estar moi orgullosos de como traballan día a día e dos progresos que demostran.

Dende aquí darlle a noraboa a todos os xogador@s do clube e os seus pais, por suposto, pola implicación e dedicación.