NOVA XORNADA PARA OS EQUIPOS DE BALONCESTO

Non foi demasiado boa a fin de semana en canto a resultados se refire, xa que os tres equipos colleitaron sendas derrotas nos seus encontros, pero si que as sensacións foron moi positivas e penso que estamos a traballar polo bo camiño.

Todos os partidos disputáronse na matinal do domingo na nosa pista. Os primeiros en xogar os nosos benxamíns que unha vez mais demostraron o moito que están a mellorar e competiron de novo ata o final cun equipo, que na primeira volta nos gañara por case 30 puntos,e que neste escapóusenos nos derradeiros minutos do último período. Fixeron un partido espectacular, conseguindo moitas canastas despois de accións colectivas nas que tocaron o balón todos os membros do equipo, e en defensa aplicáronse moitísimo  e correximos certos erros que noutros partidos costábanos canastas moi sinxelas dos equipos contrarios. A miña noraboa ós cativos.

Logo era o turno para as nosas Alevíns nun derbi provincial fronte o equipo de Allariz, na segunda xornada da Liga Galega. Conseguimos competir os dous primeiros cuartos moi ben, pero a partir do terceiro as diferencias fóronse acentuando rápido e aínda que o intentamos todo, o equipo alaricano, moi ben traballado polos seus adestradores, conseguiron despegarse definitivamente no marcador.

O último partido enfrontaba ós nosos Alevíns contra o equipo do Barco, que se quedou as portas de accceder a Liga Galega por moi pouco. O partido preséntábase moi complicado, pero os nonos rapaces foron capaces de competir moi ben cun equipo moi superior físicamente e que nos outros partidos disputados, xa dende o principio acadara unhas distancias moi grandes. O reflexo desto é que no descanso a diferencia era tan só de 20 puntos.Na segunda parte a lóxica impúxose e as diferencias medraron, pero iso non empaña o excelente partido dos nosos rapaces.