NOVA XORNADA PARA OS EQUIPOS DE BALONCESTO

Tres derrotas colleitaron os nosos equipos na pasada fin de semana, aínda que con sensacións moi distintas nos seus partidos. 

O equipo Alevín masculino quizáis disputou o peor partido da tempada, falta de intensidade defensiva, individualismo en ataque, é decir, o contrario do que adestramos. Pero un único partido non pode empañar a boa tempada que están a facer os nosos rapaces.

O equipo Benxamín tiña enfronte un equipo moi superior e non tivo opcións de competir xa dende o principio.

Por último, o equipo Alevín femenino tiña enfronte, a un dos mellores equipos de Galicia, a Academia Celta. As nosas xogadoras pese a diferenza final no marcador, fixeron un auténtico partidazo. Competiron moi ben nos dous primeiros cuartos e deron a sensación de que o equipo vai nunha liña ascendente no seu rendemento, pese a todas as dificultades.

A próxima fin de semana os nosos pitufos da categoría benxamín teñen xornada de descanso. Os nosos Alevíns visitarán o venres a sempre difícil pista de Allariz e por último as nosas guerreiras, aproveitando o parón polas vacacións de Semana Santa acudirán ó Torneo Internacional de Baiona, xunto cos mellores equipos da nosa comunidade e algún equipo do país veciño de Portugal. Esta invitación a un dos torneos de máis prestixio na categoría de Minibasquet, supón un novo paso adiante do noso modesto clube, na súa intención de medrar cada día un chisco.