NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Despois do obligado parón nas distintas ligas polas vacacións de Semana Santa, a actividade baloncestística voltou a pasada fin de semana para dous dos nosos equipos.

O equipo Benxamín Mixto desplazouse ata Xinzo para xogar contra o cuarto clasificado, un moi complicado encontro. Pero o bo facer dos nosos rapaces fixo que se puidera disfrutar dun encontro mais igualado do esperado e que se decantou cara ó equipo local, pola diferencia física e, polo tanto,polo dominio do rebote en ambas canastas. De todos xeitos felicitar ós nosos xogadores que demostran cada partido a súa progresión.

O equipo Alevín Femenino tocáballe desplazarse a xogar a Vigo a xogar fronte un dos mellores equipos da Liga ,O Seis do Nadal, que conta cun equipo moi alto, con dúas rapazas na Selección Galega de Minibasquet, e que estará seguro, loitando polos primeiros postos nesta Liga F.G.B.

Ademais da dificultade do partido, engadiuse a baixa de Claudia, por uns problemas respiratorios e a de Icía, que se resentíu no quecemento dunha lesión no nocello. Con todos estos problemas, a verdade é que pouco puidemos facer no partido e pese a entrega e a loita das nosas xogadoras, a diferenza entre os dous equipos foi moi grande e non tivemos opcións ningunhas durante todo o encontro.