PARTIDOS DA PASADA FIN DE SEMANA

Esta pasada fin de semana os nosos equipos disputaron entre todos un total de catro partidos.

 O equipo Benxamín Mixto tivo dobre xornada na nosa casa , xa que disputou un encontro na mañá do sábado e outro na do domingo.

No partido do sábado acadaron unha nova victoria, neste caso fronte o equipo das Franciscanas, nun partido que dominaron dende o principio, aínda que sempre con pequenas ventaxas, pero ao final o maior acerto nos tiros permitiunos escaparnos no marcador.

No partido do domingo pese a que o intentaron en todo momento e nunca se deron por vencidos, o físico dos rapaces do Barco impúxose e pese ó gran partido que fixeron os nosos xogadores non puidemos lograr a victoria.

O equipo Alevín Masculino xogou quizais a mellor primeira parte da tempada na que competiu moi ben co equipo de Carmelitas, incluso ó remate do primeiro cuarto estabamos por diante no marcador. Pero o grande esforzo feito, pasounos factura na segunda parte na que baixamos moitísimo o nivel defensivo, e xa non tivemos opcións ningunha de victoria. Agora a seguir traballando para ser capaces de aguntar ese nivel todo o partido.

 O equipo Alevín Femenino afrontaba un novo derbi ourensán na Liga Galega, neste caso fronte o equipo de Carmelitas. Despois dun primeiro cuarto no que non puidemos parar as súas xogadoras grandes, no segundo, no que o nivel físico dos dous equipos era similar conseguimos ganalo. A partires de ahí as diferenzas no marcador foron crecendo pese ós esforzos e ó bo xogo desplegado polas nosas rapazas, que cada día van a mais e xogan mellor.