NOVA XORNADA PARA OS EQUIPOS DE BALONCESTO

A pasada fin de semana os nosos equipos disputaron partidos fronte a rivais moi superiores, pero unha vez mais deixaron moi claro o seu espíritu de loita e fixeron todos eles unha grande labor.

O equipo Alevín Masculino xogaba fronte a un dos primeiros clasificados, Xinzo, e pese a intentalo todo, a diferencia física sobre todo, impediunos obter un millor resultado. Cabe destacar que nalgunhas fases do encontro os nosos xogadores foron capaces de mostrar un bo xogo e en xeral de competir durante todo o encontro, pese a diferenza no resultado.

O equipo Alevín Femenino, unha semana mais, contou con varias e importantes baixas, polo que tivemos que subir a unha xogadora benxamín,  a maiores das dúas que xa o fan habitualmente cada xornada. O partido foi dominado totalmente polo equipo do Colexio Mariano de Vigo, que mostrou unha intensidade defensiva altísima, o que nos dificultaba moito o noso movemento do balón. Pese ó resultado en moitas fases do encontro póidose apreciar a evolución mostrada polas nosas xogadoras en moitos aspectos, xogo colectivo, lectura de xogo, espacios en ataque, axudas defensivas, etc, pequenos pasiños que están a dar as nosas xogadoras, que nos permiten ver que as cousas se están a facer ben, aínda que queda moito traballo por diante.

Por último os nosos peques, de novo demostraron, a magnífica tempada que están a facer, e que teñen moito futuro por diante se seguen traballando como o fan cada día.

Xogaban fronte o equipo do A.B.O.,que na primeira volta nos vencera por máis de trinta puntos. O gran partido dos nosos rapaces permitiunos perder por moita menos distancia e deixando unhas sensacións moi positivas, non só pola loita e a entrega de todos, se non tamén polo magnífico xogo desplegado. Un xogo no que prevalece en todo momento o conxunto ás individualidades. A verdade é que da gusto velos xogar e disfrutar cada partido.