NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Xa rematada a Liga Regular nas categorías Alevín Masculina e Benxamín Mixta, tan só que da por disputarse os partidos correspondentes a Copa Diputación.

O equipo Alevín Masculino novamente desprazábase ao Barco de Valdeorras para xogar contra o equipo local, e de novo colleitamos unha derrota. A diferencia existente entre os dous equipos e as baixas dalgún dos alevíns no noso equipo, provocaron que en ningún momento tivéramos opcións de poder sacar algo positivo. Con esta derrota finaliza a tempada para este equipo.

O equipo Alevín Feminino disputaba o seu derradeiro partido na Liga Galega na pista de Carmelitas. O partido afrontabámolo ca mesma ilusión que os anteriores e con moitas gañas de facelo moi ben nesta última xornada. Pois o premio a insistencia, ó traballo de toda a tempada, chegou en forma de merecida victoria. O partido sempre foi dominado por nos dende o principio, aínda que con ventaxas non demasiado grandes, pero que as soubemos administrar moi ben ó longo de todo o partido. A forte defensa e o acerto en momentos claves, foi o que nos permitiu lograr a ansiada primeira victoria nesta Liga Galega.